Mostrando entradas con la etiqueta ALIMENTACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALIMENTACIÓN. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de junio de 2020

Os alimentos transxénicos 1ºBAC SESIÓN 36

SEMANA XII
Sesión 36
Os alimentos transxénicos
Introdución
Nos países pobres a xente morre de fame. Nos países ricos a alimentación é excesiva e produce problemas de saúde. As pragas ou a falta de adaptación de especies vexetais ou animais a novos ambientes dificulta a produción de alimentos. A conservación, a cor ou o sabor do alimento é clave para a súa posta no mercado.
Podemos resolver estes problemas modificando xeneticamente algunhas especies. Pode isto supoñer a aparición de novos problemas?

Descrición da tarefa
Propoño unha tarefa de investigación, utilizando como ferramenta a información que se pode obter a través de Internet. Debes descubrir:

  1. Que son os alimentos transxénicos?
  2. Que beneficios poden obterse do seu uso?
  3. Que prexuízos poden producir na saúde ou o medio ambiente?
  4. Ten fundamento o rexeitamento destes produtos por algúns sectores sociais?

domingo, 3 de junio de 2018

O azúcar escondido!

Resultado de imagen de glucosaCon motivo da IV Semana das Ciencias o alumnado de 4º de secundaria de Ciencia Activa, realizou unha actividade sobre o azúcar presente en diferentes produtos alimentarios. No laboratorio de Ciencias Naturais preparouse unha exposición dos diferentes alimentos cunha dose calculada do azúcar que conteñen, ademáis elaboraron un mural con fotos e as equivalencias de contido en azúcar para expór no hall. 
O luns día 4 de xuño darase a coñecer esta actividade. Adicarán varias sesións a explicar a outros compañeiros esta tarefa educativa:
 Canto azúcar tomas?
A exposición representa: chocolate, refrescos, galletas, tostadas, yogures, zumos, patatas... No seguinte audio a profesora de bioloxía da unhas pautas básicas antes de visitar a exposición ca clasificación e contido de azúcar. 
 Non deixes de escoitalo:

  A finalidade da actividade é mellorar hábitos alimentarios e calcular a dose de azúcar que inxerimos en exceso.



jueves, 21 de diciembre de 2017

Os alimentos e a nutrición

Unha das tarefas que desnvolvemos dentro da materia de Bioloxía e xeoloxía e a elaboración de presentacións e audiovisuais que reforcen o estudiado nas clases. Así neste vídeo Agustín David Da Silva Rodriguez, alumno de 3º de ESO A, o explica dun xeito ameno e claro. Lembrando que unha dieta é o conxunto de alimentos que inxerimos e que os alimentos agrúpanse en tres grandes grupos: Enerxéticos, Plásticos e Reguladores. Non podemos esquecer que nos alimentamos e respiramos cun único fin: A nutrición celular, e dicir obter enerxía para poder desempeñar as funcións vitais de todo ser vivo.


domingo, 16 de octubre de 2016

Día Mundial da Alimentación 2016

 O clima está cambiando. A alimentación e a agricultura tamén.

A poboación mundial crece de xeito constante e para cubrir unha demanda tan grande de alimentos, os países teñen que adaptar os sistemas agrícolas e alimentarios á os efectos do cambio climático e facerse resilientes, productivos e sostibles.



O obxectivo mundial de lograr o Fame Cero fixouse para 2030: un obxectivo ambicioso e que non pode acadarse sen facer frente ao cambio climático!
O ano 2016, un ano para actuar! 

Na Cume do Desenvolvemento Sostible da ONU en setembro do 2015, un total de 193 países comprometéronse a rematar ca fame no mundo nos próximos quince anos. O histórico Acordo de París sobre o Cambio Climático está listo para entrar en vigor, xusto a tempo para a próxima conferencia sobre o cambio climático, COP22, que terá lugar do 7 ao 18 de novembro de 2016 en Marrakech.


A nosa tarea colectiva é cambiar os compromisos en accións! Que podo facer?
Cada un temos un papel que desempeñar para mitigar os efectos do cambio climático:

  • Os países teñen que invertir nos pequenos agricultores e no aumento sostible da producción de alimentos.
  • Sexamos consumidores conscientes e éticos.
  • Desperdiciemos menos alimentos.
  • Non desperdiciar auga
  • Diversificar a nosa dieta
  • Manter limpos solos e auga
  • Eficiencia enerxética
  • Almacenar alimentos de forma intelixente
  • Xenerar menos basura
  • Protexamos os bosques e aforremos papel
  • Promovamos solucións!
Reducir a nosa pegada ambiental para mellorar as cousas!

viernes, 16 de octubre de 2015

16 de outubro Día Mundial da Alimentación



A finalidade do Día Mundial da alimentación é concienciar ós pobos do mundo da problemática da fame, e fomentar a solidariedade ca desnutrición e a pobreza.
No 2015 este día adícase a previr a pobreza rural.
Neste vídeo da FAO resume a problemática da falta de alimento e como a idea da conmemoración este ano é a protección social e agrícola para romper o ciclo da pobreza rural.



jueves, 16 de octubre de 2014

Día Mundial da Alimentación 2014: ALIMENTAR O MUNDO, COIDAR O PLANETA!

A finalidade desta conmemoración é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.
Os agricultores familiares xestionan as súas terras con altos niveis de productividade a pesar de ter poucas axudas económicas. É complicado a explotación agrícola familiar porque depende das condicións climatolóxicas, da fertilidade do solo e das subvencións que precisan moitos dos pequenos agricultores.
 Por iso é unha moi boa iniciativa resaltar neste día a relevancia destas actividades familiares en todo o mundo, resaltar a súa importancia e fomentar as axudas que precisen! 

Para obter máis información sobre o Día Mundial da Alimentación podedes consultar o seguinte post do Proxecto Ciencia Activa e o audio feito tamén sobre o tema por os alumnos de BAC.