Mostrando entradas con la etiqueta 5 DE MAIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5 DE MAIO. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de mayo de 2020

RETO Celebrando O Día de Europa CCMA SESIÓN 15

VII SEMANA
Sesión 15
Nesta sesión vos propoño un RETO, que conta coma actividade práctica. Busca novas sobre a COVID19 en diferentes países de Europa e comparte o enlace no seguinte mural de Padlet:

Hecho con Padlet

Dende o ADN a unha proteína 4ºESO SESIÓN 18

VII SEMANA
Sesión 18
Nesta sesión comparto un vídeo en inglés pero subtitulado que dura tres minutos e explica de xeito animado como dende o ADN chega a formarse unha proteína nas células.


Tras o visionado intentade definir tres conceptos na libreta e os enviades por correo:
REPLICACIÓN, TRANSCRIPCIÓN e TRADUCCIÓN

Na clase do mércores aclararei tódalas dúbidas!

Debuxo dos aparellos reprodutores de anxiospermas 1ºBAC SESIÓN 21

VII SEMANA

Sesión 21

  • Na sesión de hoxe ides debuxar na libreta a flor de anxiospermas e despois os aparellos masculino e feminino separados, indicando o momento da meiose e a mitose en cada ún para dar os gametofitos (gran de pole e saco embrionario).
  • Despois podedes enviarme a foto ao correo.
  • PODEDES VER O VÍDEO DA CLASE se tendes dúbidas na sesión 20.


Repaso problemas 2ºBAC SESIÓN 24

VII SEMANA

Sesión 24
Repaso de dous problemas de xenética ao mesmo tempo que estudiades microorganismos e inmunidade:

  1.  Unha muller do grupo AB acaba de ter un fillo. Ao saír do hospital, entréganlle un neno e na tarxeta del di que é do grupo 0. a. Cres que houbo un erro ou pode ser o seu fillo auténtico? b. Se o pai do neno é do grupo 0, realiza o cruzamento e indica o grupo sanguíneo dos posibles fillos da parella.
  2.   Unha parella formada por unha muller portadora do xene da hemofilia e un home hemofílico queren saber como podería ser a súa descendencia. Explica o tipo de herdanza e realiza o cruzamento indicando o xenotipo e fenotipo de todos os posibles fillos da parella. 
A resolución a enviades ao meu correo.
Podedes ver explicacións de xenética AQUÍ