Sesión 35
Introdución
A cantidade de glicosa en sangue, do mesmo xeito que outros parámetros, debe ser constante, a pesar das necesidades enerxéticas das células. O noso corpo utiliza hormonas para conseguir esta constancia.
Proposta de tarefa de investigación:
Utiliza como ferramenta a información que se pode obter a través de Internet. Debes responder:
- Cales son as hormonas implicadas no proceso de control de glicosa en sangue?
- Que glándula produce estas hormonas?
- Como se controla a secreción destas hormonas?
- Que enfermidade prodúcese cando os niveis de glicosa en sangue non son constantes?
Procedemento
- Unha vez que pescudases o nome da enfermidade, investiga sobre os distintos tipos desta enfermidade. Que tratamento deben seguir estes enfermos?.
- Confecciona unha lista con tipos de alimentos que nunca deben ser consumidos polos que padezan esa enfermidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario