Mostrando entradas con la etiqueta XEOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XEOLOXÍA. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de noviembre de 2021

O vulcanismo activo en España!

 A Dinámica do noso planeta é interna e externa, a diario vemos as consecuencias da dinámica externa provocada polos axentes xeomorfolóxicos ca meteorización, erosión, transporte e sedimentación. O dinamismo interno da Terra manifestase a través de seísmos, actividade volcánica, tectónica de placas...e poder observar as súas consecuencias non é moi frecuente.

Este mes de setembro iniciouse un insólito espectáculo xeolóxico, a erupción do volcán Cumbre Vieja na illa de La Palma en Canarias, esta erupción tan activa está supondo un grave impacto medioambiental, económico e por suposto social.

Na materia de bioloxía e xeoloxía no colexio Padre Feijoo- Zorelle tratamos este tema de xeito paralelo a realidade xeolóxica e informativa que estamos a vivir en España nestes dous últimos meses.

Nos blogs de alumnos da materia supervisados pola profesora, Beatriz Temes, o alumnado de 4º ESO xestiona o blog: Ciencia Activa ESO é! e o alumnado de Ciencias da Terra e o medioambiente de 2ºBAC son os encargados do blog : Proxecto Ciencia Activa, publicaron un total de catorce entradas neste dous meses de actividade volcánica, que conteñen: Podcasts, infografías, roscos de palabras, vídeos e novas facendose eco da recente e intensa actividade volcánica e as súas consecuencias sísmicas, atmosféricas, oceánicas e sendo conscientes e solidarios ca grave situación que está a vivir a poboación da illa canaria. 

Neste padlet recóllese a recopilación destas actividades:

Made with Padlet

O alumnado de 1º ESO guiados pola profesora Rosa Mª Pérez estudiaron as partes dos volcáns e os impactos da súa erupción, empregando maquetas para comprender mellor a estrutura dun cono volcánico. Ademáis con motivo do segundo mes consecutivo da actividade do volcán de "Cumbre Vieja", elaboraron mensaxes de ánimo e solidariedade ca poboación de La Palma, que están a vivir está sorprendente e complicada situación.








miércoles, 10 de junio de 2020

As rochas metamórficas 3º ESO SESIÓN 23

SEMANA XII
Sesión 23
 Rochas metamórficas.       
As rochas metamórficas xéranse a partir de rochas prexistentes que, como consecuencia de sufrir un aumento importante de temperatura e de presión por procesos xeolóxicos (enterramento, intrusión de magmas, etc.), sofren reaxustes. Este reaxuste ocasiona cambios nos seus minerais e composición química de forma que a rocha orixinal (sedimentaria, ígnea ou metamórfica) transfórmase nun novo tipo que chamamos rocha metamórfica. O proceso metamórfico realízase en estado sólido, é dicir, as transformacións prodúcense sen que a rocha chegue a fundirse. Cambios de sólido cristalino a sólido cristalino, sen pasar por materia amorfa.
A maioría das rochas metamórficas caracterízanse por un aplastamiento xeral dos seus minerais que fai que aparezan orientados de forma plana dando lugar a unha laminación da rocha. Este fenómeno denomínase foliación.

Actividades:
TEST INTERACTIVO
QUE ROCHAS METAMÓRFICAS E CALES IGNEAS PÓDENSE ATOAR EN GALICIA?

lunes, 8 de junio de 2020

As rochas ígneas ou magmáticas 3º ESO SESIÓN 22

SEMANA XII
Sesión 22

  • Clasificación das rochas (Ígneas, sedimentarias e metamórficas)
  • Lembremos que un mineral é un sólido cristalino con estrutura interna. 
  • Unha rocha é un agregado de minerais.
  • As rochas de todo o planeta só pertencen a tres grandes grupos: ÍGNEAS, SEDIMENTARIAS E METAMÓRFICAS.
1. Rochas ígneas.  
Son rochas xeradas polo enfriamento dunha masa líquida de composición silicatada que procede do interior da Terra. Esta masa fundida atópase a altas temperaturas (magma). Cando se arrefría e solidifica durante o seu ascenso cara á superficie da Terra, en zonas próximas á superficie (cortiza terrestre) dá lugar ás rochas plutónicas, mentres que cando se arrefría e solidifica na superficie dá lugar ás rochas volcánicas. O paso de magma (materia amorfa) a rocha magmática (materia cristalina) chámase "solidificación".






miércoles, 3 de junio de 2020

Modelos da Terra e discontinuidades.3º ESO SESIÓN 21

SEMANA XI
Sesión 21
Atendendo as explicacións do vídeo repasaremos a estrutura da Terra dun xeito moi completo, atendendo os dous modelos de estudio terrestre:
O químico e o geofísico.



  • ACTIVIDADE: NOMEA AS DISCONTINUIDADES E SINALA A PROFUNDIDADE NA QUE SE ATOPAN E AS CAPAS QUE SEPARAN.

lunes, 1 de junio de 2020

Estrutura Interna da Terra 3ºESO SESIÓN 20

SEMANA XI
Sesión 20
A estrutura interna da Terra
Para coñecer as partes da estrutura do interior terrestre recurrimos a métodos de estudio directos (prospección mineral, análise de meteoritos) e indirectos (os seísmos, o calor interno, a gravidade, o paleomagnetismo...)
De tódolos métodos o que máis información da son as ondas sísmicas e a súa velocidade, un cambio na velocidade destas ondas determina unha superficie de discontinuidade, que indica unha diferencia na composición química dos materiais que atraviesa.
Neste vídeo tes unha explicación moi sinxela dos dous modelos da estructura interna da Terra:
A continuación na unidade 11 do libro de texto poderás atopar as capas mecionadas no vídeo.

ACTIVIDADE: Realiza na libreta un debuxo cas capas internas que podemos atopar na estrutura interna da Terra.

miércoles, 27 de mayo de 2020

Os axentes xeolóxicos e as formas de modelaxe en Galicia 3ºESO SESIÓN 19

SEMANA X
Sesión 19
Na sesión de hoxe veredes un vídeo cas explicacións da profe sobre dúas preguntas da unidade 10, nas páxinas 184 e 198. O rematar o vídeo contestade as actividades 26, 27 e 28 da páxina 198.



lunes, 25 de mayo de 2020

Meteorización 3º ESO Sesión 18

SEMANA X
Sesión 18
Na sesión de hoxe imos seguir traballando o concepto de meteorización e a formación do solo, para isto resolve este test online e copia na libreta as respostas correctas.

TEST SOBRE DE CINCO PREGUNTAS METEORIZACIÓN Completa e copia as cinco respostas correctas no caderno)

TEST DE 10 PREGUNTAS SOBRE O SOLO (Completa online)

miércoles, 20 de mayo de 2020

Meteorización 3º ESO SESIÓN 17

SEMANA IX
Sesión 17
Neste vídeo explico dúas preguntas da unidade 9 


Ao remate 

  1. Define: Meteorización e erosión
  2. Que é unha conca de sedimentación
  3. Tipos de meteorización e un exemplo explicado de cada unha


lunes, 18 de mayo de 2020

Repaso do Solo 3ºESO Sesión 16

XIX SEMANA
Sesión 16
Nesta sesión iniciamos a parte de xeoloxía cun repaso de conceptos básicos sobre os ecosistemas e o solo, para iso nas páxinas 162 e 163 atoparedes as solucións as seguintes actividades:

  1. Define: ECOSISTEMA, ECOSFERA, DESERTIZACIÓN E DESERTIFICACIÓN
  2. Que accións conducen á perda do solo?

lunes, 4 de mayo de 2020

A modelaxe eólica e litoral CCMA SESIÓN 14

VII SEMANA
Sesión 14

Nesta sesión imos repasar a modelaxe eólica e litoral onde o principal axente xeomorfolóxico é o vento.
Primeiro vemos un vídeo corto para situarnos nas principais características e despois contestamos unhas cuestións:



  • Que é a abrasión?
  • E a corrosión?
  • Define duna e loess.
  • Correntes de deriva que son?
  • Que é un cabo?
  • E unha praia?
  • Define un tómbolo e albufeira


martes, 28 de abril de 2020

A modelaxe fluvial CCMA 2º BAC SESIÓN 13

SEXTA SEMANA
Sesión 13
Nesta sesión repasamos a modelaxe fluvial primeiro co visionado deste vídeo e a continuación contestando estas cuestións:

  • Define caudal, cauce, perfil lonxitudinal, meandro.
  • Cales son as formas de sedimentación da modelaxe fluvial?
  • Como se realiza o transporte dos materiais?
  • Que é unha rede hidrográfica?


lunes, 27 de abril de 2020

A modelaxe glaciar 2º BAC CCMA SESIÓN 12

SEXTA SEMANA
Sesión 12
Nesta sesión repasaremos a modelaxe glaciar, déixovos este vídeo de dous minutos da Unesco onde podemos ver a grandiosidade dos glaciares.


Cuestións:

  1. Que é un glaciar?
  2. Tipos de glaciares.
  3. En Galicia pode haber glaciares? De que tipo?
  4. Que son as morrenas?
  5. Que é un lago glaciar?. Tipos


lunes, 20 de abril de 2020

A modelaxe eólica e litoral 2ºBAC CCMA SESIÓN 10

Iniciamos a QUINTA SEMANA de confinamento por crise COVID19
Sesión 10
Nesta sesión preocedes ao visionado do vídeo e contestades as seguintes cuestións:
  • Identifica as formas de erosión, transporte e sedimentación dunha paisaxe l eólica e literal . Completa a búsqueda de información no libro de texto.


martes, 14 de abril de 2020

Conceptos previos 2ºBAC CCMA SESIÓN 8

Retomamos o seguemento do curso na CUARTA SEMANA de confinamento por COVID19
Sesión 8

Iniciamos a unidade 8: Dinámica externa e o relevo contestando as seguintes cuestións:

martes, 26 de mayo de 2015

Novos profes explican o ciclo das rochas!

Os alumnos de 4º ESO A estudian o ciclo das rochas de xeito distinto, xa que os seus compañeiros Víctor, Stella e Sandra de xeito voluntario documentáronse cada un sobre un tipo de rochas e déronlle as explicacións de como se formaban ao resto de alumnos. Dividiuse a clase en dous grupos e fumos o laboratorio de Ciencias para facilitar a atención e visualizar os minerais e rochas mellor!
O ambiente ígneo ou magmático preparóuno Stella, o sedimentario Sandra e o metamórfico Víctor, cada ún ía seleccionando os minerais e rochas máis representativos e os mostraba os compañeiros explicando as características. Todos atendían porque o ciclo das rochas entra na proba escrita!
Noraboa a Sandra, Stella e Víctor polo voso traballo!

jueves, 3 de abril de 2014

Seísmo no Norte de Chile!

Un seísmo de magnitude 8.2 na escala Ritcher sacude a costa de Chile na noite do martes 1 de abril, causando a lo menos cinco mortos e miles de afectados. Á alerta de tsunami obrigou a desaloxar a costa, as olas acadaron ata varios metros pero non causaron danos. Os movementos sísmicos tamén se sentiron en Ecuador e Perú.
A Tectónica de Placas principal causantes dos seísmos, lembrade no mapa a situación de Chile, no límite de subducción da Placa Nazca e a Placa Sudamericana.
 Os xeólogos predicen un novo seísmo na zona aínda maior!

miércoles, 30 de mayo de 2012

Rochas Sedimentarias

Os alumnos de 4ºESO e 1ºBAC tendes que continuar a actividade que empezamos na aula de informática, neste vídeo tendes información sobre os tipos de rochas sedimentarias, clasificación e exemplos..


TAREFA: Facede un esquema na libreta que revisaréi a próxima semana.

martes, 15 de mayo de 2012

Tectónica de Placas e Ciclo das Rochas

 Este vídeo animado facilita a comprensión do Ciclo das Rochas, de xeito sinxelo para ter unha idea básica e clara de como se orixinan.A continuación tedes este outro que recolle as ideas xerais da Teoría da Tectónica de Placas e facilita a súa comprensión.


martes, 8 de mayo de 2012

A Modelaxe Litoral

A continuación neste vídeo, podedes ver algunhas formas representativas do relevo da costa, que estaremos estudiando no tercer trimestre nos cursos de 3º, 4º ESO, e 1ºBAC

miércoles, 4 de mayo de 2011

Tsunamí no Xapón

Os riscos xeolóxicos como os seísmos precisan medidas de predicción e prevención, pero aínda así en ocasións a forza da natureza escápase ao control do home. Aquí podes ver algunhas fotos e un vídeo que reflexan a magnitude da catástrofe: