Mostrando entradas con la etiqueta VIRUS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIRUS. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de febrero de 2020

Novo coronavirus 2019-nCoV

O 31 de decembro de 2019 comunicáronse á OMS varios casos de pneumonía en Wuhan, unha cidade situada na provincia chinesa de Hubei. Tratábase dun virus distinto aos coñecidos, o cal resulta preocupante porque non sabemos de que maneira os novos virus poden afectar as persoas.

 Unha semana máis tarde, o 7 de xaneiro, as autoridades chinesas confirmaron que identificaran un novo coronavirus, unha familia de virus que causan o arrefriado común e enfermidades como o MERS e o SARS.

 Este novo virus denominouse, provisionalmente, 2019- nCoV. Desde o momento en que foi informada do brote, a OMS estivo traballando coas autoridades chinesas e con expertos de todo o mundo para obter máis información sobre o virus, os seus efectos sobre as persoas infectadas, o seu tratamento e as medidas que poden adoptar os países para facerlle fronte.

 Tendo en conta de que os coronavirus adoitan causar síntomas respiratorios, a OMS emitiu recomendacións de protección persoal contra a infección, así como para evitar o contaxio doutras persoas.

Esas infeccións adoitan cursar con febre e síntomas respiratorios (tose e disnea ou dificultade para respirar). Nos casos máis graves, poden causar pneumonía, síndrome respiratoria agudo severo, insuficiencia renal e, mesmo, a morte.

As recomendacións habituais para non propagar a infección son:

  •  A boa hixiene de mans  
  • Cubrirse a boca e o nariz ao toser e esbirrar
  • A cocción completa da carne e os ovos
  • Débese evitar o contacto estreito con calquera persoa que presente signos de afección respiratoria, como tose ou esbirros

viernes, 28 de noviembre de 2014

Ébola

Os alumnos de 3º ESO B, documentáronse sobre o virus Ébola, e realizaron na aula diferentes murais sobre: que é? cómo actúa? a expansión da enfermidade, a historia deste virus, a prevención...Podedes ver o seu traballo neste vídeo:


Ademáis como o virus do Ébola é un tema de actualidade do que seguro oístedes falar todos, déixovos un resumo das principais características da súa infección nas persoas, a través da seguinte infografía:


domingo, 1 de diciembre de 2013

Día Mundial da SIDA

Hoxe 1 de decembro celébrase o día Mundial do SIDA, unha enfermidade do sistema inmunitario que é causada por un virus, o VIH. Esta enfermidade é unha pandemia, e de momento non se coñece unha cura, aínda que se sabe que a medida máis efectiva para combatila é a prevención. 
Déixovos un enlace á páxina do Ministerio de Sanidade, onde atoparedes información fiable sobre a SIDA e a súa prevención!                   ( Fai click sobre a imaxe)

domingo, 5 de mayo de 2013

Ciclo Reproductor do VIH

Neste vídeo podemos ver a acción do VIH sobre ás células co fin de reproducirse e destruir o noso sistema inmunolóxico. Tamén explica dun xeito sinxelo o papel dos antirretrovirales. É interesante coñecer a forma de actuar deste retrovirus, pero especialmente pode axudar os alumnos de 2ºBAC xa que teñen que estudialo.

martes, 9 de abril de 2013

Os Bacteriófagos


Os virus que infectan bacterias para poder reproducirse,  son os bacteriófagos. Realizan a súa reproducción mediante o ciclo lítico e lisoxénico que se describen neste vídeo de xeito sinxelo, e pode axudar os alumnos de 2ºBAC a súa comprensión.