jueves, 17 de diciembre de 2015

Primeiros participantes no Concurso Presentacións Ciencia Activa 2015-2016

III Edición do Concurso de Presentacións Ciencia Activa, aquí están as dez primeiras presentacións entregadas!
Ainda podedes participar durante toda a segunda avaliación!
As seis mellores serán seleccionadas pola profesora e votaredes de xeito público entre elas as tres premiadas. Se fará entrega dos premios na Clausura do III Festival do libro.
Lembrade que todos os traballos prácticos valoraranse de xeito positivo na materia de Bioloxía e Xeoloxía na ESO ou na materia de Cultura Científica en BAC.
Noraboa a tod@s polos esforzo!

                      



                      


                       


                        



                       


                        



                       


                        


                          


                         

domingo, 6 de diciembre de 2015

#ArtCiencia un novo proxecto!

Proxecto #ArtCienciaActiva é un xeito de facer esquemas e aprender deseñando con gominolas, doces, plastilina e outros materiais que axuden a potenciar a creatividade!
Este novo proxecto forma parte dos Blogs de alumnos Ciencia Activa tanto na ESO coma en BAC, que engaden unha nova páxina cada un onde subirán os traballos.
Cada alumn@ elixe o tema dos seus #ArtCiencia de bioloxía e xeoloxía.
Non deixedes de visitalos: Blog BAC e Blog ESO
Noraboa a tod@s!
Autor logo: Carlos 2ºESO A

miércoles, 11 de noviembre de 2015

Auga intelixente!

As cidades modernas básanse en infraestructuras eficientes e durables de auga, electricidade, telecomunicaciones, gas, transporte, servicios públicos, edificios intelixentes...
A importancia de xestionar os recursos naturais dun xeito máis eficiente nas cidades é unha cuestión defendida por a maioría dos expertos.
A auga é un ben limitado e escaso en moitas cidades, esto obriga a solucións alternativas de reutilización e conservación. É moi importante xestionar os recursos hídricos de xeito intelixente, cun consumo racionalizado en regadío, fontes, doméstico, industrial...



Déixovos algún enlace de interese que vos pode axudar antes de facer o relato curto para o II Concurso de Auga Intelixente organizado por VIAQUA, que vades a facer nas materias de lengua e lingua, e no que os profes de naturais debemos axudar para que entendades mellor os contidos que podedes tratar:











QUE É UNHA CIDADE INTELIXENTE
CIDADES INTELIXENTES
EFICIENCIA URBANA
AUGA, CLAVE NA CIDADE INTELIXENTE

Traballos prácticos Bioloxía e Xeoloxía: Presentacións, Traballos Candy- Anatomy e Xornal Dixital

Os alumnos de 1º BAC e 3º ESO e 4º ESO B neste primeiro trimestre de traballo práctico poden elexir entre unha Presentación ou Candy-Anatomy (unha manualidade con chuches, plastilina ou outro material que se preste). En calquera dos traballos o tema ten que ser de bioloxía ou xeoloxía, elexido por cada alumno.
Os alumnos de 4º ESO A neste primeiro trimestre comezarán a elaboración dun Xornal Dixital, distribuiremos as novas na aula e as mandaredes ao correo da profesora. 

Pautas para os traballos:
  • Primeiro a elección do tema e notificación á profesora para evitar coincidencias.
  • As presentacións debe conter índice, conclusións e relación de recursos ou enlaces empregados.
  • Prazo máximo de entrega para os alumnos de 1ºBAC o día do exame de decembro.(Cada alumno de 1º fará unha exposición da presentación na aula empregando a PDI)
  • Prazo máximo de entrega para os alumnos de 3º ESO e 4ºESO B o día 7 de xaneiro.
  • Os alumnos de 4º ESO A teñen que enviar os artigos do xornal dixital antes do 14 de decembro.
  • Os traballos envíanse antes desas datas ao correo: beatriz@feijoozorelle.com
  •  Consultádeme todas as dúbidas que vos xurdan!
Se elixes facer un traballo Candy- Anatomy lembra elexir primeiro o tema (Ciclo da auga, sistema solar, volcáns, pregamentos...ou aparello dixestivo, ollo, ósos, células, orgánulos...) 
A continuación selecciona o material que empregarás e nunha cartulina A3 construirás e rotularás as partes do esquema elexido.
Déixovos algún consello para ter en conta no momento de facer as presentacións, que repetiremos na aula: 
  1. Respetade os dereitos de autor
  2. Non por moito texto, pero ben elexido!
  3. Pensa primeiro a estructura da presentación!
  4. Elixe as imaxes acordes ao que queres explicar
  5. As animacións son importantes pero non abuses porque cansan e distraen a esencia da presentación.
  6. É moi importante que elabores un esquema mental de como queres facer a presentación
  7. Non copies, unha boa presentación pode ser breve, ti podes explicala e ampliala cando a expoñas!
  8. Elixe ben o formato da letra e diapositivas para que se lean ben

martes, 3 de noviembre de 2015

4 de novembro- Día da Ciencia en galego!


Este mércores 4 de novembro o "Día da ciencia en galego", que reivindica a oportunidade do uso da lingua galega para a investigación, a divulgación e a docencia Este ano a efeméride estará adicada aos científicos galegos Carlos Gómez-Reino Carnota e Isidro Parga Pondal, este último universalmente considerado como símbolo do científico galego.
As tres universidades galegas teñen organizado eventos, dentro da rede na que participan en conxunto dende o ano 2010, co lema "En galego tamén se fai ciencia"
No mes de novembro desenvolveranse actividades de ciencia en galego e en Galicia.


.

viernes, 16 de octubre de 2015

16 de outubro Día Mundial da Alimentación



A finalidade do Día Mundial da alimentación é concienciar ós pobos do mundo da problemática da fame, e fomentar a solidariedade ca desnutrición e a pobreza.
No 2015 este día adícase a previr a pobreza rural.
Neste vídeo da FAO resume a problemática da falta de alimento e como a idea da conmemoración este ano é a protección social e agrícola para romper o ciclo da pobreza rural.



jueves, 24 de septiembre de 2015

Novo curso! Novos Proxectos!

Dende o Departamento de Ciencias Naturais iniciamos o curso 2015-2016 ca creación dun blog de alumnos de secundaria para que tod@s podades participar dun xeito activo na aprendizaxe das ciencias!
Como a experiencia do blog de alumnos bac "Proxecto Ciencia Activa" durante os dous últimos cursos foi moi boa! Seguimos co proxecto ampliando ós alumnos de secundaria.



O novo blog de alumnos é: "Ciencia Activa, ESO é!"


Os dous blog de alumnos comparten algúns elementos coma: o canal de podcast en ivoox, o canal TV en livestream, a tarefa en twitter #undiacomahoxe (diferenciando #ESO ou #BAC), a páxina en facebook, canal de youtube, e como novidade a conta en instagram!
Esperamos con moita ilusión que vos impliquedes do mesmo xeito que os vosos compañeiros do curso pasado, lembrade que aprender pode ser moi divertido!
Ánimo a tod@s e a investigar, non vos olvidedes a "ciencia é activa"!

martes, 23 de junio de 2015

Remate de BRONCE no curso 2014-2015!

Estupenda forma de rematar o curso!!!!
Tivemos a sorte de ver recoñecido o traballo no blog de aula de alumnos bac "Proxecto Ciencia Activa", cunha Peonza de Bronce no concurso estatal Espiral-Edublogs.
Noraboa a todos os contribuíntes no blog durante os cursos 2013-2014 (finalista na VIII Edición) e 2014-2015 (3º Premio na IX Edición).
Como profesora coordinadora do Proxecto estou moi satisfeita co traballo realizado, e a sorprendente repercusión nos medios de comunicación!!!!!
Destacar a implicación dos alumnos de 1º BAC, así como de outros alumnos, pais e profes seguidores do blog educativo. A todos grazas!
Agora toca descansar e pensar con ilusión en novos proxectos cos que podamos participar e aprender os vindeiros cursos!





















Remate do curso 2014-2015

Deséxovos unhas felices vacacións a tod@s e parabéns aos que xa aprobastes todo!
Os que teñades que recuperar bioloxía e xeoloxía, vémonos no mes de agosto no cursillo voluntario de verán ou o día 2 de setembro no exame da convocatoria extraordinaria. Aínda podedes aprobar, ánimo!
Despídome dun xeito especial como titora dos alumnos de 4ºA con esta foto, bó verán e ata o bacharelato.
 Noraboa aos novos graduad@s!


viernes, 5 de junio de 2015

5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente

Lema do Día Mundial do Medio Ambiente 2015: "Siete mil millones de sueños. Un solo planeta. Consume con moderación."


sábado, 30 de mayo de 2015

Semana da ciencia no Colexio!

Con motivo da conmemoración do primero Día da Ciencia en Galicia (1 de xuño) e o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), o Colexio Padre Feijoo-Zorelle adica esta semana a expór traballos de Ciencia!
Participan tódolos niveis educativos: Infantil, primaria, ESO e bacharelato.
No hall do centro podemos ver unha representación das actividades realizadas nas materias de ciencias.


Na ESO e BAC:
O Departamento de Ciencias Naturais e o Departamento de Tecnoloxía, elaboraron unha maqueta do ADN, esta actividad recollerase no proxecto: "Coñecendo ao ADN" a través do blog de aula Proxecto Ciencia Activa.
Este blog tamén estará representado nun stand cun ordenador e alumnos contribuíntes do proxecto, que amosarán os  seus traballos na hora de entrada e salida do centro.
Destacar como actividad a conferencia que terá lugar o día 5 para alumnos de BAC, a cargo do doutor en informática, Iván Gómez Conde, que tratará o procesamento de imaxes e vídeo e o uso de drones!


martes, 26 de mayo de 2015

Novos profes explican o ciclo das rochas!

Os alumnos de 4º ESO A estudian o ciclo das rochas de xeito distinto, xa que os seus compañeiros Víctor, Stella e Sandra de xeito voluntario documentáronse cada un sobre un tipo de rochas e déronlle as explicacións de como se formaban ao resto de alumnos. Dividiuse a clase en dous grupos e fumos o laboratorio de Ciencias para facilitar a atención e visualizar os minerais e rochas mellor!
O ambiente ígneo ou magmático preparóuno Stella, o sedimentario Sandra e o metamórfico Víctor, cada ún ía seleccionando os minerais e rochas máis representativos e os mostraba os compañeiros explicando as características. Todos atendían porque o ciclo das rochas entra na proba escrita!
Noraboa a Sandra, Stella e Víctor polo voso traballo!

domingo, 10 de mayo de 2015

Os Departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais construíndo unha maqueta de ADN!

Con motivo das conmemoracións do 1 de xuño Día da Ciencia de Galicia e o 5 de xuño Día do Medio Ambiente, os profesores de ciencias de primaria, secundaria e bacharelato, encargaránse de expór no hall do Colexio durante a primeira semana de xuño, unha representación dos traballos feitos polos alumnos durante o curso na materia de ciencias naturais.
Na ESO, os Departamentos de Tecnoloxía e de Ciencias Naturais coordínanse na elaboración dunha molécula de ADN, para dita exposición.

Cómo facer unha maqueta da molécula do ADN? O primeiro repasar a importancia desta molécula nas células e na existencia e funcionamento de calquer ser vivo. Lembrade que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter. O descubrimento da "Dobre Hélice do ADN de Watson e Crick" considérase unha das achegas máis relevantes do século XX, no eido da bioloxía molecular.

Proceso:
  1. Nunha plancha de porespán debuxamos os azúcares (pentágonos que representan as desoxirribosas, parte fixa nas dúas cadeas de ADN)
  2. Marcamos as bases nitroxenadas púricas (adenina e guanina) e pirimidínicas ( citosina e timina). As bases son a parte variable, oa orde destes compostos determina as diferencias!
  3. Mercamos bolas de porespán de 10 cm de diámetro que representarán os fosfatos (H3PO4 que son parte fixa no ADN)
  4. Na aula de tecnoloxía cortánse as figuras de azúcares e bases, baixo a supervisión do profesor.
  5. Pintamos os compostos no laboratorio. ( Tendo en conta os criterios definidos sobre as cores para cada composto, non pode haber erros!)
  6. Procedemos a montaxe en tecnoloxía: unha base de madeira con rodas onde se cravan as dúas guías de madeira  que serán as dúas cadeas, onde se insertan as figuras de porespán xa pintadas. Coidando sempre A e T (2 enlaces de pontes de hidróxeno) e G e C (3 enlaces de pontes de hidróxeno)
  7. O profesor de tecnoloxía e a profesora de bioloxía coordinan a montaxe para que a molécula reflexe o mellor posible a realidade dos xenes!  


sábado, 25 de abril de 2015

A Dobre Hélice de Watson e Crick

O día 25 de abril celébrase o Día Mundial do ADN, conmemoración da publicación da estrutura do ADN descrita por James Watson y Francis Crick no ano 1953, sin duda unha das achegas científicas máis relevantes do século XX. O ADN permite determinar a información xenética de todos os seres vivos.
O Modelo de Watson e Crick inclúe os seguintes puntos:
O ADN é un ácido nucleico formado por dúas cadeas de nucleótidos, complementarias, antiparalelas, dextrógiras, plectonímicas, unidas por puentes de H entre as bases nitroxenadas.
O ADN contén toda a información sobre o funcionamento celular, lembremos que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter.
A expresión do ADN en ARN, e despois en proteinas, é o Dogma da Bioloxía molecular!


WATSON -1928
CRICK(1916-2004)

martes, 14 de abril de 2015

Concurso Presentacións Ciencia Activa II

Noraboa a todos os participantes na elaboración dunha presentación sobre un tema de bioloxía ou xeoloxía elexido de xeito libre, todos os traballos están na lista de slideshare de proxecto ciencia activa e as podedes ver dende o blog do proxecto.
Déixovos nesta entrada as oito seleccionadas coma finalistas, e entre elas saldrán as tres premiadas que se coñecerán e farase entrega do premio e diploma no acto de clausura do II Festival do Libro.
Parabéns a tod@s polos traballos!









domingo, 22 de marzo de 2015

Día Mundial da Auga 2015

Este ano o Día Mundial da auga conmemórase baixo o lema: Auga e desenvolvemento sostible, co fin de concienciarnos a todos da importancia de coidar este recurso natural tan preciado e necesario para a vida!
Déixovos o vídeo oficial adicado a este día:

sábado, 21 de marzo de 2015

VIDEOCONFERENCIA: O monte é a nosa vida!

Con intención de conmemorar o 21 de marzo, Día Mundial forestal ou Día da árbore, os alumnos de 1º e 4º de secundaria tiveron a oportunidade de asistir nas aulas do colexio a unha videoconferencia emitida en directo dende o Cesga ou Centro de supercomputación de Galicia (Santiago de Compostela), sobre a importancia dos bosques e os montes na nosa vida. Nesta charla e posterior debate tratáronse temas como:
Por que son importantes os bosques?
CO2 e o cambio climático.
Os problemas da deforestación e dos incendios.
Celebración do Día da árbore.
A situación forestal de Galicia, especies máis comúns…

A charla foi impartida por dous técnicos de Confemadera Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A videoconferencia dividiuse en dúas partes,  primeiro unha media hora de ponencia e outra media hora para resolución de dúbidas que se formulaban dende os distintos centros escolares. Os alumnos do colexio tamén  participaron neste debate on-line, formulando cuestións nesta actividade,  interesante e innovadora!


Dende Confemadera Galicia, dentro do programa "o monte é a nosa vida" comparten a grabación da videoconferencia para que poda ser vista por todos os alumnos, grazas!

viernes, 20 de marzo de 2015

21 de marzo: Primaveira, Árbores e Poesía!

AUTOR
Por fin chega a primaveira! 
Nas latitudes templadas existe unha clara estacionalidade, que comeza o día 21 de marzo dando paso a unha estación de temperaturas mornas, que provoca a xerminación das sementes, a polinización...causando nalgúns casos molestas alerxias.
Os campos e montes cheos de cor! Fermosa explosión de beleza, quizá por iso este día de inicio primaveral coincide co día da poesía!

jueves, 19 de marzo de 2015

Eclipse solar o 20 de marzo de 2015!

Os eclipses solares prodúcense cando desde a perspectiva da Terra a Lúa pasa por diante do Sol e o oculta. Dependendo do lugar do planeta no que se atope o observador, o fenómeno pode ser total, anular e parcial.
O eclipse solar terá unha magnitude de 0,8 na costa noroeste, e dicir, que dende Galicia, os observadores que miren o ceo verán desaparecer o 80% do diámetro solar trala sombra da Lúa, entre as nove e as 11 horas aproximadamente chegando ó seu máximo as 10 da mañá!
O eclipse porá a proba o sistema eléctrico europeo ó reducir considerablemente a producción fotovoltaica.
Os alumnos do Proxecto Ciencia Activa aclaran todos os aspectos do singular fenómeno no seguinte podcast,
que non podemos perder cas debidas precaucións!

Tamén podedes ter mañá información oficial do eclipse nas seguintes direccións:
Observatorio Astronómico Nacional
Real Instituto e Observatorio da Armada

sábado, 7 de marzo de 2015

As mulleres na ciencia!

O día 8 de marzo o Día Internacional da muller conmemórase a loita da muller pola súa participación na sociedade e por conseguir o seu desenvolvemento íntegro como persoa! O longo da historia a mulleres tiveron que superar moitos obstáculos para acadar dereitos coma os homes, e aínda  hoxe en día, en moitos países distan moito de estar equiparadas a eles.
No eido da ciencia as mulleres non o tiveron doado! Afortunadamente hai moitas mulleres científicas relevantes e tamén científicas españolas. Grazas a súa constancia e valía, hoxe as mulleres en España poden seguir estudando e destacando en moitos eidos! 
 Noelia Varela e Raquel Montes alumnas contribuíntes do Proxecto Ciencia Activa, lembran no seguinte podcast algunhas das moitas aportacións da muller á investigación: 

lunes, 2 de marzo de 2015

3 de marzo " Día Mundial da Natureza"

Dende 2013 a ONU adica o día 3 de marzo a resaltar a importancia da Natureza e a súa protección!
A mensaxe deste ano do Secretario das Nacións Unidas, Ban Ki-moon resalta a importancia da protección da biodiversidade biolóxica para o noso propio beneficio.


lunes, 23 de febrero de 2015

Apúntate unha idea!

Dende o Departamento de Ciencias Naturais animámosvos a todos os alumnos de secundaria a participar nunha nova edición do concurso organizado polo Concello de Ourense e a Concellería de Saúde, "Apúntate unha idea" no que se trata o tema do alcol co fin de previr o consumo e a súa adicción.
Este ano a túas ideas para desmontar ao alcol importan e decir combatir nesta campaña as presións sociais e os hábitos relacionados co consumo de alcol.
Podes participar ata en catro categorías:
1 Slogan  2 Accións  3 Imaxe  4 Microrrelato
Entrega o teu traballo antes do 27 de marzo
Ánimo e participa!
Lembramos neste vídeo a participación e premios do curso pasado do Colexio:


jueves, 12 de febrero de 2015

12 de febreiro: Día de Darwin

Charles Darwin 01.jpgO Día de Darwin é unha celebración instituida para conmemorar o aniversario do nacemento de Charles Darwin, o 12 de febreiro de 1809. Esta celebración pretende resaltar a contribución de Darwin á ciencia e propón a práctica da ciencia en xeral.
Os puntos básicos da Teoría evolutiva de  Darwin son:
  • Elevada capacidad reproductiva das especies, de forma que hay máis descendentes dos que poden sobrevivir, e prodúcese unha loita pola supervivencia.
  • Hay variabilidade xenética, e decir os individuos obtidos por reproducción sexual son distintos uns de outros.
  • Actúa o mecanismo da selección natural, a natureza elixe aos individuos máis aptos, éstes sobreviven e se reproducen trasmitindo estas características.

Darwin publicou as súas ideas evolutivas na obra A orixe das especies, precursora da literatura científica e fundamento da teoría da bioloxía evolutiva.

Origin of Species title page.jpg

lunes, 26 de enero de 2015

Día Mundial da Educación Ambiental

O 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental dende o ano 1975. A Educación Ambiental é un proceso dinámico e participativo, que busca despertar na poboación unha conciencia que lle permita identificarse coa problemática ambiental a un nivel mundial e tamén a un nivel específico no entorno no que vivimos.

Obxectivos da Educación Ambiental:

  • Tomar conciencia sobre os problemas do medio ambiente.
  • Coñecementos básicos do medio ambiente e da función da humanidade nel.
  • Actitudes para adquirir valores sociais e de profundo interese por o medio ambiente.
  • Aptitudes para adquirir habilidades para resolver problemas ambientais.
  • Capacidade de avaliación das medidas e programas de educación ambiental en función dos factores ecolóxicos, sociais, educativos.
  • Participación das persoas e grupos sociais no desenvolvemento do sentido de responsabilidade e tomar conciencia dos problemas ambientais.


domingo, 18 de enero de 2015

Certame "Microrrelatos científicos I"

Que é un microrrelato científico? É un texto curto onde contas algo empregando terminoloxía de ciencias (poden ser termos de bioloxía, matemáticas, física, química, ou xeoloxía).
O importante é que sexa inédito, deixade voar a vosa imaxinación xa que a temática é libre, e todos sabedes ser creativos!. Lembrade: Podedes facer o microrrelato en galego ou castelán, cun máximo de 150 palabras!
A entrega dos microrrelatos está aberta ata o 1 de marzo, no correo: beatriz@feijoozorelle.com
A entrega de premios será na clausura do II Festival do Libro, e os mellores serán expostos nun mural durante a Semana Cultural no mes de abril.


Podedes ollar este exemplo:

Mis lágrimas caen, con una densidad muy superior a la esperada. Parecen bloques de hormigón que al llegar al suelo, generan el Big Bang de mi vida, esta vez sin ti. Quise ser única. Como un número primo, como el Bosson de Higgs. Quería ser el electrón de hidrógeno que te orbitase. La molécula de acetilcolina que tantas veces erizó el vello de tu espalda cuando yo te tocaba. Y nada. Solo conseguí ser un bulto, tal vez un melanoma, que habitó tu garganta de forma temporal. No llegué jamás a metastatizar tu corazón. Silencio. De repente, una explosión. De vuelta al Proterozoico, 2500 millones de años atrás, al principio del todo. Me he vuelto procariota, unicelular,sin posibilidad de querer ni ser querida. Sin posibilidad de sufrir. Sin ti. 

MICRORRELATOS CIENTÍFICOS FEELSYNAPSIS 5’-3’ AUTOR: Andrea Guiu Lajusticia