Con motivo da pandemia orixinada polo coronavirus precisamos de organizar o noso traballo e seguir explicando e estudiando, os medios de hoxe en día permítennos a todos facelo.
ESTUDIA NA CASA son as páxinas que teredes que visitar no blog de Bioloxía e xeoloxía do curso que vos corresponda: 3º ESO, 4ºESO, 1ºBAC e 2º BAC
Iniciamos unha nova aventura e non haberá problema, só hai que ter gañas de traballar, xa que tempo temos dabondo só hai que organizalo ben!#SinExcusas
ÁNIMO!!! XA SABEDES CONSULTÁDEME CALQUER DÚBIDA!!
Co ordenador, tablet ou dende o móvil podedes escoitar os audios e vídeosque iréi compartindo no blog cas explicacións. Podedes contestar, preguntar...facendo comentarios no blog ou no meu correo enviademe fotos da vosa libreta ao correo a través do e-mail: beatriztemes@gmail.com ou beatriz@feijoozorelle.com
Tamén podedes acceder aos libros de texto: INFORMACIÓN
A mitose é a división celular na que a partir dunha célula nai, obtemos dúas células fillas idénticas entre sí e iguais a célula nai da que proveñen. Neste vídeo creado por Clara Taboada podedes atender a explicación do proceso mitótico:
Este concepto de división, cando o que realmente sucede e multiplicación dunha célula por dúas, resulta difícil de entender, pero grazas a canción e baile da mitose o alumnado de 1º e 2º de BAC este curso o fai de xeito máis doado. Aquí tedes o vídeo do curso pasado ca canción e representación da mitose:
Continuamos ca nova tarefa de Ciencia Activa deste curso: Un minuto de ciencia! A continuación vemos un resumo das ideas básicas da Deriva Continental de Alfred Wegener, precursora da Tectónica de Placas. Esta interesante animación foi realizada por Valeria Zapata de 4º da ESO. Non deixes de vela é fantástica:
Que é Ecoaula?
O alumnado de 4º da ESO A e a súa titora comprométense no coidado do medioambiente, cun xesto tan sinxelo coma a recollida selectiva de papeis e cartóns.
Na sesión de titoría do día 22 de outubro forraron unha caixa con papel de charol e fixeron unhas letras de goma eva, para nela tirar os papeis.
Moi importante: Papeis sen engurrar!
O coidado do medioambiente é necesario, os bosques, as árbores e plantas... son os pulmóns do noso planeta.
Como podemos aportar un pequeno gran de area dende a aula? Pois é doado, os papeis que xa empregamos e non necesitamos os recollemos porque pódense reciclar!
KHADY pega o papel na caixa!
SANDRA recorta as letras
CLARA E ADRI cortan e encolan letras
SHAKIRA recorta!
VALERIA e KHADY rematan a nova papeleira!
NON TE PERDAS ALGÚNS CONSELLOS PARA COIDAR O MEDIOAMBIENTE, A A IMPORTANCIA DE APROVEITAR OS PAPEIS E CARTÓNS:
É moi importante organizarnos antes das probas escritas! Despois do descanso estival costa un pouco volver a recuperar o ritmo de estudio do curso, non hai dúbida cunha boa planificación é esencial! Lembrade exercitar o cerebro, leer, facer esquemas, estar atentos nas clases, plantexar dúbidas, investigar sobre temas interesantes coma novas científicas, facer actividades interactivas recomendadas pola profe para aprender xogando, ou deseñar as túas propias actividades, se tes gañas de aprender o cerebro actívase! Dende a materia de bioloxía e xeoloxía axudareivos nesa planificación, lembrade: 1ª Avaliación Primeiros controis mes de outubro (23 ao 27 de outubro) Segundos controis mes de decembro (11 ao 15 de decembro) As probas escritas (70% da cualificación) de bioloxía e xeoloxía estarán distribuídas todo o curso deste xeito: 3º ESO B/ 4º ESO A martes 3º ESO A/ 2º BAC CTerra mércores 1º BAC/ 2º BAC Bio venres Traballos prácticos (30% da cualificación) elixe as túas participacións para cada avaliación: #ArtCienciaActiva: Elaboración de maquetas biolóxicas. Podcast: Selección de novas científicas e gravación para o canle de podcast do proxecto Ciencia Activa Vídeos: Gravar novas cientificas para o canle de youtube e tv en streaming Presentacións Ciencia Activa: Elabora a túa propia presentación en Power Point ou Google Drive. Microrrelatos científicos para o V Festival do Libro Aventuras Científicas: Teatro no V Festival do libro Couch- Kids: Ser cibermanager de alumnos de primaria Novos profes- pequenos científicos: Elexir prácticas sinxelas e explicarllas a alumnos de infantil e primaria. Consulta o Blog de alumnos de ESO e verás mellor e que consiste cada actividade: Ciencia Activa ESO é!
Lembra o dito do célebre Einstein: A creatividade é a intelixencia divertíndose!
O xoves 22 de xuño a punto de rematar o curso tivo lugar a despedida dos estudiantes de 4º da ESO. No acto de graduación fixose entrega dunha orla e unha beca a cada alumno e alumna por parte da súas titoras Beatriz Nieto e Beatriz Temes. Emotivas palabras as que adicou Alex Outeiriño a todos os seus compañeiros e unhas cariñosas palabras que a xefa de estudios dirixiu a todos en representación da dirección do colexio.
Un acto sinxelo pero cheo de moitas lembranzas e de bos desexos para unha nova etapa que comeza e que seguro conseguirán superar con éxito, con determinación e entrega.
Noraboa a tod@s e un feliz verán!
Moitos éxitos, vémonos en bacharelato!