Mostrando entradas con la etiqueta MICRORRELATO CIENTÍFICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MICRORRELATO CIENTÍFICO. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de abril de 2017

Microrrelatos científicos na IV Edición do Festival do libro!

Que é un microrrelato científico? 
É un texto curto onde cóntase algo empregando terminoloxía de ciencias (con termos de bioloxía, matemáticas, física, química, ou xeoloxía).
O importante é que sexan inéditos, e os autores deixen voar a imaxinación xa que a temática é libre, e todos os alumnos e alumnas poden ser moi creativos!

Os seleccionados neste IV Festival do Libro foron expostos nun mural presidido por Gregor Mendel, o pai da xenética, e descubridor das leis que levan o seu nome. Mendel investigou ca planta do chícharo, Pisum sativum, e por iso empregamos cartulinas semellando chícharos amarelos e verdes, sobre as que se pegaron os mellores microrrelatos.

Na selección e corrección dos microrrelatos participaron as profesoras de lingua galega e lingua castelá Carmen García e Sara Perea. Moitas grazas!
noraboa a todos polos relatos científicos e por o traballo colaborativo tan estupendo para a ela boración do mural! Os tres premiados neste IV Festival: "Sueña leyendo", foron: Carlos, Raúl, e Gema de 3º de ESO e dous accesits para David e Alex de 1º Bac, podedes leelos a continuación: