Mostrando entradas con la etiqueta 18 DE MAIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 18 DE MAIO. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de mayo de 2020

Deseño de actividades e post en CCMA 2ºBAC SEMANA IX

SEMANA IX
A materia de Ciencias Medioambientais non é avaliable nas ABAU, pero sí pondera coma nota de bacharelato, propoño o deseño de actividades prácticas, para favorecer a cualificación da media obtida ata agora, que serán publicadas no blog do alumnado da materia: PROXECTO CIENCIA ACTIVA. xa que todos sodes contribuíntes do blog do alumnado.
As actividades poden ser:

  • Entradas no blog que quedan como borradores onde tamén podedes insertar outras actividades.
  • Animacións "Un minuto de Ciencia"
  • Vídeos
  • Presentacións Google drive ou power point
  • Actividades interactivas en Educaplay
  • Infografías
  • Murales interactivos
  • Art Ciencia Activa
  • Podcast
  • Comentarios nas entradas do blog feitas por outros compañeiros que sexan evidencia da lectura e compresión do post.

IX SEMANA de confinamento TITORÍA

IX SEMANA
Nesta sesión de titoría falaremos da importancia do traballo en equipo, cada un pode aportar algo e o resultado sempre será mellor! Neste vídeo tendes en menos de dous minutos un exemplo moi claro da importancia do grupo, a colaboración e o equipo.


Nutrición en animais 1ºBAC SESIÓN 26

IX SEMANA
Sesión 26
Nesta sesión comezamos o estudio da nutrición animal, centrándonos na nutrición humana. 
Na páxina 296 tendes un esquema onde se repasa os aparellos implicados na nutrición celular

  • Cales son os aparellos implicados?
  • Cal é a función de cada un?
  • Define nutrición heterótrofa
  • Reacción da nutrición celular. (pista e inversa a fotosíntese)
As actividades resoltas enviádeas ao correo

As mutacións 4ºESO SESIÓN 22

SEMANA IX
Sesión 22
As mutacións son cambios no ADN a diferentes niveis, na páxina 156. Leer de xeito comprensivo os tipos de mutacións e contestar as cuestións 20,21 e 22 da páxina 156  e as enviades ao correo.

Repaso do Solo 3ºESO Sesión 16

XIX SEMANA
Sesión 16
Nesta sesión iniciamos a parte de xeoloxía cun repaso de conceptos básicos sobre os ecosistemas e o solo, para iso nas páxinas 162 e 163 atoparedes as solucións as seguintes actividades:

  1. Define: ECOSISTEMA, ECOSFERA, DESERTIZACIÓN E DESERTIFICACIÓN
  2. Que accións conducen á perda do solo?

Examen 2003 de repaso as ABAU 2ºBAC SESIÓN 31

IX SEMANA
Sesión 31
Na sesión de hoxe imos repasar os exames de xuño e setembro do 2003, primeiro visionado do vídeo cas explicacións e solucións da profesora e despois escribides as solucións e as enviades ao correo, todo o alumnado que está repasando para as ABAU de bioloxía ou ten que recuperar algunha avaliación.
O resto do alumnado fan as cuestións da terceira avaliación (inmunidade, microorganismos e xenética) e enviadeas ao correo.