SEXTA SEMANA Sesión 11 Nesta sesión imos repasar os principais ósos do corpo, que poidemos explicar en clases presenciais antes do confinamento.
Entra no enlace da actividade e verás 29 ósos , escribe na libreta os números e o nome ao lado do óso correspondente .Repaso do esqueleto ca seguinte actividade: ACTIVIDADE
SEXTA SEMANA Sesión 19 Como vimos onte o ciclo de pteridofitas nunha clase online, na sesión de hoxe traballamos as cuestións seguintes para afianzalo. Importante ver a sesión de onte para poder contestar. Accede e cubre tódolos campos antes de enviar é sinxelo: TEST ONLINE CICLO DE PTERIDOFITAS
SEXTA SEMANA Sesión 15 Nesta sesión repasamos un problema de grupos sanguíneos que é herdanza autosómica e un problema de hemofilia que é un carácter recesivo ligado ao sexo. Podes repasar as explicacións da profe na lista de reprodución do canle en youtube cas explicacións de xenética: Explicacións de xenética da profe. Intenta facer os problemas ti, as solucións non as mires ata rematalos.
Unha muller do grupo AB acaba de ter un fillo. Ao saír do hospital, entréganlle un neno e na tarxeta del di
que é do grupo 0. a. Cres que houbo un erro ou pode ser o seu fillo
auténtico? b. Se o pai do neno é do grupo 0, realiza o cruzamento
e indica o grupo sanguíneo dos posibles fillos
da parella.
Unha parella formada por unha muller portadora
do xene da hemofilia e un home hemofílico queren saber
como podería ser a súa descendencia. Explica o tipo
de herdanza e realiza o cruzamento indicando
o xenotipo e fenotipo de todos os posibles fillos
da parella.
SEXTA SEMANA Sesión 12 Nesta sesión repasaremos a modelaxe glaciar, déixovos este vídeo de dous minutos da Unesco onde podemos ver a grandiosidade dos glaciares.
SEXTA SEMANA Hola a tod@s, espero que o Festival do Libro vos axudara nestes días de confinamento a valorar a importancia da lectura e nestas semanas que non podemos saír da casa aproveitemos a viaxar cos libros. Déixovos un vídeo sobre "O poder da actitude"para esta sesión de titoría para valorar a importancia da actitude positiva ante a vida e a importancia de vivir con ilusión e alegría! VIVAMOS CON ALEGRÍA!!! SEXAMOS AMABLES!!! INTENTEMOS SER A MELLOR PERSOA QUE PODAMOS SER!!!
SEXTA SEMANA Sesión Comezamos a sexta semana cun test online feito pola profe, é moi doado, e ao rematar dádelle a enviar e xa o recibo. Lembrade cubrir todos os datos. CUESTIONARIO SOBRE XENÉTICA
SEXTA SEMANA Sesión 10 Comezamos esta semana co repaso do sistema endocrino e locomotor a través dun cuestionario online feito pola profe. Cúbreo despacio e todos os datos, unha vez rematado dalle a enviar e xa o recibo ca data na que foi cuberto.
SEXTA SEMANA Sesión 20 Continuamos co repaso de temas da terceira avaliación comprobando o que sabeDES a través de formularios online feitos pola profe. Lembra cubrir todas as respostas e datos antes de enviar. Repasando mutacións, microorganismos e inmunidade:
QUINTA SEMANA DE CONFINAMENTO Sesión 11 Parabéns polas actividades interactivas deseñadas polo alumnado, pasapalabras, test, relaciona, crucigramas... Neste enlace ao voso blog do Proxecto Ciencia Activa podedes ver as de 2º BAC e tamén as do alumnado de 1º Bac e 4º da Eso ACTIVIDADES CREADAS EN EDUCAPLAY
Rematamos a QUINTA SEMANA de confinamento por crisis COVID19. Sesión 19 Como xa rematamos os temas de microorganismos e inmunidade adicaremos un par de semanas a practicar preguntas sobre eles. Hoxe comezamos cun formulario online que debedes cubrir, é moi curto só son cinco preguntas. LEMBRA CUBRIR TÓDOLOS CAMPOS (CORREO, NOME, RESPOSTAS...) repasade e non lle dedes a enviar ata rematar e vos esteades conformes cas respostas. FORMULARIO 24 DE ABRIL 2º BAC
Por favor lembrade ir estudiando estas dúas leccións! Ánimo!!!
Os días 22, 23 e 24 de abril celébrase o VII Festival do Libro durante estes tres días seguiremos o plan de actividades propostas no programa do Festival, xa que é un proxecto multidisciplinar que abarca todos os niveis educativos do centro: Leer es poder! (agás no caso do alumnado de 2º BAC que seguirán cas actividades específicas das materias) DENDE AS MATERIAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA E CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS CONTRIBUIMOS CUNHAS INTERESANTES ACTIVIDADES INTERACTIVAS FEITAS POR ALUMN@S DE 4º DE ESO,1ºBAC E 2ºBAC. PARABÉNS!! PARA PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES E XOGOS ACCEDE AO BLOG DO FESTIVAL: AQUÍ OU NESTA PÁXINA DE PROXECTO CIENCIA ACTIVA PROGRAMA DO 24 DE ABRIL
Os días 22, 23 e 24 de abril celébrase o VII Festival do Libro durante estes tres días seguiremos o plan de actividades propostas no programa do Festival, xa que é un proxecto multidisciplinar que abarca todos os niveis educativos do centro: ¡Leer es poder! (agás no caso do alumnado de 2º BAC que seguirán cas actividades específicas das materias) DENDE AS MATERIAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA E CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS CONTRIBUIMOS CUNHAS INTERESANTES ACTIVIDADES INTERACTIVAS FEITAS POR ALUMN@S DE 4º DE ESO,1ºBAC E 2ºBAC. PARABÉNS!! PARA PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES E XOGOS ACCEDE AO BLOG DO FESTIVAL: AQUÍ OU NESTA PÁXINA DE PROXECTO CIENCIA ACTIVA O PROGRAMA DE HOXE 23 DE ABRIL
Continuamos co teletraballo na QUINTA SEMANA por confinamento a causa do COVID19 Sesión 18 Na clase de hoxe online as 13:30xoves 23 de abril, remataremos a unidade 20:
Os días 22, 23 e 24 de abril celébrase o VII Festival do Libro durante estes tres días seguiremos o plan de actividades propostas no programa do Festival, xa que é un proxecto multidisciplinar que abarca todos os niveis educativos do centro: ¡Leer es poder! (agás no caso do alumnado de 2º BAC que seguirán cas actividades específicas das materias) DENDE AS MATERIAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA E CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS CONTRIBUIMOS CUNHAS INTERESANTES ACTIVIDADES INTERACTIVAS FEITAS POR ALUMN@S DE 4º DE ESO,1ºBAC E 2ºBAC. PARABÉNS!! PARA PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES E XOGOS ACCEDE AO BLOG DO FESTIVAL: AQUÍ OU NESTA PÁXINA DE PROXECTO CIENCIA ACTIVA DÍA 22 DE ABRIL
Seguemos cas clases online na QUINTA SEMANA de confinamento por crisis COVID19 Sesión 17 Clase online ás 12h o martes 21 de abril, con Zoomtrataremos:
Factores que influyen na fotosíntese
Repaso tropismos, nastias e hormonas
VÍDEO DA CLASE:
TAREFA ACORDE AO EXPLICADO PARA ENVIAR AO CORREO DA PROFE COMO EVIDENCIA DO SEGUEMENTO ONLINE:
Debuxa un cloroplasto cas partes.
Ecuación global da fotosíntese.
Cita que factores inflúen na actividade fotosintética.
Define tropismo e nastias e pon un exemplo de cada.
Solución das cuestións no vídeo da sesión de hoxe e tamén nas clases anteriores publicadas nas entradas do blog en vídeo para o alumnado que non accedeu en directo.
Sesión 13 Como xa explicamos en varias sesións as Leis de Mendel (están gravadas e podedes visualizar cando o precisedes) e na sesión de onte compartín un vídeo explicando como resolver un problema tipo (consultar vídeo sesión 12), hoxe plantexo dous problemas para facer vos, e as solucións que debedes consultar ao rematalos publicareinas nun vídeo explicado por mín. Calquer dúbida comentade no blog ou por correo. PROBLEMAS
Calcula cómo será a posible descendencia dunha muller de ollos oscuros e pelo rubio e un home de ollos claros e pelo moreno. Sabendo que ambos son heterocigotos. (O color de ollos claros a é recesivo frente ós ollos oscuros A, e o pelo rubio b recesivo respecto o pelo moreno B.)
Se cruzan tomates rojos híbridos y de tamaño normal homocigóticos con la variedad amarilla enana. Cómo será a F1? (Importante para datos: Los alelos dominantes son color rojo R y tamaño normal N).
Continuamos QUINTA SEMANA de teletraballo por emerxencia COVID19
Sesión 17
Como sabedes no terceiro trimestre repasaremos a xenética e tedes ir estudiando: Os microorganismos e a Inmunidade, tedes vídeos cas explicacións destas unidades para consultar ou repasar as clases online.
Deixovos este enlace á lista de reprodución da canle en youtube ciencia activa, con explicacións miñas de xenética que vos poder axudar a lembrar cómo se facían os problemas: autosómicos, ligados ao sexo, grupos sanguíneos...
SESIÓN ONLINE AS 13 HORAS O MARTES 21 DE ABRIL, por problemas con la WIFI se pospone para hoxe ás 18 h, disculpade. URL DA REUNIÓN: https://us04web.zoom.us/j/71346581794?pwd=VHVwNHdVcTJPOU83VVR4Y3pLYWlKQT09 Na clase explicaremos:
Queridos alumn@s, seguimos nos nosos fogares, espero vos atopedes ben, comparto nesta sesión de titoría algúns consellos que espero nos podan axudar a afrontar estas circunstancias tan extraordinarias para tod@s.
Evitar o sedentarismo.Non convén estar sentado máis de dúas horas seguidas. Podemos aproveitar as actividades cotiás, como as tarefas domésticas ou falar por teléfono, para movernos. Tamén é posible facer actividade física en casa.
Seguir unha alimentación saudable e equilibrada.
Aproveitar a tecnoloxía, usándoa con responsabilidade. Internet, os computadores, as tabletas ou os teléfonos móbiles son, nestes momentos, os nosos aliados para teletrabajar, estudar, comunicarnos e gozar do tempo de lecer. Cando usamos estes dispositivos, con todo, é importante seguir algunhas recomendacións: manter unha distancia adecuada entre os ollos e a pantalla, inclinar a pantalla lixeiramente cara atrás para evitar sombras e reflexos, parpadear a miúdo, apartar a mirada uns vinte segundos cada vinte minutos a unha distancia duns seis metros, e non utilizar os dispositivos móbiles durante as dúas horas previas a deitarse.
Informarse e informar ben aos demais. Habemos de utilizar canles de información oficiais ou contrastados. Se usamos as redes sociais, temos que contrastar a información que se comparte. Debemos evitar esparexer rumores e informacións que non sexan fiables. A comunicación debe ser serena e acougada: o estado emocional contáxiase aos demais.
Coidarse e protexerse. Debemos seguir as recomendacións e as medidas de prevención que determinen as autoridades sanitarias. utilizar o Ter unha actitude positiva é fundamental. Convén recoñecer os propios sentimentos, aceptalos e, se é necesario, compartilos coas persoas máis próximas.
Organizarse na casa. É recomendable seguir unhas rutinas diarias: iso axudará a manter unha orde e pode favorecer a sensación de normalidade. Convén acordar unha distribución das tarefas, así como da loxística doméstica durante o período de confinamento (por exemplo, quen fai as compras e cando, o coidado dos familiares, dispoñer de espazos illados, etc.). No caso de que teletraballemos, é aconsellable establecer un espazo adecuado e un horario adaptado ás circunstancias, tendo en conta tamén os tempos de descanso.
Estar conectados coa nosa xente.Que non podamos visitar a familiares e amigos non quere dicir que non podamos estar en contacto con eles. Chamarlles, enviar mensaxes ou facer videoconferencias é unha posibilidade. Agora máis que nunca, debemos apoiar á xente máis vulnerable e ser solidarios.
Relaxarse e distraerse.É necesario aceptar que hai circunstancias que non se poden controlar nin prever. Cada un ten a súa propia resposta emocional ante unha situación excepcional como esta: é necesario ser empáticos e evitar os prexuízos. Este pode ser un momento para gozar do tempo libre e da gran oferta de lecer en liña e gratuíto que hai dispoñible.
Considerar a parte positiva. É momento de parar e reflexionar. Podemos aproveitar a ocasión para pensar, imaxinar, crear e escribir. Lembremos que esta é unha situación transitoria e que, unha vez pasase, todo o mundo pode aprender cousas importantes.
Iniciamos a QUINTA SEMANA de traballo online por emerxencia COVID19 Sesión 15 Imos repasar o explicado na sesión anterior resolvendo test interactivos propostos na páxina Proxecto Biosfera do Ministerio de educación, para coñecer os tropismos, as nastias e as hormonas vexetais xogando: ACTIVIDADE RELACIONA OS MOVEMENTOS DAS PLANTAS
Anímate e xoga! Aprenderás de xeito divertido e xa bes como te vas desenvolvendo e xa me contas por correo. Sesión 16 RETO
Elaboración de actividades interactivas en Educaplay para o Festival do Libro coma vos indiquei no correo.
Parabéns ao alumnado que xa as entregou porque son estupendas todas as actividades ROSCOS, TEST, RELACIONA, CRUCIGRAMAS, serán publicadas no blog do Festival.
Iniciamos a QUINTA SEMANA de traballo online por emerxencia COVID19 Sesión 12 Na sesión de hoxe fareces unha actividade interactiva para completar online entrando neste enlace e así repasaredes as leis de Mendel de xeito divertido, podes obter pistas e saberás a puntuación que logras: ACTIVIDADE REPASO LEIS DE MENDEL
No seguinte vídeo explico como resolver un problema de dous xenes e se se cumple a terceira Lei de Mendel:
Sería Calcula F1 e F2 que resulta de cruzar dúas plantas razas puras unha de semente amarela e lisa cunha de semente verde e rugosa. (o amarelo domina sobre o verde e o liso domina sobre o rugoso)
IMPORTANTE VER OS VÍDEOS CA EXPLICACIÓN DA RESOLUCIÓN:
Na próxima sesión faredes problemas aplicando o aprendido no vídeo
Iniciamos a QUINTA SEMANA de traballo online por emerxencia COVID19 Sesión 8 Na clase de hoxe trataremos os seguintes puntos da sesión 7 sobre A reprodución humana: Función de reprodución.
As fases da reprodución humana
Caracteres sexuais primarios e secundarios.
Sesión online con ZOOM ás17h do luns 20 de abril Instala zoom no ordenador ou móvil, e recibirás un correo uns minutos antes para poder acceder á clase. VÍDEO CA EXPLICACIÓN :
TAREFA PARA ENVIAR AO CORREO E PODER EVIDENCIAR O SEGUEMENTO DE TELETRABALLO ONLINE: (co visionado do vídeo xa atopas as respostas ou no libro)
Cita as fases da reprodución humana
Que é a fecundación?
Que divisións celulares sufre o cigoto para poder obterse o embrión?
Que causa o desenvolvemento dos caracteis sexuais secundarios?
Caracteres sexuais secundarios masculinos e femininos.
O alumnado de 4º ESO ca materia pendente de bioloxía e xeoloxía de 3º ESO, viña asistindo a clase de recuperacións os mércores pola tarde ata mediados de marzo que comezou o confinamento, de tódolos xeitos o seguemento continúa online a parte que nos faltaba por repasar podedes seguila neste blog na páxina correspondente a 3º ESO A/B e a través do correo lembrade contactar para calquer dúbida: beatriz@feijoozorelle.com. Encantada de axudarvos no que precisedes, ánimo!
Na plataforma Edmodo hai crEado un grupo para os alumnos que teñades a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO suspensa DE CURSOS ANTERIORES, aquí tedes o código de acceso da clase: jnebu7. A través da plataforma ou do correo electrónico rose.cprfeijoozorelle@gmail.com comentaremos o que sexa preciso para que deste xeito se poidan levar a cabo os obxectivos da aprendizaxe. Ánimo!
Na unidade da dinámica externa e relevo leede o resumo da páxina 189 do libro, no que recolle as ideas esenciais sobre os axentes xeolóxicos e a formación de relevos e facedes estas dúas cuestións:
Sesión 14 Proseguimos as clases online na CUARTA SEMANA de teletraballo despois da Semana Santa. Na sesión de hoxe estudiaremos entre todos de xeito participativo:
A relación das plantas: fitohormonas, tropismos e nastias (UNIDADE 14)
Estructura completa dun cloroplasto :
Clase online con Zoom (instala no teu ordenador ou móvil), precisaredes os esquemas, o libro o compartirá a profe na pantalla.
SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 12h o VENRES 17 de abril
Recibirás un correo co acceso á sesión uns minutos antes.
Sesión 14 Proseguimos co traballo online na CUARTA SEMANA de emerxencia por COVID19 Nesta sesión rematamos a explicación dá unidade 19: O Proceso Inmunitario Explicaremos as seguintes preguntas:
O sistema inmunitario lembra as respostas frente aos patóxenos.
Conceptos: Teoría da Selección clonal, Sistema Complemento, Interferón.
SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 11h o venres 17 de abril Recibirás un correo co acceso uns minutos antes. VÍDEO DA CLASE:
Sesión 13 Proseguimos as clases online na CUARTA SEMANA de teletraballo despois da Semana Santa. Na sesión de hoxe repasaremos e estudiaremos entre todos de xeito participativo:
REPASO TECIDOS VEXETAIS: t. meristemático, parenquimático, protector, de sostén, conductores e secretores.(UNIDADE 9)
ESTRUCTURA DUN CLOROPLASTO E ECUACIÓN GLOBAL DA FOTOSÍNTESE.(PÁX. 250 UNIDADE 13)
Clase online con Zoom (instala no teu ordenador ou móvil), precisaredes os esquemas, o libro o compartirá a profe na pantalla.
SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 12h o XOVES 16 de abril
Recibirás un correo co acceso á sesión uns minutos antes. VÍDEO DA CLASE:
Sesión 13 Proseguimos co traballo online na CUARTA SEMANA de emerxencia por COVID19 Nesta sesión continuamos explicando á unidade 19: O Proceso Inmunitario Explicaremos as seguintes preguntas: 1 Resposta inmunitaria humoral e celular.
Órganos linfoides
Linfocitos
Estructura de antíxenos e anticorpos
Reacción antíxeno anticorpo
SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 13:30h o xoves 16 de abril
Ola a tod@s, espero sigades ben, xa pasaron as vacacións de Semana Santa e vemos como se prolonga o confinamento na casa. É importante que aproveitemos para conversar, xogar, ler, facer exercicio e non desconectar da aprendizaxe. Todos debemos adaptarnos a esta situación con resiliencia! Neste vídeo as compañeiras de 1º BAC nos dan consellos con alegría para afrontar esta crise da COVID19 na casa:
Retomamos o teletraballo despois das vacacións de Semana Santa, na CUARTA SEMANA de clases online Sesión 7
Nesta sesión coñeceremos a estructura do aparello reproductor feminino e a estructura do óvulo ou gameto feminino para o que primeiro fixarédesvos nos esquemas cas partes e a súa descripción e a continuación completaredes as imaxes para ver o aprendido.
Consultar esquemas das páxinas 130 e 131, ou visita este enlace no Proxecto biosfera e COMPLETA DESPOIS DE CONSULTAR ESQUEMAS:
Aparello reproductor
Repaso interactivo do aparello reproductor masculino: Repasa xogando a estructura do aparello reproductor masculino na seguinte actividade interactiva
Test xeral sobre a reprodución xoga e comenta o resultado: TEST INTERACTIVO
Sesión 12 Retomamos as clases online na CUARTA SEMANA de teletraballo despois da Semana Santa. Na sesión de hoxe repasaremos e estudiaremos entre todos de xeito participativo, os TECIDOS ANIMAIS: Epiteliais (Revestemento e glandular), Connectivos (Conxuntivo, adiposo, cartilaxinoso, óseo, sanguíneo), Muscular, Nervioso. Clase online con Zoom (instala no teu ordenador ou móvil), precisaredes os esquemas, o libro o compartirá a profe na pantalla.
SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 13h o martes 14 de abril
Recibirás un correo co acceso á sesión a partir das 12:45h.
Sesión 12 Retomamos o traballo online despois das vacacións de Semana Santa na CUARTA SEMANA de emerxencia por COVID19 Nesta sesión daremos comenzo á unidade 19: O Proceso Inmunitario Explicaremos as seguintes preguntas: 1 A Inmunidade Innata baséase en mecanismos de defensa inespecíficos:
Barreiras primarias
Barreiras secundarias
2 A Inmunidade adquirida xera unha resposta específica.
SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 13h o martes 14 de abril
Recibirás un correo co acceso á sesión a partir das 12:45h.
Sesión 10 Retomamos o traballo online (despois das vacacións de Semana Santa) na CUARTA SEMANA de teletraballo por emerxencia polo COVID19. Nesta sesión imos traballarda Unidade 7: Herdanza e Xenética, o repaso dos seguintes conceptos básicos:
Xen, alelos, cromosomas, cromatina, locus, cromosomas homólogos, cromátidas irmás, homocigoto, heterocigoto, xenotipo, fenotipo, F1, F2, Herdanza autosómica e herdanza ligada ao sexo.
Precisamos saber estes conceptos para a resolución de problemas e como teoría de xenética, están na teoría inicial dada por apuntes na aula e nas páxinas 130 e 131 do libro de texto.
Neste vídeo veredes e escoitaredes as explicacións da profe:
Importante estudiar e saber todos os conceptos explicados neste vídeo.
Actividades 3 e 4 páxina 130, actividades 5 e 6 páxina 131.
Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus.
(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)
Sesión 11 Sesión online mediante ZOOM as 12h, só tes que descargar Zoom no ordenador ou no móvil e acceder a sesión ca invitación que recibiredes no voso correo electrónico.
Sesión de repaso "Tecidos", "Biodiversidade" e "Clasificación de seres vivos e Evolución"
Organizar actividades coma o reto "Quédate en casa" ou "Festival do libro dixital"
Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. (Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais) Sesión 11 IMPORTANTE: Organización do estudio na 3ª Avaliación OS MICROORGANISMOS TEMA 17:
AS BACTERIAS, OS VIRUS (menos os retrovirus coma o VIH que se estudian no tema 20) Estudiar polo libro, os apuntes, e os audios e esquemas compartidos neste blog nas sesións 1,2 e 3 sobre os ciclos lítico, lisoxénico e transducción. TEMA 18: Estudiar o esquema das aplicacións dos microorganismos enviado ao correo de todos e compartido neste blog na sesión 7. Todo o tema está explicado na sesión online do 2 de abril, consulta o vídeo da clase . Deixovos dous exames para que podades repasar ao voso ritmo durante as vacacións (facede un deles mínimo para conectaros co repaso da bioloxía)
Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. (Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais) Sesión 9 Hoxe teremos unha sesión as 11h. a través dunha conexión por ZOOM.
Instala Zoom (é gratuito) no teu ordenador ou móvil.
Recibirás un enlace ao correo e accede
A sesión será gravada ca explicación das Leis de Mendel.
Aquí vos deixo a gravación da clase de hoxe, correspondente a explicación das Leis de Mendel páxinas 128 e 129 do libro, nesta clase se conectaron sete alumn@s de 4º ESO A en directo:
1 de abril 3º A/ 2 de abril 3ºB Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. (Horario de bioloxía de 3º ESO dúas sesións semanais) Sesión 6
Comezamos con dous exercicios para completar correspondentes ao Aparello Reproductor masculino e á estructura do gameto masculino, o espermatozoide.
Se algún non ten o libro, pode consultar teoría dos aparellos reproductores e de calquer tema de bioloxía nesta páxina do Ministerio de Educación: PROXECTO BIOSFERA