Mostrando entradas con la etiqueta 22 DE MAIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 22 DE MAIO. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de mayo de 2020

2007 Xuño e setembro 2º BAC SESIÓN 40

SEMANA IX
Sesión 4
Primeiro explicacións e solucións dos exames do 2007da profesora no vídeo e despois escribides as solucións e as enviades ao correo, todo o alumnado que está repasando para as ABAU de bioloxía ou ten que recuperar algunha avaliación.

O resto do alumnado fan as cuestións da terceira avaliación (inmunidade, microorganismos e xenética) e enviadeas ao correo., : 
PDF 2007


Repaso dos aparellos dixestivo e respiratorio 1ºBAC SESIÓN 28

SEMANA IX
Sesión 28
A nutrición celular que levamos a cabo nas células precisa de diferentes aparellos que fan posible que os nutrientes e o osíxeno cheguen ás células e os residuos coma o dióxido de carbono sexan explusados.
Hoxe repasaremos o aparello dixestivo (cun xogo) e o respiratorio (debuxando as partes na libreta e cun relaciona interactivo) cunhas actividades:
DEBUXA NA LIBRETA E FAI O RELACIONA ONLINE

XOGO PARA REPASAR A FUNCIÓN DO A. DIXESTIVO

lunes, 18 de mayo de 2020

Deseño de actividades e post en CCMA 2ºBAC SEMANA IX

SEMANA IX
A materia de Ciencias Medioambientais non é avaliable nas ABAU, pero sí pondera coma nota de bacharelato, propoño o deseño de actividades prácticas, para favorecer a cualificación da media obtida ata agora, que serán publicadas no blog do alumnado da materia: PROXECTO CIENCIA ACTIVA. xa que todos sodes contribuíntes do blog do alumnado.
As actividades poden ser:

  • Entradas no blog que quedan como borradores onde tamén podedes insertar outras actividades.
  • Animacións "Un minuto de Ciencia"
  • Vídeos
  • Presentacións Google drive ou power point
  • Actividades interactivas en Educaplay
  • Infografías
  • Murales interactivos
  • Art Ciencia Activa
  • Podcast
  • Comentarios nas entradas do blog feitas por outros compañeiros que sexan evidencia da lectura e compresión do post.