lunes, 1 de junio de 2020

XI Semana de confinamento TITORÍA 4º ESO A

SEMANA XI
Hoxe comezamos o mes de xuño e ainda que na distancia seguemos en contacto, o curso está chegando ao seu fin. 
A pesar das condicións tan tan extraordinarias que vivimos no curso 2019- 2020, a aprendizaxe continua e pronto chegará o día 19 de xuño, no que remata o curso. Lembrarvos que as calificacións tamén as poderedes consultar a través da aplicación Abalar ou solicitándoas ao correo, pero debedes esperar a sesión de avaliación final, xa vos avisarei cando estén publicadas, e tamén o faremos na web e redes sociais do colexio.
As veces parécenos un sono extrano pensar tivemos que estar nas casas sen saír preto de dous meses, e ainda que agora comezamos a pasar de fases e voltamos a intentar recuperar a vida dentro da ¨normalidade¨, debemos seguir cas medidas de prevención sanitarias sempre!.  
Todo isto fainos sentir extranos e debemos facer un esforzo todos por axudarnos, na casa, cos amigos, co teletraballo e intentar normalizar todo o que podamos a nosa realidade.
 Debemos asumir de xeito responsable a situación na que estamos e na que teremos que vivir a partir de agora!

Lembrarvos a recollida de libros de préstamo que será pola tarde o xoves
DÍA 25 de XUÑO- 4º ESO de 16h a 18 h no hall do colexio
(IMPORTANTE: Cada curso respetará o día de entrega para evitar acceso de moita xente ao colexio)

No hay comentarios:

Publicar un comentario