Mostrando entradas con la etiqueta CONFERENCIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONFERENCIAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de noviembre de 2016

Videoconferencia: O monte é a nosa vida!

O próximo martes 15 de novembro dende o colexio Padre Feijoo ás 12 horas conectaremos online co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). 
Nesta videoconferencia desenvolverase unha charla divulgativa dirixida a estudiantes de secundaria na que se resaltará a importancia dos bosques e os seus valores dende o punto de vista económico, social e medioambiental, organizada por Confemaderas de Galicia.
Os estudiantes de 3º e 4º da ESO terán a oportunidade de participar nun chat para plantexar dúbidas que podan xurdir o remate da charla.

sábado, 30 de abril de 2016

Charla sobre Ciencia Activa

O día 12 de abril impartín unha charla a través do Cefore de Ourense, a outros mestres e mestras no CEIP " Ben Cho Shey", contando a miña experiencia co Proyecto Ciencia Activa dende o ano 2013 ata hoxe. Esta foi a presentación que empreguei na charla, na que compartín as actividades desenvolvidas en Ciencia Activa durante un par de horas.
Na exposición conto con entusiasmo e satisfacción, o ben que traballan os estudiantes de ESO e BAC de Ciencia Activa do colexio Padre Feijóo-Zorelle, e ademáis encántame falar de tod@s e contar anécdotas, compartir vivencias docentes que me enriquecen coma profesora e como persoa.



Foi un privilexio poder falar e mostrar os traballos e a metodoloxía que empregamos, nas diferentes tarefas que se fan en Ciencia Activa, e que plasmamos nos dous blogs de alumnos de proyecto:
Blog alumnos Bac: Proxecto Ciencia Activa
Blog de alumnos Eso: Ciencia Activa, ESO é! 

Considero unha sorte poder adicarme a un traballo apasionante, a ensinanza, no que aprendo tódolos días dos meus alumn@s!


bea4




lunes, 17 de noviembre de 2014

Charla: Os nosos amigos, os lobos.

Os alumnos de 3º da ESO visitamos a Aula da Natureza do río Miño, para asistir a unha charla sobre o papel do lobo nos bosques, e a distribución actual do animal na Península Ibérica e en Galicia.
O axente forestal Marco Coimbra, explicou dun xeito ameno a localización do lobo en Galicia, as manadas existentes na provincia de Ourense, a descripción do animal, hábitos alimenticios, estudo das feces, escoita de aullidos...E como conclusión que desterremos a imaxe negativa que temos deste animal, que hai que buscar o equilibrio entre gandeiros, cazadores e o lobo, un animal nobre membro importante da nosa fauna ibérica.

sábado, 23 de noviembre de 2013

Visita á Aula da Natureza de Oira

Alumnos de secundaria de 3º e 4º de ESO asistiron a unha charla sobre os lobos, para coñecer as súas características, a historia e presencia desta especie na Península Ibérica e nos montes galegos en particular. Máis información neste enlace:  Canis lupus. 
Podedes lembrar a charla nesta secuencia de fotos.

lunes, 6 de mayo de 2013

Día do Científico Galego 2013: Padre Feijoo

     Hoxe, a través da Área de Investigación e Educación da Fundación Pedro Barrié en colaboración coa Real Academia Galega das Ciencias, os alumnos de 3º e 4º da ESO descubriron algunhas experiencias científicas que cambiaron a percepción do mundo. Experiencias eléctricas de Galvani e Leyden, experimentos de Bacon... entre outras actividades sorprendentes, como homenaxe a figura do ourensán Padre Feijoo distinguido como Científico Galego no ano 2013.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Pregúntalle ó científico!

O día 23 de xaneiro, unha representación de alumnos do noso Colexio ten a posibilidade de asistir a un debate co Doutor Rafael Maldonado no Auditorio. Os alumnos que xa visitástedes a exposición Falemos de Drogas e importante que consultedes as tres unidades didácticas para facer cuestións sobre elas. As preguntas elixidas enviaranse ós organizadores e as faredes directamente ó científico.
As cuestións podedes darmas na aula ou ben envialas como comentarios a esta entrada, antes do xoves.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Visita á exposición: "Falemos de Drogas"

Os alumnos da ESO do Colexio, visitaron a exposición interactiva sobre a prevención e os efectos das drogas na saúde e na sociedade, organizada pola Fundación A Caixa e o Concello de Ourense.
É moi importante que consultedes esta dirección www.hablemosdedrogas.org , onde tedes toda a información e tamén podedes facer unha visita virtual.
Resulta moi interesante e formativo para todos, pais,  profesores, e por suposto rapaces!

Nesta foto está o grupo de 4ºESO A
antes da visita guiada á Exposición.