O proxecto Ciencia Activa que se ven a desenvolver dende o ano 2013 no noso colexio, comezou co orixe dun blog de alumnos para implicarnos no uso das TIC, e pouco a pouco continuaron xurdindo tarefas ata chegar a un proxecto de centro que contén mini-proxectos nos que sempre o alumnado é o protagonista. Actualmente participan nas súas tarefas o profesorado de física e química e de bioloxía e xeoloxía.
Nesta presentación en inglés e castelán o coñecerás mellor!😊
Mostrando entradas con la etiqueta PRESENTACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRESENTACIÓNS. Mostrar todas las entradas
sábado, 23 de febrero de 2019
lunes, 20 de febrero de 2017
IV Concurso de Presentacións Ciencia Activa
Nesta lista de slideshare podemos ver as presentacións realizadas para os concursos de Ciencia Activa nestes últimos cursos.Lembrade, unha presentación precisa de:
Título, índice, claridade de ideas, pouco texto, imaxes axeitadas e libres de dereitos, un formato claro, conclusións ou resumo, mención a bibliografía empregada.
IV Concurso de presentacións Ciencia Activa, remata o prazo o 31 de marzo. As últimas dezasete son as presentadas neste curso ainda tedes tempo de facelo, e ademáis sabedes que é unha actividade que puntúa para a cualificación na materia de bioloxía e xeoloxía en 3º e 4º de ESO e 1º BAC. Entrega de premios na Clausura do IV Festival do Libro.
Facendo presentacións e como se aprende, o importante é ir mellorando e explicalas na aula a todos os demáis.
Parabéns e a seguir traballando!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)