Así como coñecer: QUE É O EFECTO MATILDA? grazas a Valeria Zapata.
QUE É O EFECTO MATILDA?
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFA EDUCATIVA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TAREFA EDUCATIVA. Mostrar todas las entradas
jueves, 11 de febrero de 2021
11 de febreiro- Día da Muller e a Nena na Ciencia
Un bo xeito de celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia e coñecendo algunhas das científicas relevantes da historia da man dos traballos da tarefa Un minuto de ciencia! encuadrada no Prxecto Ciencia Activa do colexio.
Así podemos ver nun minuto que foi L. margulis por Cristina perea, Margarita Salas por Uxía Nogueiras, Marie Curie ou Valentina Tereshkova a primeira muller en viaxar ao espacio, por outras alumnas do colexio elaborados o pasado curso.
domingo, 1 de marzo de 2020
Pasapalabra para conmemorar o papel da muller na ciencia
Resolve este pasa palabra e ao mesmo tempo conmemora a Día Internacional da muller xa que nesta ruleta hai moitos contidos que fan referencia a algunhas das moitas mulleres científicas e inventoras ao longo da historia, que as veces son as grandes descoñecidas.
viernes, 25 de octubre de 2019
Novos podcast no canal de Ivoox en Ciencia Activa!
Xa estamos en marcha!!
Podemos oir os primeiros podcasts deste curso no canal de Ivoox Ciencia Activa, dós estudiantes de BAC e ESO.
Andrea e Nerea de BAC explican brevemente o fenómeno da gota fría, mentres que Marcos e Jaime de 3º da ESO explican a problemática actual dos amieiros, estas árbores características das beiras dos nosos ríos.
Non deixedes de escoitalos:

viernes, 11 de octubre de 2019
Actividades prácticas Ciencia Activa: Actívate!
A que estás esperando? Elixe e actívate!
Criterios de cualificación para as actividades prácticas dende a materia de bioloxía e xeoloxía. Para puntuar ata un máximo de tres puntos e poder sumalos á proba escrita.. Podes elexir as actividades que farás, para poder sumalas ás puntuacións de cada control escrito:
- Animacións "Un minuto de Ciencia"-----------------máx.2 puntos
- Vídeos------------------------------------------------ máx. 2 puntos
- Presentacións Google drive ou power point---------máx.2 puntos
- Actividades interactivas en Educaplay---------------máx. 2 puntos
- Infografías------------------------------------------- máx. 2 puntos
- Murales interactivos--------------------------------- máx. 2 puntos
- Art Ciencia Activa------------------------------------ máx. 2 puntos
- Entrada no blog------------------------------------- máx. 1 punto
- Podcast----------------------------------------------- máx. 1 punto
- Actitude e caderno----------------------------------- máx. 1 punto
- Comentarios (max. catro)---------------------------máx. 0,25 puntos
Non esquezas que podes ussar Powtoon, Easelly, Genially, Poodle, Audacity, Vocaroo, Publisher... e outras moitas apps que facilitarán o teu traballo, é moi importante que selecciones o tema sobre o que farás a actividade e sempre relacionado ca materia de bioloxía e xeoloxía.
Lembra que os vosos traballos se compartirán nas redes do Proxecto Ciencia Activa, síntete orgulloso do teu traballo!
Empreguemos as redes sociais con fíns educativos!
* Ao longo do curso tamén ponderarán as participacións dende Ciencia Activa en diferentes proxectos de centro coma o Festival do Libro, Postcrossing, Euroescola, E-twining e outros.
Lembrade preguntar calquer dúbida que poda xurdir!!

lunes, 6 de mayo de 2019
O baile da mitose!
Este curso en 4º ESO académicas, estivemos estudiando a mitose dun xeito diferente, xa que estudiaron a letra dunha canción que explica o proceso, deseñaron unha coreografía e a bailaron.
Cada estudiante formaba parte dunha célula animal, a membrana plasmática eran varios alumnos unidos por telas amarelas, e no interior outro grupo era, con telas de cor laranxa, a membrana nuclear, no seu interior o ADN en forma de cromatina. Ao longo da canción vanse modificando as estructuras, desparecen a membrana nuclear, o nucleolo e aparecen os cromosomas. Pasando polas fases de: profase, metafase , anafase e telofase ata conseguir dúas células fillas iguais entre sí e a célula nai da que proveñen.
No vídeo vemos uns debuxos animados que representan o proceso de xeito continuo elaborados nunha tablet por Carlos Cuesta estudiante de Ciencia activa- Bac.
lunes, 29 de abril de 2019
Pasapalabras de Ciencia!!!
No hai mellor xeito de aprender que xogando! Os alumnos de bioloxía de 2º BAC elaboraron dous pasapalabras de bioloxía empregando Educaplay.
Todo o alumnado de secundaria participou nun sorteo que permitiu formar dous grupos para xogar e competir divertíndose, todo o público atento e concentrado como podedes ver neste pequeno vídeo que amosa o interesante que foi esta actividade.
sábado, 2 de marzo de 2019
Erasmus+ Dublín 2 de marzo 2019: Fin do curso en Irlanda!
SÁBADO 2 DE MARZO
Seminar VI: Discussing Dissemination Strategies Presenting our portfolio- Evaluation.
Remata o curso cun seminario de 9:00 a 11:00h onde ten lugar a exposición dos traballos en grupo no que houbo que incluír tres diapositivas:
Unha con dous puntos do sistema educativo irlandesa que se queiran comentar, a segunda con algo que poidemos ver ou aprender e que poido ser positivo para nós e as nosas clases, e a terceira que reflexe a difusión ou repercusións que poda ter este curso na nosa realidade escolar.
E remate final de toda a aventura ERASMUS+ DUBLIN coa entrega de Diplomas:
Feliz remate e regreso a España para compartir e disfrutar da aprendizaxe e mellora da competencia lingüistica, así coma poder por en marcha novos proxectos con novos colaboradores de toda Europa!
Agora a traballar e deica ó próxima experiencia Erasmus+!

viernes, 1 de marzo de 2019
Erasmus+ 1 de marzo Dublín: Seminar V
VENRES 1 DE MARZO
Seminario V: Feedback on educational organization and management of learning.
A xornada do venres 1 de marzo foi moi interesante porque tivemos un feed-back entre todos os participantes do grupo mediante unha técnica de traballo que nos permitiu falar de xeito individual con 12 persoas en turnos de 3 minutos e ir contestando e intercambiando puntos de vista segundo as preguntas que se iban formulando nas pantallas da aula 2.03 do National College de Irlanda.
Divertido e moi emocionante buscar a parella correspondente ao noso reloxo cada tres minutos. (os meus compañeir@s foron: Mª José, María, Lía, Areti, Gema, Loli, Chiara, Lía, Bernardo, Aexandra, Miriam, Nati, e María. Todos de diferentes países e o noso diálogo en inglés... un novo reto superado!!!)
A continuación uns minutos de reflexión para sintetizar en dúas ideas o que máis nos chamou a atención na semana do curso, nas diferentes actividades referentes a educación en Irlanda e a posta en común.
Ás 12:00h Field project: Glendalough
Viaxe en dous autobuses a Glendalough para visitar torre medieval, iglesia, cemiterio, e a paisaxe caducifolia tan similar á galega, paseando o redor dun lago de orixe glaciar en compañía de guías e divididos en grupos.
Rematada a excursión chegamos a Dublín para facer a maleta e preparanos para o regreso.

| O guía irlandés chamado Noel que nos acompañou e ensinou. |
| Cunha folla de Quercus robur, casi coma en Galicia. |
| Con Mª José compartindo e turisteando. |
![]() |
| Fermoso lago glaciar. |
jueves, 28 de febrero de 2019
Aventura Erasmus+ Xoves 28 de febreiro: Educational Visit to school III
XOVES 28 DE FEBREIRO: Educational Visit to School III DublínSchool : Loreto Abbey Secundary School Dalkey
Loreto Avenue, Dalkey
![]() |
| Director do Loreto Abbey |
Poidemos asistir a dúas clases completas segundo as nosas preferencias e materias que impartimos. Puden asistir a unha clase de química e outra de bioloxía de nivel similar a os cursos de bacharelato.
Unha vez máis aproveitei a oportunidade de falar ca profesora de bioloxía e cun grupo de alumnas no seu tempo de descanso.
ao remate das clases volvímos a aula onde co profe encargado dos proxectos cas TICs tiven a ocasión de falar dos nosos proxectos e a posibilidade de contactar nun futuro.
![]() |
| Falando co alumnas do colexio no recreo |
![]() |
| intercambio de experiencias co profe que máis usa as TICS no centro |
![]() |
| Na clase de química de 6º nivel, similar a 2º BAC |
![]() |
| Cos profes compañeiros de bioloxía, Demetri (Grecia) e Airita (Letonia) |
![]() |
| A profe de bioloxía mostranos o texto que emprega. |
![]() |
| Exteriores do Loreto Abbey Secondary School Dalkey |
![]() |
| Pasillos no interior do colexio acceso aula música |
![]() |
| Alumnas no exterior durante a hora de comer |
O remate da visita regresamos no tren a Dublín todo o grupo de profesores do curso e organizamos o noso traballo por grupos, no meu caso entre Airita profesora de bioloxía de Letonia e eu, xa vimos no tren organizando as ideas que queriamos resaltar da nosa experiencia no curso a través de tres diapositivas que houbo que mandar ao correo de English matters e explicar na xornada do último día.
Ese mesmo xoves de 18h a 20 h. unha nova xornada no National College: European Dimensión :Farawell e networking
Xornada para compartir e brindar a modo de despedida no "Ducke Pub" de Dublín cos coordinadores do curso e todo o profesorado participante.
![]() |
| Airita (Letonia), Dimitris (Grecia), Lía e Mary (Estonia) e Bea (España) |
![]() |
| DUCKE PUB |
miércoles, 27 de febrero de 2019
Aventura Erasmus+ : Mércores 27 de febreiro Educational Visit to school II (Dublín)
MÉRCORES 27 DE FEBREIRO
Comeza o día ben temprano porque temos que estar ás 9:30h nun novo colexio a visitar, levoume unha hora camiñando chegar pero de xeito moi doado seguindo unha das beiras do río que cruza a cidade, aínda que ao regreso o fixen en tranvía.
School: Inchicore College of Futher Education and Training Board
Emmet Road, Inchicore, Kilmainham, Dublín 8.
Nesta escola fomos recibidos polo director, Donnchadh Clancy, así coma de outros profesores. Nun primeiro contacto nos facilitan unha carpeta con material informativo e recibimos charlas sobre o funcionamento do centro, as súas particularidades por Linda Dowling, e tamén ca orientadora da escola Aideen Lyster, e Colin Carters o profe de escritura creativa que presenta o blog no que o alumnado comparte as experiencias das movilidades que realizan dentro dun programa Erasmus+ K2.
Vimos un vídeo promocional do colexio e un power point cos proyectos europeos nos que participaron, explicado por Noel McDonagh, que nos acompañou no recorrido polo centro. Unha escola onde a creatividade está moi presente nas aulas, vimos teatro, danza, aula de coidados para as clases de enfermería...
Feliz de interactuar en cada clase co alumnado unha experiencia enriquecedora e inesquecible!
Comeza o día ben temprano porque temos que estar ás 9:30h nun novo colexio a visitar, levoume unha hora camiñando chegar pero de xeito moi doado seguindo unha das beiras do río que cruza a cidade, aínda que ao regreso o fixen en tranvía.
School: Inchicore College of Futher Education and Training Board
Emmet Road, Inchicore, Kilmainham, Dublín 8.
![]() |
| Na entrada da Escola Inchicore College of Futher Education and Training Board. |
![]() |
| Noel Mc Donagh, European projects |
![]() |
| Colin Carters,Creative Writing Courses |
![]() |
| Ensaios na aula de teatro |
![]() |
| Intercambiando ideas cas alumnas de danza |
![]() |
| Falando cos alumnos de escritura creativa |
martes, 26 de febrero de 2019
Aventura Erasmus! Martes 26 de febreiro: Educational Visit to school I (Limerick)
MARTES 26 DE FEBREIRO: Educational Visit to school I (Limerick)
Falando de proxectos que levan a cabo e comentando o curriculum da materia e a metodoloxía de ambas.
Nesta primeira toma de contacto ca realidade escolar irlandesa, encantoume ver cómo traballan no seu día a día, e durante un dos recreos puiden falar con catro alumnas que me recibiron moi ben e cas que compartín, risas e experiencias dos meus alumnos e obtiven máis información da súa realidade escolar.
Unha visita máis que interesante!!!!!
De 14:30 a 16:30: Autonomous Field Project- time for practice: Documenting Participants "Medieval and Georgian Limerick"¨
Despois da intensa mañá recorrimos a localidade acompañados por un guía xa todos os grupos de profesores xuntos, tanto os que visitaron centro de primaria coma de secundaria.
As 14:30h collemos os autobuses para regresar a Dublín as 19:30h xa moi cansada pero satisfeita da experiencia vivida!
![]() |
| Cruzando Irlanda dende Dublín a Limerick! |
O martes 26 de febreiro foi un día moi intenso dene as 8h que quedamos para viaxar en autobús a Limerick, no oeste de Irlanda, a viaxe foi longa tres horas para chegar a un colexio de Limerick onde o noso grupo collería un microbus unha media hora máis para visitar o centro que nos correspondía:
School: Colaiste Mhuire, Askeaton , Limerick.
Nesta escola pública fuimos recibidos polo director que nos acompañou e todo momento ensinándonos as dependecias do colexio, que actualmente agrupa alumnado de secundaria e ensinanzas postobrigatorias así como acompañándonos ás aulas de tecnoloxía, artes plásticas, laboratorios...
![]() |
| Primeiro contacto co estudiantes irlandeses e os seus profesores! |
![]() |
Un día que comezou cheo de ilusión por visitar o noso primeiro colexio en Irlanda! Esta visita comezou as 12:30h e rematou ás 14:30h.
|
![]() |
| Na aula de ciencias ca profesora de bioloxía, Graímme Histon, que me atendeu moi amablemente, e intercambiamos e- mail para posibles contactos futuros. |
Nesta primeira toma de contacto ca realidade escolar irlandesa, encantoume ver cómo traballan no seu día a día, e durante un dos recreos puiden falar con catro alumnas que me recibiron moi ben e cas que compartín, risas e experiencias dos meus alumnos e obtiven máis información da súa realidade escolar.
Unha visita máis que interesante!!!!!
De 14:30 a 16:30: Autonomous Field Project- time for practice: Documenting Participants "Medieval and Georgian Limerick"¨
Despois da intensa mañá recorrimos a localidade acompañados por un guía xa todos os grupos de profesores xuntos, tanto os que visitaron centro de primaria coma de secundaria.
![]() |
| Visita e intercambio de impresións por Limerick |
As 14:30h collemos os autobuses para regresar a Dublín as 19:30h xa moi cansada pero satisfeita da experiencia vivida!
sábado, 23 de febrero de 2019
Ciencia Activa, quen somos?
O proxecto Ciencia Activa que se ven a desenvolver dende o ano 2013 no noso colexio, comezou co orixe dun blog de alumnos para implicarnos no uso das TIC, e pouco a pouco continuaron xurdindo tarefas ata chegar a un proxecto de centro que contén mini-proxectos nos que sempre o alumnado é o protagonista. Actualmente participan nas súas tarefas o profesorado de física e química e de bioloxía e xeoloxía.
Nesta presentación en inglés e castelán o coñecerás mellor!😊
Nesta presentación en inglés e castelán o coñecerás mellor!😊
viernes, 1 de febrero de 2019
¡Ríe, sé feliz! por un recreo inclusivo
Os estudiantes de 4º da ESO A coordinados dende a titoría prepararon o seguinte videoclip cunha canción interpretada por eles: "¡Ríe, sé feliz! dun minuto de duración, para participar no 35 Concurso da Once.
Nesta edición a temática era sobre o recreo e a inclusión baixo o lema "Por mí y por todos
mis compañeros".
Destacar que o proceso de elaboración foi un verdadeiro traballo en equipo:
Unha experiencia divertida na que reflexionaron sobre o que creen debe ser o recreo, a idea que queren reflexar é que no colexio e no recreo especialmente, os alumos deben ser felices e a risa é o fío condutor do seu vídeo. A continuación pódese ver:
Todos entendemos que a risa nos une non hai diferencias se somos felices, xa sexa xogando, coma lendo, facendo teatro, cantando... non hai discapacidade que limita se a risa nadie cha quita!
A continuación podedes leer o guión ca explicación do vídeo e a letra da canción que tamén houbo que enviar para o concurso.
Nesta edición a temática era sobre o recreo e a inclusión baixo o lema "Por mí y por todos
mis compañeros".
Destacar que o proceso de elaboración foi un verdadeiro traballo en equipo:
- A letra da canción foi escrita entre todos nas sesións de titoría,
- Así como a selección da base musical número 4 da Once.
- Cadrar a letra na música axudados pola titora,
- Os arreglos das voces e a gravación co profe de música.
- A edición do vídeo entre Agustín de 4º e o profe de física.
- O acróstico que aparece no vídeo elaborado ca titora e editado con powerpoint.
- As gravacións das secuencias feitas polo alumnado ca titora.
- Voces da canción: Adriana (solista), Manuel, Shakira, Sandra, Miguel y Nuria.
Unha experiencia divertida na que reflexionaron sobre o que creen debe ser o recreo, a idea que queren reflexar é que no colexio e no recreo especialmente, os alumos deben ser felices e a risa é o fío condutor do seu vídeo. A continuación pódese ver:
Todos entendemos que a risa nos une non hai diferencias se somos felices, xa sexa xogando, coma lendo, facendo teatro, cantando... non hai discapacidade que limita se a risa nadie cha quita!
A continuación podedes leer o guión ca explicación do vídeo e a letra da canción que tamén houbo que enviar para o concurso.
![]() |
| VOCES: SHAKIRA, SANDRA, MIGUEL, MANUEL,NURIA Y ADRIANA (solista) |
martes, 22 de enero de 2019
Alesander Fleming nun minuto de ciencia!
![]() |
| Alexander Fleming |
A tarefa dun minuto de ciencia lévanos a descobrir a figura e achegas de A. Fleming o célebre microbiólogo escocés descubridor da Penincilina, un antes e un despois no mundo da medicina e o tratamento das infeccións bacterianas.A. Fleming tamén recibiu o Premio Nobel de medicina no ano 1945.
No canle de youtube de ciencia activa podemos ver todas as animacións. A continuación vemos a realizada por Angel e Adrián Gallego de 1º BAC
Suscribirse a:
Entradas (Atom)