sábado, 23 de noviembre de 2013

Visita á Aula da Natureza de Oira

Alumnos de secundaria de 3º e 4º de ESO asistiron a unha charla sobre os lobos, para coñecer as súas características, a historia e presencia desta especie na Península Ibérica e nos montes galegos en particular. Máis información neste enlace:  Canis lupus. 
Podedes lembrar a charla nesta secuencia de fotos.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

A circulación sanguínea

Para repasar as ideas esenciais do aparello circulatorio déixovos esta animación que o explica con claridade dun xeito sinxelo. Antes de ver o tema 4 de 3º ESO é bó un lembrar conceptos básicos de cursos anteriores.

 ( Fai clic na imaxe )


jueves, 7 de noviembre de 2013

O castiñeiro e a castaña

O clima de Galicia templado e húmido, é moi favorable para o desenvolvemento do castiñeiro CASTANEA SATIVA . A maioría dos soutos de España encóntranse en Galicia e na zona noroeste.

castiñeiro, pode alcanzar os 35 m. de altura, formando copas grandes e redondeadas e troncos grosos que poden chegar a ter diámetros considerables. Ten follas lanceoladas con bordes aserrados, caedizas no outono. Os seus froitos, as castañas, aparecen protexidas dentro dun envoltorio duro e cuberto de espiñas, chamado ourizo.

A importancia da castaña en Galicia ponse de manifesto no outono, coa recollida do froito, cando se celebran por todo o país os tradicionais magostos, reunións de veciños, familiares e amigos á calor do lume para degustar as castañas asadas



Tarefa de investigación:

 1. Buscade os nutrientes que se atopan na castaña e os beneficios de incluilas na dieta.


2. Infómate sobre a comercialización das castañas e os seus derivados en Galicia.


3. Enumera beneficios do bosque caducifolio galego 
.

domingo, 3 de noviembre de 2013

Eclipse de Sol!

O eclipse de Sol que tivo lugar hoxe, apreciouse mais en Canarias que no resto de España. Aínda que foi en África onde se observou mellor, por iso desprazáronse a Kenia, astrónomos españoles para retrasmitilo.
 A Lúa situouse entre o Sol e a Terra, e por uns instantes desapareceu a luz solar!