Para comprender mellor as divisións celulares da mitose e meiose, traballaremos estas presentacións que contén micrografías, que vos pode axudar a identificar as diferentes fases. En especial os alumnos de 2º BAC, para practicar posibles casos dos exames das PAU.
Tamén podedes ver os vídeos recomendados no canal deste blog, na lista de reproducción ADN-ARN hai dous sobre mitose e meiose.
Este debuxo representa un esquema global do metabolismo, co fin de ter unha idea xeral das rutas que se estudiaran neste trimestre en 2º.
Lembra que todo catabolismo aerobio (mitocondrial), comparte
tres rutas: C. de Krebs, Cadea de transporte electrónico e Fosforilación Oxidactiva.