Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIENCIA. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de febrero de 2018

Celebrando o Día da muller e a nena na ciencia!

Ao longo da historia as mulleres tiveron moitas dificultades para poder estudar e formarse de xeito similar aos homes, aínda podemos ver coma estas dificultades foron ainda maiores no eido científico.  
Para conmemorar o Día Internacional da muller neste vídeo lembramos algunhas das mulleres de ciencia que queremos destacar:


CURIOSIDADES DE GRANDES MULLERES de ciencia e galegas:

Dna Ángeles Alvariño foi pioneira da oceanografía, un buque de investigación leva o seu nome! Con este vídeo se resume a súa vida e aportacións científicas, no ano 2015 adicaron o Día da Ciencia en Galicia a esta pioneira oceanógrafa!


Sabías que a Enciclopedia mecánica foi patentada pola mestra ferrolá (nacida en León), Dna Ángela Ruiz Robles, en 1949, e que foi o antecedente dos libros electrónicos. Non deixes de ver este breve vídeo sobre Dona Angelita a mestra inventora!




Olimpia Valencia 1922.jpg
Olimpia Valencia Nuñez



Sabías que ...non hai nin un século dende que a primeira galega se licenciou en medicina e comenzou a exercer a profesión? Poi foi unha ourensana, Dona Olimpia Valencia, que abriu en Vigo a súa consulta de xinecoloxía vencendo todas as dificultades.


Sabías que...Manuela Barreiro é a primeira galega en licenciarse en Farmacia, e abríu a súa botica en Ribadeo, a pesar que á petición de ingresar na universidade lle contestaban: "Perden o tempo as familias que teñen o mal gusto de enviar ás súas fillas ao laboratorio". insistiu e logrouno!


domingo, 29 de octubre de 2017

Cambio de hora! Chega o outono!

Este domingo, 28 de outubro cambiou a hora por segunda vez este 2017. 
Os reloxos demoráronse unha hora, polo que ás tres da mañá volvéron a ser as dúas. Unha hora extra de soño que nos permitiu descansar máis este fin de semana pero que, como todos os anos, vai acompañada de polémica. 

España está na zona horaria correcta?

 



Todo aconteceu durante a Segunda Guerra Mundial, cando España e outros países europeos (excepto Portugal e Suíza) adiantaron a hora nese intre. E, aínda que en principio ía ser unha decisión temporal, o certo é que o noso país nunca máis volveu á zona horaria que lle correspondería pola súa latitude (o do meridiano de Greenwich GMT no inverno)
Tampouco o fixeron Francia, Bélxica ou Países Baixos. Por esta razón, en España temos a hora de Europa Central (de Berlín) en vez do Oeste (Londres), polo que temos unha hora antes de sol no inverno e dúas no verán. 
España ten a distinción de ter dúas horas oficiais, unha para a Península e as Illas Baleares e outra para as Illas Canarias, que son dunha hora dende 1922.
Este cambio de hora forma parte dunha directiva europea que afecta a todos os Estados membros da UE e ten como obxectivo aproveitar mellor as horas de sol, co fin de aforrar electricidade. En xeral, este cambio ten lugar o último fin de semana de outubro, no horario de inverno e no último de marzo, durante o verán.



martes, 3 de noviembre de 2015

4 de novembro- Día da Ciencia en galego!


Este mércores 4 de novembro o "Día da ciencia en galego", que reivindica a oportunidade do uso da lingua galega para a investigación, a divulgación e a docencia Este ano a efeméride estará adicada aos científicos galegos Carlos Gómez-Reino Carnota e Isidro Parga Pondal, este último universalmente considerado como símbolo do científico galego.
As tres universidades galegas teñen organizado eventos, dentro da rede na que participan en conxunto dende o ano 2010, co lema "En galego tamén se fai ciencia"
No mes de novembro desenvolveranse actividades de ciencia en galego e en Galicia.


.

sábado, 30 de mayo de 2015

Semana da ciencia no Colexio!

Con motivo da conmemoración do primero Día da Ciencia en Galicia (1 de xuño) e o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), o Colexio Padre Feijoo-Zorelle adica esta semana a expór traballos de Ciencia!
Participan tódolos niveis educativos: Infantil, primaria, ESO e bacharelato.
No hall do centro podemos ver unha representación das actividades realizadas nas materias de ciencias.


Na ESO e BAC:
O Departamento de Ciencias Naturais e o Departamento de Tecnoloxía, elaboraron unha maqueta do ADN, esta actividad recollerase no proxecto: "Coñecendo ao ADN" a través do blog de aula Proxecto Ciencia Activa.
Este blog tamén estará representado nun stand cun ordenador e alumnos contribuíntes do proxecto, que amosarán os  seus traballos na hora de entrada e salida do centro.
Destacar como actividad a conferencia que terá lugar o día 5 para alumnos de BAC, a cargo do doutor en informática, Iván Gómez Conde, que tratará o procesamento de imaxes e vídeo e o uso de drones!


jueves, 19 de marzo de 2015

Eclipse solar o 20 de marzo de 2015!

Os eclipses solares prodúcense cando desde a perspectiva da Terra a Lúa pasa por diante do Sol e o oculta. Dependendo do lugar do planeta no que se atope o observador, o fenómeno pode ser total, anular e parcial.
O eclipse solar terá unha magnitude de 0,8 na costa noroeste, e dicir, que dende Galicia, os observadores que miren o ceo verán desaparecer o 80% do diámetro solar trala sombra da Lúa, entre as nove e as 11 horas aproximadamente chegando ó seu máximo as 10 da mañá!
O eclipse porá a proba o sistema eléctrico europeo ó reducir considerablemente a producción fotovoltaica.
Os alumnos do Proxecto Ciencia Activa aclaran todos os aspectos do singular fenómeno no seguinte podcast,
que non podemos perder cas debidas precaucións!

Tamén podedes ter mañá información oficial do eclipse nas seguintes direccións:
Observatorio Astronómico Nacional
Real Instituto e Observatorio da Armada

sábado, 7 de marzo de 2015

As mulleres na ciencia!

O día 8 de marzo o Día Internacional da muller conmemórase a loita da muller pola súa participación na sociedade e por conseguir o seu desenvolvemento íntegro como persoa! O longo da historia a mulleres tiveron que superar moitos obstáculos para acadar dereitos coma os homes, e aínda  hoxe en día, en moitos países distan moito de estar equiparadas a eles.
No eido da ciencia as mulleres non o tiveron doado! Afortunadamente hai moitas mulleres científicas relevantes e tamén científicas españolas. Grazas a súa constancia e valía, hoxe as mulleres en España poden seguir estudando e destacando en moitos eidos! 
 Noelia Varela e Raquel Montes alumnas contribuíntes do Proxecto Ciencia Activa, lembran no seguinte podcast algunhas das moitas aportacións da muller á investigación: