martes, 22 de enero de 2019

Alesander Fleming nun minuto de ciencia!

Alexander Fleming
A tarefa dun minuto de ciencia lévanos a descobrir a figura e achegas de A. Fleming o célebre microbiólogo escocés descubridor da Penincilina, un antes e un despois no mundo da medicina e o tratamento das infeccións bacterianas.
A. Fleming tamén recibiu o Premio Nobel de medicina no ano 1945.
No canle de youtube de ciencia activa podemos ver todas as animacións. A continuación vemos a realizada por Angel e Adrián Gallego de 1º BAC

miércoles, 16 de enero de 2019

"Un minuto de Ciencia" para Nicolas Tesla!


Iniciamos o segundo trimestre cunha nova animación da tarefa "Un minuto de Ciencia", agora adicado a Nicolas Tesla, realizado por Ximbo e Roi de 3º de ESO A.Non te perdas esta animación e coñece a Tesla nun minuto!:


Resultado de imagen de nicolas tesla

lunes, 14 de enero de 2019

Participando no 35 Concurso da Once!

A titoría de 4º ESO A coordinados pola súa titora e axudados polos profesores de física e música, están a preparar a súa participación nunha nova edición do Concurso da Once. Este ano adicado ao recreo, sí ao recreo! Ese espazo de horario lectivo adicado a o tempo de lecer!
 O lema da trinta e cinco edición é "Por mi y por todos mis compañeros", por un recreo inclusivo!


CONCURSO ONCE

Na categoría de secundaria consiste na elaboración dun videoclip dun minuto de duración, no que se inclúa un tema musical gravado polo grupo participante.
Pasos a realizar:

  • Choiva de ideas e frases para elaboración da letra da canción en dúas sesións de titorías
  • Gravación de secuencias que se queren representar coordinados pola titora.
  • Selección e descarga da base musical da web da Once nunha sesión de titoría.
  • Encaixar a letra na base musical coordinados pola profe.
  • Consultar co profe de música para mellorar a nosa canción.
  • Gravación da canción con audacity cas voces dun grupo de alumn@s da clase e inserción da base musical.
  • Encadear as secuencias nun vídeo dun minuto axudados polo profe de física, para comezar a edición.
  • Edición final do videoclip por un alumno do grupo, que engadirá efectos e sonido, supervisado pola titora.
  • Elaboración do guión explicativo do videoclip pola titoría de 4º ESO A.

Ensayando canción


                           Titoría 4ESO A