Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de junio de 2020

Repasando O Reino Animal 1ºBAC SESIÓN 37

SEMANA XII
Sesión 37
Rematamos a semana cun test interactivo de 50 preguntas, aprende e xoga, pregúntate: Canto sei e lembro do Reino animal?

viernes, 5 de junio de 2020

O sistema Endocrino 1ºBAC SESIÓN 34

SEMANA XI
Sesión 34
HOXE COMPÁRTOVOS UN VÍDEO PARA QUE CON HUMOR ESCOITEMOS AS FUNCIÓNS DO SISTEMA ENDOCRINO E RAMATEMOS A SEMANA CUN SORRISO, VEDES O VÍDEO E NA PRÓXIMA SESIÓN PROFUNDIZAREMOS NO ESTUDIO DO SISTEMA ENDOCRINO:


martes, 2 de junio de 2020

O sistema Nervioso 1ºBAC SESIÓN 33

SEMANA XI
Sesión 33
Neste vídeo atoparemos unha clara e completa información dp Sistema Nervioso:

ACTIVIDADES:
  • DEBUXA A NEURONA CAS PARTES.
  • FAI UN ESQUEMA CA ESTRUTURA  DO SISTEMA NERVIOSO.
  • INDICA A FUNCIÓN DE CADA ESTRUTURA DO SISTEMA NERVIOSO CENTRAL.



lunes, 1 de junio de 2020

A función de relación 1ºBAC SESIÓN 32

SEMANA XI
Sesión 32
A función de relación e a que permite captar cambios ambientais (estímulos) e responder a eles. No ser humano existen dous sistemas de coordinación o Sistema nervioso e o sistema Hormonal.
Neste vídeo podedes ver as características xerais que os diferencian.


ACTIVIDADE: FAI UN ESQUEMA NA LIBRETA CAS DIFERENCIAS ENTRE OS DOUS SISTEMAS DE COORDINACIÓN

viernes, 29 de mayo de 2020

Aparello Excretor 1ºBAC SESIÓN 31

SEMANA X
Sesión 31
O aparello excretor é o encargado de filtrar o sangue e xerar a urina para eliminala do organismo. O órgano principal son os riles cas súas unidades estruturais e funcionais que son as nefronas (onde ten lugar as dúas fases de formación da orina).


  1. Debuxa no caderno o aparello excretor cas partes.
  2. Que outras estruturas excretoras temos os humanos?

martes, 26 de mayo de 2020

Estrutura do Aparello dixestivo humano 1ºBAC SESIÓN 30

SEMANA X
Sesión 30
Como vimos repasando os principais aparellos implicados na respiración celular, hoxe ides debuxar as partes do Aparello dixestivo humano (tubo dixestivo e glándulas dixestivas) no voso caderno.




  1. Cales son as glándulas dixestivas? E cal é a súa función?
  2. Busca información e dí cales son os esfínteres ou válvulas que se atopan no percorrido do tubo dixestivo?(tes que atopar catro)
  3. Debuxa o aparello dixestivo sinalando as partes.

lunes, 25 de mayo de 2020

Aparello dixestivo en mamíferos 1ºBAC SESIÓN 29

SEMANA X
Sesión 29
Na sesión de hoxe imos repasar características do aparello dixestivo en mamíferos. Fai o test online e copia as respostas correctas no caderno.
APARELLO DIXESTIVO DE MAMÍFEROS

viernes, 22 de mayo de 2020

Repaso dos aparellos dixestivo e respiratorio 1ºBAC SESIÓN 28

SEMANA IX
Sesión 28
A nutrición celular que levamos a cabo nas células precisa de diferentes aparellos que fan posible que os nutrientes e o osíxeno cheguen ás células e os residuos coma o dióxido de carbono sexan explusados.
Hoxe repasaremos o aparello dixestivo (cun xogo) e o respiratorio (debuxando as partes na libreta e cun relaciona interactivo) cunhas actividades:
DEBUXA NA LIBRETA E FAI O RELACIONA ONLINE

XOGO PARA REPASAR A FUNCIÓN DO A. DIXESTIVO

martes, 19 de mayo de 2020

Introdución ao reino animal 1ºBAC SESIÓN 27

SEMANA IX
Sesión 27
Na sesión de hoxe imos facer un test online coma actividade inicial para lembrar que sabedes sobre as funcións de nutrición, relación e reprodución nos animais.
               Formulario online do reino animal



lunes, 18 de mayo de 2020

Nutrición en animais 1ºBAC SESIÓN 26

IX SEMANA
Sesión 26
Nesta sesión comezamos o estudio da nutrición animal, centrándonos na nutrición humana. 
Na páxina 296 tendes un esquema onde se repasa os aparellos implicados na nutrición celular

  • Cales son os aparellos implicados?
  • Cal é a función de cada un?
  • Define nutrición heterótrofa
  • Reacción da nutrición celular. (pista e inversa a fotosíntese)
As actividades resoltas enviádeas ao correo

martes, 8 de octubre de 2019

Maravillas animais nas Rías Galegas!

Resultado de imagen de caballito de marNas Rías Galegas hai unha gran riqueza de especies.A situación das rías na plataforma continental, onde o aporte de sedimentos é grande, hai que engadirlle o fenómeno local de afloramento de aguas profundas e frías cheas de nutrientes, que fan das rías un lugar axeitado para a acuicultura. Lembremos o Parque Nacional das Illas Atlánticas limitando as Rías Baixas Galegas, un enclave privilexiado para atopar especies endémicas e de gran valor medioambiental. En resumo, as augas galegas son ricas en biodiversidade!

Neste vídeo podemos ver preciosas imaxes sobre as peculiaridades do "Cabaliño de mar" nas augas galegas, unha especie cuxa presencia garantiza a calidade das augas xa que é un fiable bioindicador biolóxico!

Sabías que:
Está cuberto de placas óseas coma se levase unha armadura?
E o macho o que queda preñado?
Usa a súa cola para suxetarse?
Hibernan? ou que aspiran o zooplanton do que se alimentan?...

estas e outras curiosidades podémolas ver neste vídeo publicado por GCiencia, unha verdadeira maravilla da Natureza nas augas de Galicia!