viernes, 29 de mayo de 2020

Aparello Excretor 1ºBAC SESIÓN 31

SEMANA X
Sesión 31
O aparello excretor é o encargado de filtrar o sangue e xerar a urina para eliminala do organismo. O órgano principal son os riles cas súas unidades estruturais e funcionais que son as nefronas (onde ten lugar as dúas fases de formación da orina).


  1. Debuxa no caderno o aparello excretor cas partes.
  2. Que outras estruturas excretoras temos os humanos?

miércoles, 27 de mayo de 2020

Os axentes xeolóxicos e as formas de modelaxe en Galicia 3ºESO SESIÓN 19

SEMANA X
Sesión 19
Na sesión de hoxe veredes un vídeo cas explicacións da profe sobre dúas preguntas da unidade 10, nas páxinas 184 e 198. O rematar o vídeo contestade as actividades 26, 27 e 28 da páxina 198.



Evolución 4º ESO SESIÓN 27

SEMANA X
Sesión 27
Nesta sesión teremos unha clase online para estudiar as ideas básicas das principais Teoría evolutivas.
mércores 27 de maio as 11 horas Unidade 9

martes, 26 de mayo de 2020

Estrutura do Aparello dixestivo humano 1ºBAC SESIÓN 30

SEMANA X
Sesión 30
Como vimos repasando os principais aparellos implicados na respiración celular, hoxe ides debuxar as partes do Aparello dixestivo humano (tubo dixestivo e glándulas dixestivas) no voso caderno.




  1. Cales son as glándulas dixestivas? E cal é a súa función?
  2. Busca información e dí cales son os esfínteres ou válvulas que se atopan no percorrido do tubo dixestivo?(tes que atopar catro)
  3. Debuxa o aparello dixestivo sinalando as partes.

"DOS TEMPOS DOS MEUS AVÓS" construíndo unha árbore xenealóxica 4º ESO SESIÓN 26

SEMANA X
Sesión 26
Como vimos traballando en diferentes materias un proxecto multidisciplinar chamado "Dos tempos dos meus avós" propóñovos unha actividade para falar en familia en construir unha árbore xenealóxica estudando un carácter transmitido de xeración en xeración.

  • Elixe un carácter (a cor dos ollos escuros e claros, a estatura, os dedos largos ou cortos, o daltonismo,...) e elabora a ábore da túa familia, pregunta aos teus pais, avós, polo rasgo que vas a representar e xenera a árbore xenealóxica da túa familia canta máis información obteñas mellor!


lunes, 25 de mayo de 2020

Meteorización 3º ESO Sesión 18

SEMANA X
Sesión 18
Na sesión de hoxe imos seguir traballando o concepto de meteorización e a formación do solo, para isto resolve este test online e copia na libreta as respostas correctas.

TEST SOBRE DE CINCO PREGUNTAS METEORIZACIÓN Completa e copia as cinco respostas correctas no caderno)

TEST DE 10 PREGUNTAS SOBRE O SOLO (Completa online)

Aparello dixestivo en mamíferos 1ºBAC SESIÓN 29

SEMANA X
Sesión 29
Na sesión de hoxe imos repasar características do aparello dixestivo en mamíferos. Fai o test online e copia as respostas correctas no caderno.
APARELLO DIXESTIVO DE MAMÍFEROS

X Semana de confinamento Titoría 4º ESO A

SEMANA X

Nesta sesión de titoría comparto a guía de estudios superiores da Voz de Galicia que enviou, Ángeles, a nosa orientadora: GUÍA ESTUDIOS SUPERIORES

No blog do Departamento de Orientación podedes consultar e atopar asesoramento as vosas dúbidas, así coma no correo electrónico da titora e a orientadora.
Compártovos o documento guía cas adaptacións as programacións e co desnvolvemento do terceriro trimestre: Aquí

Actividades do código xenético 4º ESO Sesión 25

SEMANA X
Sesión 25
Hoxe ides practicar cas cuestións 55, 56, 57 e 58 do libro da páxina 167.
Neste enlace están as solucións pero intentade facelas primeiro, hai algunha de pensar un pouco.
SOLUCIONARIO CUESTIÓNS 55, 56, 57 E 58.

viernes, 22 de mayo de 2020

2007 Xuño e setembro 2º BAC SESIÓN 40

SEMANA IX
Sesión 4
Primeiro explicacións e solucións dos exames do 2007da profesora no vídeo e despois escribides as solucións e as enviades ao correo, todo o alumnado que está repasando para as ABAU de bioloxía ou ten que recuperar algunha avaliación.

O resto do alumnado fan as cuestións da terceira avaliación (inmunidade, microorganismos e xenética) e enviadeas ao correo., : 
PDF 2007


Repaso dos aparellos dixestivo e respiratorio 1ºBAC SESIÓN 28

SEMANA IX
Sesión 28
A nutrición celular que levamos a cabo nas células precisa de diferentes aparellos que fan posible que os nutrientes e o osíxeno cheguen ás células e os residuos coma o dióxido de carbono sexan explusados.
Hoxe repasaremos o aparello dixestivo (cun xogo) e o respiratorio (debuxando as partes na libreta e cun relaciona interactivo) cunhas actividades:
DEBUXA NA LIBRETA E FAI O RELACIONA ONLINE

XOGO PARA REPASAR A FUNCIÓN DO A. DIXESTIVO

jueves, 21 de mayo de 2020

2006 xuño e setembro 2ºBAC SESIÓN 39

SEMANA IX
Sesión 39
Hoxe xoves 21 de maio as 13 horas clase online para a explicación dos exames do 2006.
Primeiro explicacións e solucións da profesora e despois escribides as solucións e as enviades ao correo, todo o alumnado que está repasando para as ABAU de bioloxía ou ten que recuperar algunha avaliación.

O resto do alumnado fan as cuestións da terceira avaliación (inmunidade, microorganismos e xenética) e enviadeas ao correo., : 
PDF 2006
VIDEO DA CLASE:


miércoles, 20 de mayo de 2020

Meteorización 3º ESO SESIÓN 17

SEMANA IX
Sesión 17
Neste vídeo explico dúas preguntas da unidade 9 


Ao remate 

  1. Define: Meteorización e erosión
  2. Que é unha conca de sedimentación
  3. Tipos de meteorización e un exemplo explicado de cada unha


Información xenética 4º ESO SESIÓN 24

SEMANA X
Sesión 24
Clase online ás 11 horas mércores 20 de maio, para repasar principais conceptos da unidade 8 sobre Información xenética.
VÍDEO DA CLASE:


martes, 19 de mayo de 2020

Fondo libros e axudas para material escolar 2020-2021

Fondo libros e axudas para material escolar 2020-2021!



A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

 O prazo de solicitude empeza mañá 20 de maio e remata o 19 de xuño de 2020
 Poden solicitala: en liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte enlace: Solicitude electrónica (É preciso dispor de certificado dixital o «Chave 365». ou presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:30.
 Para máis información, poden chamar á secretaría do centro e consultar o Portal da Consellería de educación aquí.

Enlace ao Diario Oficial de Galicia

Actividades dos ácidos nucleicos 4ºESO SESIÓN 23

SEMANA IX
Sesión 23
Na páxina 166 do libro temos as actividades finais da unidade hoxe faredes 42, 43 e 44 para comprobar os coñecementos básicos sobre o ADN e o ARN.


SOLUCIÓNS ACTIVIDADES 42, 43 E 44 UNIDADE 8

Xuño e setembro 2005 2ºBAC SESIÓN 32

SEMANA IX
Sesión 32
Na sesión de hoxe ides ver o vídeo ca resolución do examen de xuño e setembro do 2005, primeiro visionado do vídeo cas explicacións e solucións da profesora e despois escribides as solucións e as enviades ao correo, todo o alumnado que está repasando para as ABAU de bioloxía ou ten que recuperar algunha avaliación.
O resto do alumnado fan as cuestións da terceira avaliación (inmunidade, microorganismos e xenética) e enviadeas ao correo., : 

Lembrade escribir as respostas e mandalas ao correo!

Introdución ao reino animal 1ºBAC SESIÓN 27

SEMANA IX
Sesión 27
Na sesión de hoxe imos facer un test online coma actividade inicial para lembrar que sabedes sobre as funcións de nutrición, relación e reprodución nos animais.
               Formulario online do reino animal



lunes, 18 de mayo de 2020

Deseño de actividades e post en CCMA 2ºBAC SEMANA IX

SEMANA IX
A materia de Ciencias Medioambientais non é avaliable nas ABAU, pero sí pondera coma nota de bacharelato, propoño o deseño de actividades prácticas, para favorecer a cualificación da media obtida ata agora, que serán publicadas no blog do alumnado da materia: PROXECTO CIENCIA ACTIVA. xa que todos sodes contribuíntes do blog do alumnado.
As actividades poden ser:

  • Entradas no blog que quedan como borradores onde tamén podedes insertar outras actividades.
  • Animacións "Un minuto de Ciencia"
  • Vídeos
  • Presentacións Google drive ou power point
  • Actividades interactivas en Educaplay
  • Infografías
  • Murales interactivos
  • Art Ciencia Activa
  • Podcast
  • Comentarios nas entradas do blog feitas por outros compañeiros que sexan evidencia da lectura e compresión do post.

IX SEMANA de confinamento TITORÍA

IX SEMANA
Nesta sesión de titoría falaremos da importancia do traballo en equipo, cada un pode aportar algo e o resultado sempre será mellor! Neste vídeo tendes en menos de dous minutos un exemplo moi claro da importancia do grupo, a colaboración e o equipo.


Nutrición en animais 1ºBAC SESIÓN 26

IX SEMANA
Sesión 26
Nesta sesión comezamos o estudio da nutrición animal, centrándonos na nutrición humana. 
Na páxina 296 tendes un esquema onde se repasa os aparellos implicados na nutrición celular

  • Cales son os aparellos implicados?
  • Cal é a función de cada un?
  • Define nutrición heterótrofa
  • Reacción da nutrición celular. (pista e inversa a fotosíntese)
As actividades resoltas enviádeas ao correo

As mutacións 4ºESO SESIÓN 22

SEMANA IX
Sesión 22
As mutacións son cambios no ADN a diferentes niveis, na páxina 156. Leer de xeito comprensivo os tipos de mutacións e contestar as cuestións 20,21 e 22 da páxina 156  e as enviades ao correo.

Repaso do Solo 3ºESO Sesión 16

XIX SEMANA
Sesión 16
Nesta sesión iniciamos a parte de xeoloxía cun repaso de conceptos básicos sobre os ecosistemas e o solo, para iso nas páxinas 162 e 163 atoparedes as solucións as seguintes actividades:

  1. Define: ECOSISTEMA, ECOSFERA, DESERTIZACIÓN E DESERTIFICACIÓN
  2. Que accións conducen á perda do solo?

Examen 2003 de repaso as ABAU 2ºBAC SESIÓN 31

IX SEMANA
Sesión 31
Na sesión de hoxe imos repasar os exames de xuño e setembro do 2003, primeiro visionado do vídeo cas explicacións e solucións da profesora e despois escribides as solucións e as enviades ao correo, todo o alumnado que está repasando para as ABAU de bioloxía ou ten que recuperar algunha avaliación.
O resto do alumnado fan as cuestións da terceira avaliación (inmunidade, microorganismos e xenética) e enviadeas ao correo.

viernes, 15 de mayo de 2020

Repasando o básico do ADN 1ºBAC SESIÓN 25

VIII SEMANA
Sesión 25

Hoxe temos unha sesión de repaso de conceptos básicos da molécula máis importante da bioloxía molecular: O ADN.
Lémbraste? Proba cantas acertas sen consultar!
 Formulario online conceptos básicos do ADN

ABAU 2002 Vídeo 2ºBAC SESIÓN30

VIII SEMANA
Sesión 30
Nesta sesión atende ó vídeo cas explicacións e solucións do exame e despois escribe as respostas fixándote e as envías por correo:



PDF EXAMES 2002

jueves, 14 de mayo de 2020

ABAU 2004 Clase online 2ºBAC SESIÓN 29

VIII SEMANA
Sesión 29
Nesta clase online as 13 horas resolveremos os exames de xuño e setembro de 2004.
PDF EXAMES 2004
Vídeo da clase:


miércoles, 13 de mayo de 2020

Enfermidades 3ºESO SESIÓN 15

VIII SEMANA
Sesión 15

  • As enfermidades infecciosas as producen os microorganismos como bacterias, fungos, protozoos ou virus. Estas enfermidades se contaxian (Páxina 147)
  • Hai outras enfermidades que non son producidas por microorganismos e non se contaxian (Páxina 154)
  • ACTIVIDADES:
  1. CITA DÚAS ENFERMIDADES CAUSADAS POR VIRUS, BACTERIAS, FUNGOS E PROTOZOOS.
  2. FAI UN ESQUEMA DOS TIPOS DE ENFERMIDADES NON INFECCIOSAS E CITA UNHA DE CADA GRUPO.


Actividades do código xenético 4ºESO SESIÓN 21

VIII SEMANA
Sesión 21
Na sesión de hoxe practicaredes exercicios do código xenético actividade 56 e 57 da páxina 167.


martes, 12 de mayo de 2020

Aplicando o código xenético 4ºESO SESIÓN 20

VIII SEMANA
Sesión 20
Nesta sesión ides facer o exercicio 17 do libro da páxina 150, antes mira o vídeo que repasa o concepto de replicación, transcripción e tradución.


A reprodución vexetal 1ºBAC SESIÓN 24

VIII SEMANA
Sesión 24

Nesta sesión fai este test online para repasar o aprendido
           Formulario da reprodución vexetal

Setembro 2001- 2ºBAC SESIÓN 28

VIII SEMANA
Sesión 28
Explicación do exame de selectividade de setembro 2001, tras o visionado do vídeo envía os exercicios, que xa resolveu a profe no vídeo. 
Atende o vídeo e estudia de xeito más doado! Ánimo!



PDF DO EXAME 2001

lunes, 11 de mayo de 2020

Actividades prácticas 2º BAC CCMA Semana VIII

SEMANA VIII
A partir desta semana do 11 de maio coma a materia de Ciencias Medioambientais non é avaliable nas ABAU, pero sí pondera coma nota de bacharelato, propoño o deseño de actividades prácticas para favorecer a cualificación da media obtida ata agora que serán publicadas no blog do alumnado da materia: PROXECTO CIENCIA ACTIVA. xa que todos sodes contribuíntes do blog do alumnado.
As actividades poden ser:

  • Entradas no blog que quedan como borradores onde tamén podedes insertar outras actividades.
  • Animacións "Un minuto de Ciencia"
  • Vídeos
  • Presentacións Google drive ou power point
  • Actividades interactivas en Educaplay
  • Infografías
  • Murales interactivos
  • Art Ciencia Activa
  • Podcast
  • Comentarios nas entradas do blog feitas por outros compañeiros que sexan evidencia da lectura e compresión do post.

VIII Semana de confinamento Titoría

VIII SEMANA
Querid@s alumn@s,
este un curso tomaredes decicións de futuro a maioría para cursar bacharelato e seguir cos estudios superiores, para todos déixovos este vídeo no que podedes reflexionar sobre todas as posibilidades de éxito que podedes chegar a desenvolver se o intentades:


Hai moitas posibilidades! Aprovéita todas!

Repaso de problema de dous xenes 4ºESO SESIÓN 19

VIII SEMANA
Sesión 19
Nesta sesión repasaredes un problema de dous xenes, intentaredes facelo SIN MIRAR O VÍDEO ATA REMATAR e despois comprobades a solución e explicación do vídeo, xa me enviades as dúbidas ou me confirmades se o entendedes.

PROBLEMA:
  • Dúas condicións herdables no home, as cataratas e a fraxilidade dos ósos, son debidas a alelos dominantes. Un home con cataratas e ósos fráxiles, cuxo pai tiña ollos e ósos normais, casou cunha muller sen cataratas e ósos fráxiles, cuxo pai tiña ósos normais. Indique: a) os xenotipos dos proxenitores; b) as proporcións xenotípicas e fenotípicas da súa descendencia.


SOLUCIÓN E EXPLICACIÓN:


O sistema inmunitario 3ºESO SESIÓN 14

VIII SEMANA
Sesión 15
Nesta sesión para entender como funciona o sistema inmunitario humano déixovos este vídeo de debuxos animados para entender como funcionan os glóbulos blancos e como actúan para  defenfernos dos antíxenos ou sustancias extranas (virus, bacterias, fungos...)


A continuación define

  • GLOBULOS BLANCOS E NOMEA OS TIPOS
  • QUE É UN ANTICORPO?
  • QUE É UN FAGOCITO?
  • QUE É UNHA VACINA?
CORRESPÓNDESE CA TEORÍA DAS PÁXINAS 150 E 151 DO LIBRO.

A fecundación de anxiospermas 1ºBAC SESIÓN 23

SEMANA VIII
Sesión 23
Na sesión de hoxe explicaremos a dobre fecundación de anxiospermas para rematar os conceptos esenciais da reprodución vexetal.
Clase online luns 11 de maio as 12h.
VIDEO DA CLASE:


Bioloxía MODELO 2020- 2º BAC-SESIÓN 27

OCTAVA SEMANA
Sesión 27
Clase online 11 de maio ás 12h resolución e explicacións da proba modelo do 2020: MODELO 2020

VÍDEO DA CLASE:



PROBLEMA DO MODELO CATARATAS E ÓSOS FRÁXILES:

viernes, 8 de mayo de 2020

Semente e froito 1ºBAC SESIÓN 22

VII SEMANA
Sesión 22
Nesta sesión ides familiarizarvos cas partes dunha semente e do froito, na próxima clase online rematamos a explicación de cómo se forman no ciclo de anxiospermas, e hoxe debuxades as pertes na libreta:

FROITO E SEMENTE (A):

FROITO:

Xuño 2001 Exame de repaso 2ºBAC SESIÓN 26

VII SEMANA
Sesión 26
Na clase de hoxe repasamos o exame de xuño do 2001 está explicado no vídeo:

  • Debes ver o vídeo e responder as preguntas para enviarme, o alumnado que teña que preparar as ABAU ou recuperar algunha avaliación repasa todos os exames, os que teñan a primeira e segunda aprobadas e non vaian as ABAU con bioloxía só fan as preguntas de microorganismos, inmunidade ou xenética.

jueves, 7 de mayo de 2020

Repaso 3ª Avaliación 2ºBAC SESIÓN 25

VII SEMANA
Sesión 25
Na clase de hoxe imos comprobar o que estudiamos repasando unha proba de cursos anteriores.
      COMPROBA SE SABES A 3ª

Clase online xoves 7 de maio ás 13 horas
VÍDEO DA CLASE:

miércoles, 6 de mayo de 2020

A saúde e a enfermidade 3ºESO SESIÓN 13

VII SEMANA 
Sesión 13
Comezamos a sesión lendo as páxinas 146, 147, 148 e 149 da unidade 8 de saúde, enfermidade e sistema inmunitario, e contestades o seguinte formulario:

                Cuestionario de cinco preguntas

A expresión xénica 4ºESO SESIÓN 18

VII SEMANA
Sesión 18
Na clase de hoxe 6 de maio as 11h explicaremos: 

  • A expresión xénica 
  • O código xenético.
  • VÍDEO DA CLASE:

martes, 5 de mayo de 2020

RETO Celebrando O Día de Europa CCMA SESIÓN 15

VII SEMANA
Sesión 15
Nesta sesión vos propoño un RETO, que conta coma actividade práctica. Busca novas sobre a COVID19 en diferentes países de Europa e comparte o enlace no seguinte mural de Padlet:

Hecho con Padlet

Dende o ADN a unha proteína 4ºESO SESIÓN 18

VII SEMANA
Sesión 18
Nesta sesión comparto un vídeo en inglés pero subtitulado que dura tres minutos e explica de xeito animado como dende o ADN chega a formarse unha proteína nas células.


Tras o visionado intentade definir tres conceptos na libreta e os enviades por correo:
REPLICACIÓN, TRANSCRIPCIÓN e TRADUCCIÓN

Na clase do mércores aclararei tódalas dúbidas!

Debuxo dos aparellos reprodutores de anxiospermas 1ºBAC SESIÓN 21

VII SEMANA

Sesión 21

  • Na sesión de hoxe ides debuxar na libreta a flor de anxiospermas e despois os aparellos masculino e feminino separados, indicando o momento da meiose e a mitose en cada ún para dar os gametofitos (gran de pole e saco embrionario).
  • Despois podedes enviarme a foto ao correo.
  • PODEDES VER O VÍDEO DA CLASE se tendes dúbidas na sesión 20.


Repaso problemas 2ºBAC SESIÓN 24

VII SEMANA

Sesión 24
Repaso de dous problemas de xenética ao mesmo tempo que estudiades microorganismos e inmunidade:

  1.  Unha muller do grupo AB acaba de ter un fillo. Ao saír do hospital, entréganlle un neno e na tarxeta del di que é do grupo 0. a. Cres que houbo un erro ou pode ser o seu fillo auténtico? b. Se o pai do neno é do grupo 0, realiza o cruzamento e indica o grupo sanguíneo dos posibles fillos da parella.
  2.   Unha parella formada por unha muller portadora do xene da hemofilia e un home hemofílico queren saber como podería ser a súa descendencia. Explica o tipo de herdanza e realiza o cruzamento indicando o xenotipo e fenotipo de todos os posibles fillos da parella. 
A resolución a enviades ao meu correo.
Podedes ver explicacións de xenética AQUÍ

lunes, 4 de mayo de 2020

7ª Semana de confinamento TITORÍA

VII SEMANA

Queridos alumn@s,
esta semana pasada  estiven chamando as vosas familias para saudarvos a todos e animar a aqueles alumnos que precisaban retomar o seguemento online, coma sabedes podedes repasar, reforzar e/ou recuperar as avaliacións anteriores.
Xa só queda un mes e medio, o 19 de xuño é o último día lectivo. 
Oxalá aproveitedes o repaso telemático para superar todas as materias e non teñades que examinarvos na convocatoria extraordinaria.
Moitos de vos estaredes pensando no curso que ven, e o mellor para orientarvos é que visitedes o enlace ao Departamento de Orientación: ORIENTANDO DENDE CASA 
Moitos ánimos que xa queda pouco, aproveitade a saír a pasear ou correr que xa é un alivio nesta situación de confinamento nas casas.
Unha aperta e lembrade sempre ser positivos e estar activos!

A modelaxe eólica e litoral CCMA SESIÓN 14

VII SEMANA
Sesión 14

Nesta sesión imos repasar a modelaxe eólica e litoral onde o principal axente xeomorfolóxico é o vento.
Primeiro vemos un vídeo corto para situarnos nas principais características e despois contestamos unhas cuestións:



  • Que é a abrasión?
  • E a corrosión?
  • Define duna e loess.
  • Correntes de deriva que son?
  • Que é un cabo?
  • E unha praia?
  • Define un tómbolo e albufeira


Repaso 3ª avaliación 2ºBAC SESIÓN 23

VII SEMANA

Sesión 23
Clase online de repaso e dúbidas da terceira avaliación:

  • Temas 17 e 18 dos microorganismos
  • Temas 19 e 20 a inmunidadade
  • O luns 4 de maio ás 11 horas
  • VÍDEO DA CLASE:

Reprodución de anxiospermas 1º BAC SESIÓN 20

VII SEMANA
Sesión 20


Nesta clase online imos introducir o proceso reproductor de anxiospermas, 
o día 4 de maio as 12h.

VÍDEO DA EXPLICACIÓN DA CLASE:


Test de repaso da Reprodución humana 3ºESO SESIÓN 12

VII SEMANA

Sesión 12
Repaso da reproducción cun formulario online de dez preguntas tipo test que xa che dan o resultado, é moi fácil accede aquí e repasa xogando!

   Test online de repaso da reprodución humana

Test sobre estrutura e composición do ADN 4ºESO SESIÓN 17

VII Semana
Sesión 17
Na sesión de hoxe imos repasar a composición e estrutura do ADN explicada na clase online e que podedes repasar o ver o vídeo da clase ou na páxina 150 e 151 do libro,
A quí vos deixo este sinxelo test online:
  FORMULARIO ONLINE DE REPASO DO ADN