Mostrando entradas con la etiqueta ALCOHOL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALCOHOL. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de mayo de 2018

5ª Apúntate unha idea: Desmonta o alcohol

Unha nova edición do concurso "Apúntate unha idea", promovido pola área de sanidade do concello de Ourense, ca fin de concienciar aos adolescentes da perigosidade do consumo do alcol.
Nesta V Edición o alumnado de secundaria participa nas categorías de slogan, debuxo, microrrelatos e clipmetraxes.
Os clipmetraxes presentados dende o colexio e coordinados pola profesora de bioloxía son:
FAI CASO DA LEI (ALUMNADO DE 3º ESO B)
E TI QUE OPINAS? (ALUMNADO DE 3º ESO B)
MELLOR SEN ALCOHOL PORQUE...(TITORÍA 4º ESO A)



PARABÉNS A TOD@S!!! EXCELENTES TRABALLOS!!!!

FAI CASO DA LEI (ALUMNADO DE 3º ESO B):



E TI QUE OPINAS? (ALUMNADO DE 3º ESO B):




MELLOR SEN ALCOHOL PORQUE...(TITORÍA 4º ESO A)


martes, 6 de junio de 2017

Premios "Desmontando ao alcohol: Apúntate unha idea"


Un ano máis o colexio Padre Feijoo participa na entrega de premios do concurso "Desmontando ao alcohol" , convocado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense. Entre un total de 13 centros escolares participantes e máis de 1000 traballos presentados, o noso colexio acada un total de 7 premios nas diferentes categorías.
Hoxe día 6 de xuño os alumnos e alumnas premiados acompañados polas profesoras Rosa Pérez e Beatriz Temes acudiron ao salón de plenos do Concello a recoller os premios, podemos ver uns instantes neste video de Telemiño: VIDEO TELEMIÑO
                                                       
PREMIADOS DO COLEXIO AO REMATE O ACTO DE ENTREGA NO CONCELLO


Os premios obtidos son os seguintes:
SLOGAN: 

                 MENCIÓN HONORÍFICA  Ariadna Rodriguez Ruiz 1º ESO por "Dona botella é mala parella"

IMAXE: 

               PRIMER PREMIO Lauro Kavan Locatelli 2º ESO

MICRORRELATO:

                 MENCIÓN HONORÍFICA Gema Da Rocha 3ºESO

CLIPMETRAXE:

                  PRIMER PREMIO xurado: Gema Da Rocha 3º ESO e Carlos Cuesta 3º ESO  por "As nosas ideas" . 
(Participa no vídeo a clase de 3º ESO A coordinados dende a materia de bioloxía)





                 

             ACCÉSIT: Soraya Antelo Gómes 2º ESO por "Pataquín e Patacón no Botellón"



                 
                     ACCÉSIT: Yanelfi Lavandier 2ºESO  por "Bebe as horas...sen alcohol"



               
                   MENCIÓN HONORÍFICA: Ledicia Blanco 4ºESO A e Leandro Bernárdez  4º ESO A por "Nós mesmos sen alcohol" (Participa titoría de 4º ESO A)


         Noraboa a todos son uns traballos magníficos! Parabéns!












                                                       

miércoles, 21 de septiembre de 2016

Desmontando ao alcohol, co novo calendario escolar!

O Concello de Ourense a través da Concellería de Sanidade, de novo editou un calendario escolar cunha selección dos mellores debuxos e microrrelatos da III Edición do concurso: Apúntate unha idea.
O colexio Padre Feijóo ven participando en tódalas edicións, a través do Departamento de Ciencias Naturais, e afortunadamente os estudiantes obtiveron sempre premios na categoría slogan, lembraremos:
"O alcol non mola, amola", "Co alcol perdes o control", "Apúntate esta o alcol apesta" e o primeiro premio deste ano: "Don Botellón é un matón".
Pero tamén debuxos e relatos de escolares do colexio foron publicados en paneis e calendarios como os que se editaron para este curso 2016- 2017.
Neste calendario do curso escolar 2016- 2017 aparecen tres traballos de alumn@s do noso colexio.
Autor: Miguel Quiroga

Parabéns a Miguel Quiroga polo seu impactante debuxo que protagoniza o mes de xaneiro, Miguel participou coma alumno de 4º de ESO e agora xa está en 1º de bacharelato.
Autor: Tomas Pérez

Noraboa a Thomas Pérez, que co seu colorido debuxo destaca no mes de febreiro, concursou coma alumno de 2º de ESO e agora xa é alumno de 3º.

Remata o curso en xuño onde no calendario podemos ler e reflexionar co fermoso microrrelato de Anaís Siota que fixo o seu relato en 3º e agora comeza 4º da ESO, Parabéns Anaís!



 Este ano de novo participaremos nesta iniciativa da concellería de sanidade do Concello que ten coma obxectivo previr o consumo de alcohol nos adolescentes. Moitas grazas a tod@s por participar e noraboa aos que ven publicados os seus traballos, parabéns!