viernes, 6 de diciembre de 2019

Organizando o estudio da materia de bioloxía e xeoloxía!

Organíza o teu estudio!

3ºESO B: Luns 9 /   3º ESOA: Mércores 11


  •  Os alimentos
  • Aparellos dixestivo e respiratorio.
  • (Os alumnos que non teñan aprobado o primeiro control que repasen para poder recuperalo este luns 9 de decembro)


4º ESO A: Luns 9


  • Os ecosistemas 

(Conceptos básicos, adaptacións aos factores ambientais, relacións intra e inter específicas, relacións tróficas, fluxo de enarxía, ciclos da materia, sucesións ecolóxicas...lembrade repasar actividades)


1º BAC: Luns 9 (Na clase das 9:00 h podedes consultar se tedes algunha dúbida porque a proba escrita será as 13:30h)

  • Introdución á bioloxía Niveis de organización da materia
  • Propiedades dos seres vivos
  • Composición química da materia viva: Bioelementos y Biomoléculas 
  • Sales minerales
  • Auga: Estrutura, propiedades, repercusiones biolóxicas, enlaces, dispersións e propiedades das dispersións.
  • Glícidos: Monosacáridos, Disacáridos y Polisacáridos (Fórmular, ciclación, isomería, enlaces O-glicosídico)

*IMPORTANTE: Os alumnos que non teñan aprobados os temas de Xeoloxía das probas escritas anteriores, poderán recuperalos o luns 16 de decembro na clase das 9:00 h.


2º BAC: Recuperación da primeira avaliación e primer control da segunda o luns 9 de decembro.

BloqueI e do bloque II As células, Membrana, Citoplasma (o núcleo e da 2ª avaliación)

  • En ESO e 1º BAC as probas escritas de bioloxía e xeoloxía son o 70% da cualificación. Planifica as últimas probas escritas do mes de decembro e lembra a importancia das actividades prácticas que poden sumar ata un máximo de dous puntos, e a actitude de traballo xunto o caderno cas actividades e esquemas, apuntes, fórmulas, debuxos, ...completo e ordeado ata un punto máximo.      Ánimo!


domingo, 1 de diciembre de 2019

Día Mundial da SIDA este 2019: As comunidades marcan a diferencia!


O día 1 de decembro celébrase o Día Mundial da SIDA, conmemorando o día internacional da acción contra o sida.
No Día da Sida: "Las comunidades marcan la diferencia" o lema deste ano.
Lembramos as últimas estadísticas

  • 37,9 millóns de personas no mundo viven con VIH. 
  •  23,3 millóns de personas tiñan acceso á terapia antirretrovírica.
  •  1,7 millóns de persoas contaxiados da infección polo VIH. 
  • 770.000 persoas faleceron a causa de enfermidades relacionadas co sida.


Neste vídeo feito por Khady Khoule de 1º BAC podemos repasar o esencial desta grave pandemia:

martes, 12 de noviembre de 2019

Lembrando a Margarita Salas a principal científica española do século XX!

Falece aos 80 anos a científica asturiana Margarita Salas, un auténtico referente da ciencia, autora dunha patente trascendental para a ciencia como é a caracterización do ADN polimerasa do fago Φ29, que ten múltiples aplicacións biotecnolóxicas debido a súa altísima capacidade de amplificación do ADN.

Salas foi discípula do Nobel Severo Ochoa na Universidade de Nova York Á súa volta a España e tras a súa incorporación ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), creou un grupo de investigación dedicado ao estudo do bacteriófago ø29, que mantivo uns extraordinarios niveis de calidade e produción desde o comezo ata a actualidade.

 O vídeo, realizado pola Oficina Europea de Patentes (EPO), recolle un dos principais fitos dos achados de Salas: a patente do método da ADN polimerasa phi29 reportou máis do 50% dos dereitos de autor que ingresou o CSIC. Por este motivo, a EPO outorgoulle este mes de xuño o premio Inventora do Ano 2019, que recolleu en Viena.



Un referente de muller científica e célebre investigadora española que é un magnífico exemplo de muller científica para tódalas nenas e rapazas de hoxe en día. A continuación neste podcast pódese escoitar a Antía e Raúl facéndose eco da nova do falecemento de Dona Margarita Salas e lembrando a súas achegas:


viernes, 8 de noviembre de 2019

L.Margulis nun minuto de ciencia!

Continuamos ca tarefa educativa:
 Un minuto de ciencia
Coñece a Margulis!
Sabes que é a Hipótese Endosimbiótica?
 Como se orixinou a célula eucariota? 
As mitocondrias e os cloroplastos son orgánulos eucariotas, sempre foron así?




Todas estas preguntas poden ter solución nun só minuto de ciencia, non te perdas o minuto de ciencia Activa adicado a Lian Margulis, unha célebre científica que plantexou a orixe da célula eucariota...baraxou a idea de que mitocondrias e cloroplastos foron bacterias primitivas que infectaron outra bacteria e quedaron no seu interior vivindo en simbiose (beneficio mutuo) e desta relación orixinouse a célula eucariota!

Cristina Perea de 1º BAC adica o seu minuto de ciencia a esta célebre científica no seguinte vídeo:


viernes, 25 de octubre de 2019

Novos podcast no canal de Ivoox en Ciencia Activa!

Xa estamos en marcha!!
Podemos oir os primeiros podcasts deste curso no canal de Ivoox Ciencia Activa, dós estudiantes de BAC e ESO.
Andrea e Nerea de BAC explican brevemente o fenómeno da gota fría, mentres que Marcos e Jaime de 3º da ESO explican a problemática actual dos amieiros, estas árbores características das beiras dos nosos ríos.
Non deixedes de escoitalos:


viernes, 11 de octubre de 2019

Actividades prácticas Ciencia Activa: Actívate!

A que estás esperando? 
Elixe e actívate!

Criterios de cualificación para as actividades prácticas dende a materia de bioloxía e xeoloxía. Para puntuar ata un máximo de tres puntos e poder sumalos á proba escrita.. Podes elexir as actividades que farás, para poder sumalas ás puntuacións de cada control escrito:

  • Animacións "Un minuto de Ciencia"-----------------máx.2 puntos
  • Vídeos------------------------------------------------ máx. 2 puntos
  • Presentacións Google drive ou power point---------máx.2 puntos
  • Actividades interactivas en Educaplay---------------máx. 2 puntos
  • Infografías------------------------------------------- máx. 2 puntos
  • Murales interactivos--------------------------------- máx.  2 puntos
  • Art Ciencia Activa------------------------------------ máx. 2 puntos
  • Entrada no blog-------------------------------------  máx. 1 punto
  • Podcast----------------------------------------------- máx. 1 punto
  • Actitude e caderno----------------------------------- máx. 1 punto
  • Comentarios (max. catro)---------------------------máx. 0,25 puntos
Non esquezas que podes ussar Powtoon, Easelly, Genially, Poodle, Audacity, Vocaroo, Publisher... e outras moitas apps que facilitarán o teu traballo, é moi importante que selecciones o tema sobre o que farás a actividade e sempre relacionado ca materia de bioloxía e xeoloxía. Lembra que os vosos traballos se compartirán nas redes do Proxecto Ciencia Activa, síntete orgulloso do teu traballo! Empreguemos as redes sociais con fíns educativos!
 
* Ao longo do curso tamén ponderarán as participacións dende Ciencia Activa en diferentes proxectos de centro coma o Festival do Libro, Postcrossing, Euroescola, E-twining e outros.

Lembrade preguntar calquer dúbida que poda xurdir!!

martes, 8 de octubre de 2019

Maravillas animais nas Rías Galegas!

Resultado de imagen de caballito de marNas Rías Galegas hai unha gran riqueza de especies.A situación das rías na plataforma continental, onde o aporte de sedimentos é grande, hai que engadirlle o fenómeno local de afloramento de aguas profundas e frías cheas de nutrientes, que fan das rías un lugar axeitado para a acuicultura. Lembremos o Parque Nacional das Illas Atlánticas limitando as Rías Baixas Galegas, un enclave privilexiado para atopar especies endémicas e de gran valor medioambiental. En resumo, as augas galegas son ricas en biodiversidade!

Neste vídeo podemos ver preciosas imaxes sobre as peculiaridades do "Cabaliño de mar" nas augas galegas, unha especie cuxa presencia garantiza a calidade das augas xa que é un fiable bioindicador biolóxico!

Sabías que:
Está cuberto de placas óseas coma se levase unha armadura?
E o macho o que queda preñado?
Usa a súa cola para suxetarse?
Hibernan? ou que aspiran o zooplanton do que se alimentan?...

estas e outras curiosidades podémolas ver neste vídeo publicado por GCiencia, unha verdadeira maravilla da Natureza nas augas de Galicia!


lunes, 16 de septiembre de 2019

Benvida ao curso 2019- 2020!


O Colexio Padre Feijoo- Zorelle, abre as portas a todo o alumnado de secundaria e bacharelato para o inicio do curso académico 2019- 2020. Benvid@s!
Neste primeiro día de colexio que comezamos con moita ilusión, reencontros entre novos e vellos amigos, sorrisos e moitas emocións ante esta aventura que iniciamos todos xuntos.  

As aulas están preparadas... pero valeiras, hoxe 16 de setembro encherémolas!


Dende este blog como profe de Bioloxía e Xeoloxía en 3º,4º ESO, 1º e 2º BAC e coordinadora do Proxecto Ciencia activa comunicarei as actividades, proxectos e planificacións do curso nas materias que imparto.

O Proxecto Ciencia Activa, continúa neste novo curso cheo de actividades para plantexar dúbidas e axudar ao desenvolvemento do pensamento crítico, indagando sobre novas científicas e intentando aprender empregando os nosos blogs de alumnos de ESO e BAC.

O alumnado de 4º de ESO A, serán os contribuíntes do blog: "Ciencia Activa, ESO é!, e pouco a pouco aprenderán a facer entradas no blog, audios, vídeos, podcast...e moitas máis actividades! O alumnado de 1º e 2º de BAC xestionarán o blog: "Proxecto Ciencia Activa".
                    
Deséxovos un feliz, científico e activo curso!




Obxectivo: acadar o ÉXITO!!!



lunes, 6 de mayo de 2019

O baile da mitose!

Este curso en 4º ESO académicas, estivemos estudiando a mitose dun xeito diferente, xa que estudiaron a letra dunha canción que explica o proceso, deseñaron unha coreografía e a bailaron.

                    

Cada estudiante formaba parte dunha célula animal, a membrana plasmática eran varios alumnos unidos por telas amarelas, e no interior outro grupo era, con telas de cor laranxa, a membrana nuclear, no seu interior o ADN en forma de cromatina. Ao longo da canción vanse modificando as estructuras, desparecen a membrana nuclear, o nucleolo e aparecen os cromosomas. Pasando polas fases de: profase, metafase , anafase e telofase ata conseguir dúas células fillas iguais entre sí e a célula nai da que proveñen.


A letra da canción atopárona os estudiantes en youtube, gravaron de novo a canción interpretada por Adriana Rodriguez, Shakira Villamarín, Sandra Delgado, Elena Dameá, Nuria Martín e Valeria Zapata que tamén coordinou os seus compañeiros na coreografía, e Agustín Da Silva que editou o vídeo. Bailan todo o grupo de 4º ESO A coordinados pola profe.
No vídeo vemos uns debuxos animados que representan o proceso de xeito continuo elaborados nunha tablet por Carlos Cuesta estudiante de Ciencia activa- Bac.


                              





lunes, 29 de abril de 2019

Pasapalabras de Ciencia!!!

No hai mellor xeito de aprender que xogando! 
Os alumnos de bioloxía de 2º BAC elaboraron dous pasapalabras de bioloxía empregando Educaplay.
Todo o alumnado de secundaria participou nun sorteo que permitiu formar dous grupos para xogar e competir divertíndose, todo o público atento e concentrado como podedes ver neste pequeno vídeo que amosa o interesante que foi esta actividade.

             
                                                                     


viernes, 26 de abril de 2019

Ciencia e Teatro no VI Festival del Libro: "Leer es crecer"

festivalProxecto: "Creciendo con la Ciencia"proxecto para o VI Festival do Libro
 O proxecto consistiu en elexir figuras relevantes da historia da ciencia ou algún tema de ciencia que nos chame a atención, e elaborar breves obras de teatro para interpretar aos compañeiros doutros cursos. A idea e que aprendan ciencia
de xeito divertido, desenvolvendo un pensamento crítico e potenciando o aprendizaxe entre iguais. Neste vídeo un grupo de alumnos de 1º Bac, explican a producción de hormonas en diferentes momentos da vida dun xoven, con moito humor!!!!!




Neste outro vídeo representan cómo Alfred Wegener defendeu A Deriva Continental aos seus compañeiros científicos... e aclaran os acertos e erros de Wegener.






viernes, 22 de marzo de 2019

Feliz Día Mundial da Auga! 22 de marzo do 2019

Cómo celebramos o Día Mundial da Auga no colexio plurilingüe Padre Feijoo- Zorelle?
O 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga, no noso colexio levamos unha semana de celebración en primaria con actividades propostas dende a Deputación, para celebrar a 5ª Semana da árbore e da auga na provincia.
En secundaria concienciámonos da importancia deste recurso nas clases de bioloxía e elaboramos un mural cos principais consellos a ter en conta para coidar este preciado ben!
Celebramos por videoconferencia o día da Auga con alumnos de Letonia que se atopan agora de Erasmus en Grecia.

O lema deste ano "Leaving no one behind" proposto pola Organización das Nacións Unidas.
Que importante e dispor de auga e boas condicións lembremos que sen auga non hai vida!



Resumo de actividades:






  • Charlas de concienciación nas materias de bioloxía e xeoloxía en secundaria e elaboración dun mural conmemorativo.




  • Conexión por Skype dende 1º BAC con alumnos de bioloxía de Letonia que se atopan en Grecia nun programa Erasmus+, grazas a comunicación entra as profesoras despóis da súa estancia no mesmo curso de formación en Dublín.






  • Asistencia a entrega de premios autonómicos de Viaqua no Concello de Ourense por alumnos premiados na ESO (Alba Fernández 3º ESO) e BAC (Carlos Cuesta 1º Bac) na modalidade Novo formato de microrrelato.



La imagen puede contener: 12 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior





sábado, 2 de marzo de 2019

Erasmus+ Dublín 2 de marzo 2019: Fin do curso en Irlanda!

SÁBADO 2 DE MARZO
Seminar VI: Discussing Dissemination Strategies Presenting our portfolio- Evaluation.

Remata o curso cun seminario de 9:00 a 11:00h onde ten lugar a exposición dos traballos en grupo no que houbo que incluír tres diapositivas:
Unha con dous puntos do sistema educativo irlandesa que se queiran comentar, a segunda con algo que poidemos ver ou aprender e que poido ser positivo para nós e as nosas clases, e a terceira que reflexe a difusión ou repercusións que poda ter este curso na nosa realidade escolar.



E remate final de toda a aventura ERASMUS+ DUBLIN  coa entrega de Diplomas:


Feliz remate e regreso a España para compartir e disfrutar da aprendizaxe e mellora da competencia lingüistica, así coma poder por en marcha novos proxectos con novos colaboradores de toda Europa!
Agora a traballar e deica ó próxima experiencia Erasmus+!

viernes, 1 de marzo de 2019

Erasmus+ 1 de marzo Dublín: Seminar V

VENRES 1 DE MARZO
Seminario V: Feedback on educational organization and management of learning.

A xornada do venres 1 de marzo foi moi interesante porque tivemos un feed-back entre todos os participantes do grupo mediante unha técnica de traballo que nos permitiu falar de xeito individual con 12 persoas en turnos de 3 minutos e ir contestando e intercambiando puntos de vista segundo as preguntas que se iban formulando nas pantallas da aula 2.03 do National College de Irlanda.
Divertido e moi emocionante buscar a parella correspondente ao noso reloxo cada tres minutos. (os meus compañeir@s foron: Mª José, María, Lía, Areti, Gema, Loli, Chiara, Lía, Bernardo, Aexandra, Miriam, Nati, e María. Todos de diferentes países e o noso diálogo en inglés... un novo reto superado!!!) 

A continuación uns minutos de reflexión para sintetizar en dúas ideas o que máis nos chamou a atención na semana do curso, nas diferentes actividades referentes a educación en Irlanda e a posta en común.



Ás 12:00h Field project: Glendalough
Viaxe en dous autobuses a Glendalough para visitar torre medieval, iglesia, cemiterio, e a paisaxe caducifolia tan similar á galega, paseando o redor dun lago de orixe glaciar en compañía de guías e divididos en grupos.

O guía irlandés chamado Noel que nos acompañou e ensinou.

Cunha folla de Quercus robur, casi coma en Galicia.

Con Mª José compartindo e turisteando.


Fermoso lago glaciar.
Rematada a excursión chegamos a Dublín para facer a maleta e preparanos para o regreso.


jueves, 28 de febrero de 2019

Aventura Erasmus+ Xoves 28 de febreiro: Educational Visit to school III

XOVES 28 DE FEBREIRO: Educational Visit to School III Dublín
School : Loreto Abbey Secundary School Dalkey 
Loreto Avenue, Dalkey
O xoves poidemos visitar un colexio católico e privado só de mozas de secundaria e ensinanza postobrigatoria para acceder á Universidade, o colexio está enclavado nun entorno envidiable e un edificio antigo, moi fermoso.
Director do Loreto Abbey
Recibiunos o director e nun aula explicounos o funcionamento, a historia, metodoloxía e ideario do centro.
Poidemos asistir a dúas clases completas segundo as nosas preferencias e materias que impartimos. Puden asistir a unha clase de química e outra de bioloxía de nivel similar a os cursos de bacharelato.
Unha vez máis aproveitei a oportunidade de falar ca profesora de bioloxía e cun grupo de alumnas no seu tempo de descanso. 
ao remate das clases volvímos a aula onde co profe encargado dos proxectos cas TICs tiven a ocasión de falar dos nosos proxectos e a posibilidade de contactar nun futuro.
Falando co alumnas do colexio no recreo

intercambio de experiencias co profe que máis usa as TICS no centro

Na clase de química de 6º nivel, similar a 2º BAC

Cos profes compañeiros de bioloxía, Demetri (Grecia) e Airita (Letonia)

A profe de bioloxía mostranos o texto que emprega.

Exteriores do Loreto Abbey Secondary School Dalkey
Rematamos a visita na aula de música onde nos agasallaron cun fermoso canto do coro do colexio e a interpretación dunha peza tradicional irlandesa.
Pasillos no interior do colexio acceso aula música

Alumnas no exterior durante a hora de comer









O remate da visita regresamos no tren a Dublín todo o grupo de profesores do curso e organizamos o noso traballo por grupos, no meu caso entre Airita profesora de bioloxía de Letonia e eu, xa vimos no tren organizando as ideas que queriamos resaltar da nosa experiencia no curso a través de tres diapositivas que houbo que mandar ao correo de English matters e explicar na xornada do último día.

Ese mesmo xoves de 18h a 20 h. unha nova xornada no National College: European Dimensión :Farawell e networking

Xornada para compartir e brindar a modo de despedida no "Ducke Pub" de Dublín cos coordinadores do curso e todo o profesorado participante.
Airita (Letonia), Dimitris (Grecia), Lía e Mary (Estonia) e Bea (España)
DUCKE PUB

miércoles, 27 de febrero de 2019

Aventura Erasmus+ : Mércores 27 de febreiro Educational Visit to school II (Dublín)

MÉRCORES 27 DE FEBREIRO
Comeza o día ben temprano porque temos que estar ás 9:30h nun novo colexio a visitar, levoume unha hora camiñando chegar pero de xeito moi doado seguindo unha das beiras do río que cruza a cidade, aínda que ao regreso o fixen en tranvía.
School: Inchicore College of Futher Education and Training Board
Emmet Road, Inchicore, Kilmainham, Dublín 8.


Na entrada da Escola Inchicore College of Futher Education and Training Board.
Nesta escola fomos recibidos polo director, Donnchadh Clancy, así coma de outros profesores. Nun primeiro contacto nos facilitan unha carpeta con material informativo e recibimos charlas sobre o funcionamento do centro, as súas particularidades por Linda Dowling, e tamén ca orientadora da escola Aideen Lyster, e Colin Carters o profe de escritura creativa que presenta o blog no que o alumnado comparte as experiencias das movilidades que realizan dentro dun programa Erasmus+ K2.
Noel Mc Donagh, European projects
Vimos un vídeo promocional do colexio e un power point cos proyectos europeos nos que participaron, explicado por Noel McDonagh, que nos acompañou no recorrido polo centro. Unha escola onde a creatividade está moi presente nas aulas, vimos teatro, danza, aula de coidados para as clases de enfermería...


Colin Carters,Creative Writing Courses

Ensaios na aula de teatro

Intercambiando ideas cas alumnas de danza

Falando cos alumnos de escritura creativa
 Feliz de interactuar en cada clase co alumnado unha experiencia enriquecedora e inesquecible!

Rematamos a visita sobre as 14:00 horas e o resto da tarde para descansar, e facer turismo por Dublín ao remate da tarde. 

Penny Bridge, emblemática ponte en Dublín


Con Mª José finalizando o mércores e compartindo as experiencias do día