jueves, 28 de febrero de 2019

Aventura Erasmus+ Xoves 28 de febreiro: Educational Visit to school III

XOVES 28 DE FEBREIRO: Educational Visit to School III Dublín
School : Loreto Abbey Secundary School Dalkey 
Loreto Avenue, Dalkey
O xoves poidemos visitar un colexio católico e privado só de mozas de secundaria e ensinanza postobrigatoria para acceder á Universidade, o colexio está enclavado nun entorno envidiable e un edificio antigo, moi fermoso.
Director do Loreto Abbey
Recibiunos o director e nun aula explicounos o funcionamento, a historia, metodoloxía e ideario do centro.
Poidemos asistir a dúas clases completas segundo as nosas preferencias e materias que impartimos. Puden asistir a unha clase de química e outra de bioloxía de nivel similar a os cursos de bacharelato.
Unha vez máis aproveitei a oportunidade de falar ca profesora de bioloxía e cun grupo de alumnas no seu tempo de descanso. 
ao remate das clases volvímos a aula onde co profe encargado dos proxectos cas TICs tiven a ocasión de falar dos nosos proxectos e a posibilidade de contactar nun futuro.
Falando co alumnas do colexio no recreo

intercambio de experiencias co profe que máis usa as TICS no centro

Na clase de química de 6º nivel, similar a 2º BAC

Cos profes compañeiros de bioloxía, Demetri (Grecia) e Airita (Letonia)

A profe de bioloxía mostranos o texto que emprega.

Exteriores do Loreto Abbey Secondary School Dalkey
Rematamos a visita na aula de música onde nos agasallaron cun fermoso canto do coro do colexio e a interpretación dunha peza tradicional irlandesa.
Pasillos no interior do colexio acceso aula música

Alumnas no exterior durante a hora de comer









O remate da visita regresamos no tren a Dublín todo o grupo de profesores do curso e organizamos o noso traballo por grupos, no meu caso entre Airita profesora de bioloxía de Letonia e eu, xa vimos no tren organizando as ideas que queriamos resaltar da nosa experiencia no curso a través de tres diapositivas que houbo que mandar ao correo de English matters e explicar na xornada do último día.

Ese mesmo xoves de 18h a 20 h. unha nova xornada no National College: European Dimensión :Farawell e networking

Xornada para compartir e brindar a modo de despedida no "Ducke Pub" de Dublín cos coordinadores do curso e todo o profesorado participante.
Airita (Letonia), Dimitris (Grecia), Lía e Mary (Estonia) e Bea (España)
DUCKE PUB

miércoles, 27 de febrero de 2019

Aventura Erasmus+ : Mércores 27 de febreiro Educational Visit to school II (Dublín)

MÉRCORES 27 DE FEBREIRO
Comeza o día ben temprano porque temos que estar ás 9:30h nun novo colexio a visitar, levoume unha hora camiñando chegar pero de xeito moi doado seguindo unha das beiras do río que cruza a cidade, aínda que ao regreso o fixen en tranvía.
School: Inchicore College of Futher Education and Training Board
Emmet Road, Inchicore, Kilmainham, Dublín 8.


Na entrada da Escola Inchicore College of Futher Education and Training Board.
Nesta escola fomos recibidos polo director, Donnchadh Clancy, así coma de outros profesores. Nun primeiro contacto nos facilitan unha carpeta con material informativo e recibimos charlas sobre o funcionamento do centro, as súas particularidades por Linda Dowling, e tamén ca orientadora da escola Aideen Lyster, e Colin Carters o profe de escritura creativa que presenta o blog no que o alumnado comparte as experiencias das movilidades que realizan dentro dun programa Erasmus+ K2.
Noel Mc Donagh, European projects
Vimos un vídeo promocional do colexio e un power point cos proyectos europeos nos que participaron, explicado por Noel McDonagh, que nos acompañou no recorrido polo centro. Unha escola onde a creatividade está moi presente nas aulas, vimos teatro, danza, aula de coidados para as clases de enfermería...


Colin Carters,Creative Writing Courses

Ensaios na aula de teatro

Intercambiando ideas cas alumnas de danza

Falando cos alumnos de escritura creativa
 Feliz de interactuar en cada clase co alumnado unha experiencia enriquecedora e inesquecible!

Rematamos a visita sobre as 14:00 horas e o resto da tarde para descansar, e facer turismo por Dublín ao remate da tarde. 

Penny Bridge, emblemática ponte en Dublín


Con Mª José finalizando o mércores e compartindo as experiencias do día

martes, 26 de febrero de 2019

Aventura Erasmus! Martes 26 de febreiro: Educational Visit to school I (Limerick)

MARTES 26 DE FEBREIRO: Educational Visit to school I (Limerick)


Cruzando Irlanda dende Dublín a Limerick!




O martes 26 de febreiro foi un día moi intenso dene as 8h que quedamos para viaxar en autobús a Limerick, no oeste de Irlanda, a viaxe foi longa tres horas para chegar a un colexio de Limerick onde o noso grupo collería un microbus unha media hora máis para visitar o centro que nos correspondía: 
     School: Colaiste Mhuire, Askeaton , Limerick. 
Nesta escola pública fuimos recibidos polo director que nos acompañou e todo momento ensinándonos as dependecias do colexio, que actualmente agrupa alumnado de secundaria e ensinanzas postobrigatorias así como acompañándonos ás aulas de tecnoloxía, artes plásticas, laboratorios...

Primeiro contacto co estudiantes irlandeses e os seus profesores!

Un día que comezou cheo de ilusión por visitar o noso primeiro colexio en Irlanda! Esta visita comezou as 12:30h e rematou ás 14:30h.
Na aula de ciencias ca profesora de bioloxía, Graímme Histon, que me atendeu moi amablemente, e intercambiamos e- mail para posibles contactos futuros.
Falando de proxectos que levan a cabo e comentando o curriculum da materia e a metodoloxía de ambas. 
Nesta primeira toma de contacto ca realidade escolar irlandesa, encantoume ver cómo traballan no seu día a día, e durante un dos recreos puiden falar con catro alumnas que me recibiron moi ben e cas que compartín, risas e experiencias dos meus alumnos e obtiven máis información da súa realidade escolar.
Unha visita máis que interesante!!!!!

De 14:30 a 16:30: Autonomous Field Project- time for practice: Documenting Participants "Medieval and Georgian Limerick"¨
Despois da intensa mañá recorrimos a localidade acompañados por un guía xa todos os grupos de profesores xuntos, tanto os que visitaron centro de primaria coma de secundaria.
Visita e intercambio de impresións por Limerick





As 14:30h collemos os autobuses para regresar a Dublín as 19:30h xa moi cansada pero satisfeita da experiencia vivida!

lunes, 25 de febrero de 2019

Aventura Erasmus+: Dublín Luns 25 de febreiro no National College de Irlanda.

National College en Dublín
LUNS 25- 02-2019
O luns as nove da mañá comezaba o noso día de traballo, María José e beatriz fumos xuntas ao National College onde xa nos incorporamos a cursos diferentes e pasariamos o día e actividades distintas acorde ao curso que realizabamos, ata ao final da tarde que remataríamos.

 Seminar III: Irish Education System
De 9h a 11h  foi un Seminario sobre O sistema Educativo Irlandés, onde mediante unha presentación que tamén nos facilitaron en papel poiden seguir a ponencia, na aula 2.03 onde me reuniría co resto do profesorado matriculado no curso: Strutured Educational Visit to Schools/Institues & Training Seminars in Irelandsempre que se realizaran actividades no National College.


Charla Sistema Educativo Irlandés


Beatriz atenta as explicacións sobre o sistema educativo irlandés.

Eduardo Marín coordinador do curso.
Seminar IV: Preparation for Visits to Schoolss 
A continuación de 11:30h a 13 h unha ponencia a cargo do coordinador do curso para a preparación das visitas aos diferentes colexios, que terían lugar durante o martes, mércores e xoves.
Consellos, puntos de encontros, información xeral dos tipos de escolas a visitar e programación de actividades.
Profesorado de diferentes países europeos.
Arancha (España), María (Italia) e Airita (Letonia)
A continuación un descanso para comer onde poiden coñecer a compañeiros de Letonia, Italia, Grecia e Alemania e tamén de España.

De 14:00 a 17:00 : Field Projet-Time for practice: Images of Ireland
Pola tarde o grupo acompañados por Amaya e unha guía recorremos as rúas de Dublín, coñecendo a sua historias máis populares e visitando o Castelo de Dublín e o Museo de Arte.
Todo o recorrido fixémolo a pé xa que é unha cidade moi chá que permite paseala con facilidade, despois de casi tres horas rematamos a xornada do luns.


Visita guiada por Dublín co grupo de compañeiros do curso.

2 profes de Grecia, 4 de Alemania e 2 de España nun momento da visita cultural.


Dúas profes de bioloxía de España e Letonia traballando en equipo

Remate do día coa visita ao Museo de Irlanda

domingo, 24 de febrero de 2019

A miña primera experiencia Erasmus+! Dublin, 24/ 02/ 2019- 02/ 03/ 2019

O Colexio Plurilingüe Padre Feijoo- Zorelle no presente curso 2018-2019, ven de pór en marcha un 2º proxecto Erasmus + K1 de mobilidade do profesorado, "Impulso á inclusión educativa a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz", que supón unha continuación do 1º proxecto Erasmus + e que o dobra en número de mobilidades.
Dentro deste novo programa tiven a sorte de participar en Irlanda no seguinte curso: "Structured Educational Visit to School/ Institutes & Training Seminars " curso que combina de xeito eficiente visitas pedagóxicas a institucións educativas, seminarios e obradoiros. 

Este é o horario de traballo e visitas guiadas que tiven durante a miña estancia en Dublín organizado a través de English Matters S.L.
Moita actividade de formación e adquisición de experiencias e mellora de competencias coma a lingüistica, o meu primero reto: comunicarme en inglés co profeores de 16 países diferentes e entender e interactuar cos coordinadores e ponentes. Unha experiencia moi interesante, enriquecedora e unha realización persoal e profesional intensa.


Nesta miña primeira experiencia Erasmus+ compartín viaxe con María josé Novo a nosa profesora de música en primaria e experta mestra de infantil e coordinadora desta etapa, que asistiu a Dublín a un curso de inglés para profesorado vinculado ao plurilingüismo no colexio.

SÁBADO 23 DE FEBREIRO CHEGADA A DUBLÍN

O noso día de chegada foi o sábado pola tarde e despois de instaladas tivemos tempo para pasear por Dublín. Moi ilusionadas e a espera de comezar o curso o domingo pola tarde.
Sábado 23 paseo por Dublín recién chegadas

Sábado 23-02-2019, cenando xa en Dublín


DOMINGO 24 DE FEBREIRO COMEZA O CURSO

O domingo pola mañá poidemos visitar a "Trinity College University" un campus con fermosos edificios no centro de Dublín e entramos na biblioteca da Universidade cun encanto máis que especial, onde milleiros de libros agachan auténticas xoias da historia, a ciencia, o arte...e outras moitas disciplinas, un olor a papel e madeira indescriptible, unha estancia onde podería pasar horas lendo algún deses exemplares. Salvaguardados por esculturas de mecenas da biblioteca e célebres escritores e antiguos alumnos da Universidade. No mesmo edificio visitamos a exposición do "Libro de Kells" sobre o que se constrúe a historia e a cultura do pobo irlandés.


Biblioteca do Trinity College de Dublín



















No mesmo campus atopamos o Museo de Ciencia, un museo moderno cheo de actividades interactivas, no que disfrutamos participando das exposicións e interactuando nelas.


Museo Ciencia 24-2-19
Museo Ciencia 24-2-19



INICIO DO CURSO- 24 DE FEBREIRO DO 2019

Xa pola tarde o domingo 24 de febreiro deron comezo os nosos cursos Erasmus+ en Dublín, no "Spencer hotel" da cidade de Dublín moi preto do National College onde realizaríamos o resto das xornadas. 
As cinco da tarde comezamos o curso ca presentación, entrega do material e o primeiro contacto cos coordinadores dos cursos, un total de 96 profesores de 16 países diferentes e máis o país anfitrión.
Esa tarde os ponentes foron Eduardo Marín o coordinador e representante de English Matters xunto a Amaya, que nos acompañarían a moitas das actividades durante esa semana. O primeiro explicou a organización dos diferentes cursos e a segunda unha visión xeral do sistema educativo irlandés. Estes ponentes e coordinadores falaron en inglés e os entendiamos moi ben por non ser nativos irlandeses, isto deume confianza na primeira toma de contacto.
Durante esta mesma tarde un ponente irlandés. John Kennedy explicou a historia, tradicións e actividades culturais máis representativas de Irlanda, neste caso costoume máis seguir a súa explicación en inglés, pero axudounos o humor co que explivaba as características do deorte nacional ou tocaba un instrumento típico da música irlandesa.
Eduardo Marín coordinador do curso e John Kennedy


Amaya coordinadora en English Matters






Na primeira fila atentas ao ponente irlandés John Kennedy

Rematamos o noso primeiro día emocionadas, cas carpetas co material e horario para os seguintes días. A aventura Erasmus+ xa comezara!

Spencer Hotel inicio do curso 24-02-2019