Mostrando entradas con la etiqueta CONCELLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONCELLO. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de junio de 2017

Premios "Desmontando ao alcohol: Apúntate unha idea"


Un ano máis o colexio Padre Feijoo participa na entrega de premios do concurso "Desmontando ao alcohol" , convocado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense. Entre un total de 13 centros escolares participantes e máis de 1000 traballos presentados, o noso colexio acada un total de 7 premios nas diferentes categorías.
Hoxe día 6 de xuño os alumnos e alumnas premiados acompañados polas profesoras Rosa Pérez e Beatriz Temes acudiron ao salón de plenos do Concello a recoller os premios, podemos ver uns instantes neste video de Telemiño: VIDEO TELEMIÑO
                                                       
PREMIADOS DO COLEXIO AO REMATE O ACTO DE ENTREGA NO CONCELLO


Os premios obtidos son os seguintes:
SLOGAN: 

                 MENCIÓN HONORÍFICA  Ariadna Rodriguez Ruiz 1º ESO por "Dona botella é mala parella"

IMAXE: 

               PRIMER PREMIO Lauro Kavan Locatelli 2º ESO

MICRORRELATO:

                 MENCIÓN HONORÍFICA Gema Da Rocha 3ºESO

CLIPMETRAXE:

                  PRIMER PREMIO xurado: Gema Da Rocha 3º ESO e Carlos Cuesta 3º ESO  por "As nosas ideas" . 
(Participa no vídeo a clase de 3º ESO A coordinados dende a materia de bioloxía)





                 

             ACCÉSIT: Soraya Antelo Gómes 2º ESO por "Pataquín e Patacón no Botellón"



                 
                     ACCÉSIT: Yanelfi Lavandier 2ºESO  por "Bebe as horas...sen alcohol"



               
                   MENCIÓN HONORÍFICA: Ledicia Blanco 4ºESO A e Leandro Bernárdez  4º ESO A por "Nós mesmos sen alcohol" (Participa titoría de 4º ESO A)


         Noraboa a todos son uns traballos magníficos! Parabéns!












                                                       

miércoles, 21 de septiembre de 2016

Desmontando ao alcohol, co novo calendario escolar!

O Concello de Ourense a través da Concellería de Sanidade, de novo editou un calendario escolar cunha selección dos mellores debuxos e microrrelatos da III Edición do concurso: Apúntate unha idea.
O colexio Padre Feijóo ven participando en tódalas edicións, a través do Departamento de Ciencias Naturais, e afortunadamente os estudiantes obtiveron sempre premios na categoría slogan, lembraremos:
"O alcol non mola, amola", "Co alcol perdes o control", "Apúntate esta o alcol apesta" e o primeiro premio deste ano: "Don Botellón é un matón".
Pero tamén debuxos e relatos de escolares do colexio foron publicados en paneis e calendarios como os que se editaron para este curso 2016- 2017.
Neste calendario do curso escolar 2016- 2017 aparecen tres traballos de alumn@s do noso colexio.
Autor: Miguel Quiroga

Parabéns a Miguel Quiroga polo seu impactante debuxo que protagoniza o mes de xaneiro, Miguel participou coma alumno de 4º de ESO e agora xa está en 1º de bacharelato.
Autor: Tomas Pérez

Noraboa a Thomas Pérez, que co seu colorido debuxo destaca no mes de febreiro, concursou coma alumno de 2º de ESO e agora xa é alumno de 3º.

Remata o curso en xuño onde no calendario podemos ler e reflexionar co fermoso microrrelato de Anaís Siota que fixo o seu relato en 3º e agora comeza 4º da ESO, Parabéns Anaís!



 Este ano de novo participaremos nesta iniciativa da concellería de sanidade do Concello que ten coma obxectivo previr o consumo de alcohol nos adolescentes. Moitas grazas a tod@s por participar e noraboa aos que ven publicados os seus traballos, parabéns!