A neurona é a principal célula do Sistema Nervioso, neste vídeo explica de xeito sinxelo o seu comportamento.
Tamén podedes revisar esta presentación, que xa é mais completa e tamén aparece a transmisión do impulso nervioso que estudiades os alumnos de 1ºBAC.
domingo, 26 de febrero de 2012
domingo, 12 de febrero de 2012
XaTcobeo, satélite creado dende a Universidade de Vigo
O XaTcobeo en órbita, moito máis que un soño feito realidade (DUVI: Diario da Universidade de Vigo)
jueves, 9 de febrero de 2012
Ecosistemas
(Orixe imaxe: educarex)
Lembra que un nivel trófico é un conxunto de organismos que aproveitan a enerxía e a materia do mesmo xeito. As cadeas e as redes tróficas, representan as distintas relacións alimentarias, entre organismos de outros niveis tróficos.
¡Entra no enlace indicado baixo o gráfico!
jueves, 2 de febrero de 2012
Plan trimestral
Organiza o teu estudio!
- 3º E.S.O. A e 3º E.S.O. B venres17 febreiro: Aparellos Circulatorio e Excretor, Sistemas Nervioso e Hormonal
- 4º E.S.O. A mércores 15 febreiro: Evolución, Ecosistemas.
- 4º E.S.O. B martes 14 febreiro: Evolución, Ecosistemas.
- 1º BAC martes 14 febreiro: Ácidos Nucleicos, Aparellos Dixestivo, Circulatorio, Respiratorio,e Excretor.
- 1º BAC (C.M.C.) luns 13 febreiro: Xenética (Problemas e teoría)
- 2º BAC Proba escrita luns 5 de marzo: Citoplasma (Orgánulos e Citoesqueleto); Ciclo Celular: Mitose e Meiose; Replicación; Transcripción; Traducción (EXPLICADO).
Metabolismo (Explicación programada do 3 de febreiro ó 5 de marzo).
Prográmate un tempo de traballo diario, fai esquemas, pregunta dúbidas...xa sabes que podes consultarme o que precises!
miércoles, 1 de febrero de 2012
O aparello excretor
O aparello excretor encárgase de eliminalas sustancias residuais do organismo, coma a urina e o suor. Neste vídeo explícase a formación da urina nos riles e o papel das glándulas sudoríparas na excreción.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)