Mostrando entradas con la etiqueta MEDIO AMBIENTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEDIO AMBIENTE. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de junio de 2021

Reimaxina, recrea, restaura

 Este ano 2021 o Día do Medioambiente adícase á conservación dos ecosistemas.

A perda dos ecosistemas está a privar ao mundo de sumidoiros de carbono, como os bosques e as turberas, nun momento en que a humanidade xa non pode permitirllo. 

As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso dun cambio climático potencialmente catastrófico. 

Fai click na imaxe e consulta a importancia de restaurar os ecosistemas e o que podes facer ti:


 A aparición da COVID-19 tamén demostrou o desastrosas que poden ser as consecuencias da perda de ecosistemas. Ao reducir a área de hábitat natural para os animais, creamos as condicións ideais para que os patógenos, incluídos os coronavirus, propáguense. 

Ante este gran problema, o Día Mundial do Medio Ambiente céntrase na restauración de ecosistemas co lema " Reimagina, recrea, restaura". 

 Restaurar os ecosistemas significa previr, deter e reverter este dano, pasar de explotar a natureza para curala. Para iso, e precisamente neste día, arrincará o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas (2021-2030), unha misión global para revivir miles de millóns de hectáreas, desde bosques ata terras de cultivo, desde a cima das montañas ata as profundidades do mar. Só con ecosistemas saudables podemos mellorar os medios de vida das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade.

No colexio Padre Feijoo- Zorelle conmemórase esta data en tódolos niveis educativos. En como resumo da actitude de respecto que debemos ter todos compartimos unhas mensaxes no seguinte vídeo:



lunes, 5 de junio de 2017

5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente

Resultado de imagen de conectar con el medio ambiente 2017
               
                                  "Conectar as persoas ca Natureza"
Este é o lema do Día Mundial do Medio Ambiente neste 2017, xa que se entende que é preciso recuperar a conexión co medio ambiente. A importancia da Natureza e o medio ambiente na vida das persoas é esencial, xa que por moito que avance a ciencia e a tecnoloxía, temos que lembrar que precisamos do medio natural.
O Día Mundial do Medio Ambiente ten cada ano un país anfitrión diferente e, en 2017, ese país é Canadá.
Resultado de imagen de canada e o medio ambienteTrátase dun dos países do planeta cunha maior riqueza natural, especialmente forestal, onde destacan os seus parques naturais. Co obxectivo de promover o coñecemento e goce destes espazos naturais, o país está levando a cabo actos encamiñados a concienciar e fomentar o respecto deses santuarios naturais.

Neste vídeo o actor Morgan Freeman explica como podemos combatir entre todos o cambio climático:

   

jueves, 26 de enero de 2017

26 de xaneiro Día Mundial da Educación Ambiental!

A Educación Ambiental é un proceso dinámico e participativo, que busca espertar na poboación unha conciencia que lle permita identificarse coa problemática ambiental tanto a nivel xeral (mundial), como a nivel específico (medio onde vive).
Tamén busca identificar as relacións de interacción e independencia que se dan entre o ambiente (medio ambiental) e o home, así como tamén se preocupa por promover unha relación harmónica entre o medio natural e as actividades humanas a través do desenvolvemento sustentable, todo isto co fin de garantir o sostemento e calidade das xeracións actuais e f
uturas.
A Educación Ambiental, ademais de xerar unha conciencia e solucións pertinentes aos problemas ambientais actuais causados polas actividades humanas e os efectos da relación entre o home e o medio ambiente, é un mecanismo pedagóxico que ademais infunde a interacción que existe dentro dos ecosistemas.

viernes, 5 de junio de 2015

5 de xuño Día Mundial do Medio Ambiente

Lema do Día Mundial do Medio Ambiente 2015: "Siete mil millones de sueños. Un solo planeta. Consume con moderación."


sábado, 30 de mayo de 2015

Semana da ciencia no Colexio!

Con motivo da conmemoración do primero Día da Ciencia en Galicia (1 de xuño) e o Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), o Colexio Padre Feijoo-Zorelle adica esta semana a expór traballos de Ciencia!
Participan tódolos niveis educativos: Infantil, primaria, ESO e bacharelato.
No hall do centro podemos ver unha representación das actividades realizadas nas materias de ciencias.


Na ESO e BAC:
O Departamento de Ciencias Naturais e o Departamento de Tecnoloxía, elaboraron unha maqueta do ADN, esta actividad recollerase no proxecto: "Coñecendo ao ADN" a través do blog de aula Proxecto Ciencia Activa.
Este blog tamén estará representado nun stand cun ordenador e alumnos contribuíntes do proxecto, que amosarán os  seus traballos na hora de entrada e salida do centro.
Destacar como actividad a conferencia que terá lugar o día 5 para alumnos de BAC, a cargo do doutor en informática, Iván Gómez Conde, que tratará o procesamento de imaxes e vídeo e o uso de drones!


lunes, 26 de enero de 2015

Día Mundial da Educación Ambiental

O 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental dende o ano 1975. A Educación Ambiental é un proceso dinámico e participativo, que busca despertar na poboación unha conciencia que lle permita identificarse coa problemática ambiental a un nivel mundial e tamén a un nivel específico no entorno no que vivimos.

Obxectivos da Educación Ambiental:

  • Tomar conciencia sobre os problemas do medio ambiente.
  • Coñecementos básicos do medio ambiente e da función da humanidade nel.
  • Actitudes para adquirir valores sociais e de profundo interese por o medio ambiente.
  • Aptitudes para adquirir habilidades para resolver problemas ambientais.
  • Capacidade de avaliación das medidas e programas de educación ambiental en función dos factores ecolóxicos, sociais, educativos.
  • Participación das persoas e grupos sociais no desenvolvemento do sentido de responsabilidade e tomar conciencia dos problemas ambientais.


domingo, 9 de noviembre de 2014

Auga e Cidades intelixentes!

As cidades modernas básanse en infraestructuras eficientes e durables de auga, electricidade, telecomunicaciones, gas, transporte, servicios públicos, edificios intelixentes...
A importancia de xestionar os recursos naturais dun xeito máis eficiente nas cidades é unha cuestión defendida por a maioría dos expertos.
A auga é un ben limitado e escaso en moitas cidades, esto obriga a solucións alternativas de reutilización e conservación. É moi importante xestionar os recursos hídricos de xeito intelixente, cun consumo racionalizado en regadío, fontes, doméstico, industrial...

Déixovos algún enlace de interese que vos pode axudar antes de facer o relato curto para o concurso de auga intelixente que vades a facer nas materias de lengua e lingua, e no que os profes de naturais debemos axudar para que entendades mellor os contidos que podedes tratar:
QUE É UNHA CIDADE INTELIXENTE
CIDADES INTELIXENTES
EFICIENCIA URBANA
AUGA, CLAVE NA CIDADE INTELIXENTE

miércoles, 4 de junio de 2014

5 de xuño - Día Mundial do Medio Ambiente

Autor foto: Gemma Bou


O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, este ano 2014 xirará entorno os pequenos Estados Insulares en desenvolvemento, relacionando este tema co cambio climático. O eslogan elexido para reflexar este tema é " Alza tu voz, no el nivel del mar"
Neste vídeo temos algúns pequenos xestos cos que podemos contribuir de xeito responsable o coidado do Medio Ambiente!

lunes, 21 de abril de 2014

Día Internacional da Terra - 22 de abril


O 22 de abril adícase a celebrar o Día Internacional da Terra, co fin de reafirmar a responsabilidade colectiva e promover á armonía coa Natureza, nun intre no que o noso planeta está ameazado por graves problemas creados polo home.

Celebremos este Día Internacional renovando a promesa de respetar a Nai Terra, demostrando cos nosos feitos o coidado e o respeto sobre o planeta.


lunes, 24 de febrero de 2014

Charlas-Taller: Xestión de residuos e Eficiencia Enerxética

Os alumnos de segundo ciclo da ESO asistiron a unhas charla-taller organizadas polo Concello de Ourense sobre: Os residuos e a súa xestión e A eficiencia enerxética. O obxetivo principal é  a conciencia individual e a educación ambiental para conseguir o desenvolvemento sostible, continuar cos avances da sociedade pero coidando dos recursos do planeta. Aproveitando a proximidade do 5 de marzo, Día Mundial  da Eficiencia Enerxética, debemos ser mais conscientes da importancia de reducir, reutilizar, aforrar enerxía, auga...no noso entorno, e por en práctica algún dos consellos aprendidos!