Mostrando entradas con la etiqueta 26 DE MAIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 26 DE MAIO. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de mayo de 2020

Estrutura do Aparello dixestivo humano 1ºBAC SESIÓN 30

SEMANA X
Sesión 30
Como vimos repasando os principais aparellos implicados na respiración celular, hoxe ides debuxar as partes do Aparello dixestivo humano (tubo dixestivo e glándulas dixestivas) no voso caderno.




  1. Cales son as glándulas dixestivas? E cal é a súa función?
  2. Busca información e dí cales son os esfínteres ou válvulas que se atopan no percorrido do tubo dixestivo?(tes que atopar catro)
  3. Debuxa o aparello dixestivo sinalando as partes.

"DOS TEMPOS DOS MEUS AVÓS" construíndo unha árbore xenealóxica 4º ESO SESIÓN 26

SEMANA X
Sesión 26
Como vimos traballando en diferentes materias un proxecto multidisciplinar chamado "Dos tempos dos meus avós" propóñovos unha actividade para falar en familia en construir unha árbore xenealóxica estudando un carácter transmitido de xeración en xeración.

  • Elixe un carácter (a cor dos ollos escuros e claros, a estatura, os dedos largos ou cortos, o daltonismo,...) e elabora a ábore da túa familia, pregunta aos teus pais, avós, polo rasgo que vas a representar e xenera a árbore xenealóxica da túa familia canta máis información obteñas mellor!