domingo, 16 de octubre de 2016

Día Mundial da Alimentación 2016

 O clima está cambiando. A alimentación e a agricultura tamén.

A poboación mundial crece de xeito constante e para cubrir unha demanda tan grande de alimentos, os países teñen que adaptar os sistemas agrícolas e alimentarios á os efectos do cambio climático e facerse resilientes, productivos e sostibles.



O obxectivo mundial de lograr o Fame Cero fixouse para 2030: un obxectivo ambicioso e que non pode acadarse sen facer frente ao cambio climático!
O ano 2016, un ano para actuar! 

Na Cume do Desenvolvemento Sostible da ONU en setembro do 2015, un total de 193 países comprometéronse a rematar ca fame no mundo nos próximos quince anos. O histórico Acordo de París sobre o Cambio Climático está listo para entrar en vigor, xusto a tempo para a próxima conferencia sobre o cambio climático, COP22, que terá lugar do 7 ao 18 de novembro de 2016 en Marrakech.


A nosa tarea colectiva é cambiar os compromisos en accións! Que podo facer?
Cada un temos un papel que desempeñar para mitigar os efectos do cambio climático:

  • Os países teñen que invertir nos pequenos agricultores e no aumento sostible da producción de alimentos.
  • Sexamos consumidores conscientes e éticos.
  • Desperdiciemos menos alimentos.
  • Non desperdiciar auga
  • Diversificar a nosa dieta
  • Manter limpos solos e auga
  • Eficiencia enerxética
  • Almacenar alimentos de forma intelixente
  • Xenerar menos basura
  • Protexamos os bosques e aforremos papel
  • Promovamos solucións!
Reducir a nosa pegada ambiental para mellorar as cousas!