domingo, 26 de febrero de 2012

O Sistema Nervioso

A neurona é a principal célula do Sistema Nervioso, neste vídeo explica de xeito sinxelo o seu comportamento.



Tamén podedes revisar esta presentación, que xa é mais completa e tamén aparece a transmisión do impulso nervioso que estudiades os alumnos de 1ºBAC.

domingo, 12 de febrero de 2012

XaTcobeo, satélite creado dende a Universidade de Vigo

O 13 de febreiro de 2012 efectuarase o lanzamento do XaTcobeo, a partir das 10 da mañá. É relevante destacar a participación de estudantes dirixidos por profesores da Universidade de Vigo, tamén do campus de Ourense. Lembrade os alumnos de 1ºBAC que xa tratamos esta nova na 1ª Avaliación.
Tendes mais información neste enlace:
O XaTcobeo en órbita, moito máis que un soño feito realidade (DUVI: Diario da Universidade de Vigo)

jueves, 9 de febrero de 2012

Ecosistemas

(Orixe imaxe: educarex)

Lembra que un nivel trófico é un conxunto de organismos que aproveitan a enerxía e a materia do mesmo xeito. As cadeas e as redes tróficas, representan as distintas relacións alimentarias, entre organismos de outros niveis tróficos.
¡Entra no enlace indicado baixo o gráfico!

jueves, 2 de febrero de 2012

Plan trimestral

Organiza o teu estudio! 

 Lembra, primeiros controis (2ª Avaliación):
  • 3º E.S.O. A e 3º E.S.O. B  venres17 febreiro: Aparellos Circulatorio e Excretor, Sistemas Nervioso e Hormonal
  • 4º E.S.O. A  mércores 15 febreiro: Evolución, Ecosistemas.
  • 4º E.S.O. B  martes 14 febreiro: Evolución,  Ecosistemas.
  • 1º BAC martes 14 febreiro: Ácidos Nucleicos, Aparellos Dixestivo, Circulatorio, Respiratorio,e Excretor.
  • 1º BAC (C.M.C.) luns 13 febreiro: Xenética (Problemas e teoría)
  •  2º BAC Proba escrita luns 5 de marzo: Citoplasma (Orgánulos e Citoesqueleto); Ciclo Celular: Mitose e Meiose; Replicación; Transcripción; Traducción (EXPLICADO).
Metabolismo (Explicación programada do 3 de febreiro ó 5 de marzo).
Prográmate un tempo de traballo diario, fai esquemas, pregunta dúbidas...xa sabes que podes consultarme o que precises! 
 

miércoles, 1 de febrero de 2012

O aparello excretor

O aparello excretor encárgase de eliminalas sustancias residuais do organismo, coma a urina e o suor. Neste vídeo explícase a formación da urina nos riles e o papel das glándulas sudoríparas na excreción.