VIII SEMANA
Sesión 25
Hoxe temos unha sesión de repaso de conceptos básicos da molécula máis importante da bioloxía molecular: O ADN.
Lémbraste? Proba cantas acertas sen consultar!
Formulario online conceptos básicos do ADN
Mostrando entradas con la etiqueta ADN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ADN. Mostrar todas las entradas
viernes, 15 de mayo de 2020
martes, 5 de mayo de 2020
Dende o ADN a unha proteína 4ºESO SESIÓN 18
VII SEMANA
Sesión 18
Nesta sesión comparto un vídeo en inglés pero subtitulado que dura tres minutos e explica de xeito animado como dende o ADN chega a formarse unha proteína nas células.
Tras o visionado intentade definir tres conceptos na libreta e os enviades por correo:
REPLICACIÓN, TRANSCRIPCIÓN e TRADUCCIÓN
Na clase do mércores aclararei tódalas dúbidas!

lunes, 4 de mayo de 2020
Test sobre estrutura e composición do ADN 4ºESO SESIÓN 17
VII Semana
Sesión 17
Na sesión de hoxe imos repasar a composición e estrutura do ADN explicada na clase online e que podedes repasar o ver o vídeo da clase ou na páxina 150 e 151 do libro,
A quí vos deixo este sinxelo test online:
FORMULARIO ONLINE DE REPASO DO ADN

martes, 12 de noviembre de 2019
Lembrando a Margarita Salas a principal científica española do século XX!
Falece aos 80 anos a científica asturiana Margarita Salas, un auténtico referente da ciencia, autora dunha patente trascendental para a ciencia como é a caracterización do ADN polimerasa do fago Φ29, que ten múltiples aplicacións biotecnolóxicas debido a súa altísima capacidade de amplificación do ADN.
Salas foi discípula do Nobel Severo Ochoa na Universidade de Nova York Á súa volta a España e tras a súa incorporación ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), creou un grupo de investigación dedicado ao estudo do bacteriófago ø29, que mantivo uns extraordinarios niveis de calidade e produción desde o comezo ata a actualidade.
O vídeo, realizado pola Oficina Europea de Patentes (EPO), recolle un dos principais fitos dos achados de Salas: a patente do método da ADN polimerasa phi29 reportou máis do 50% dos dereitos de autor que ingresou o CSIC. Por este motivo, a EPO outorgoulle este mes de xuño o premio Inventora do Ano 2019, que recolleu en Viena.
Un referente de muller científica e célebre investigadora española que é un magnífico exemplo de muller científica para tódalas nenas e rapazas de hoxe en día. A continuación neste podcast pódese escoitar a Antía e Raúl facéndose eco da nova do falecemento de Dona Margarita Salas e lembrando a súas achegas:

domingo, 10 de mayo de 2015
Os Departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais construíndo unha maqueta de ADN!
Con motivo das conmemoracións do 1 de xuño Día da Ciencia de Galicia e o 5 de xuño Día do Medio Ambiente, os profesores de ciencias de primaria, secundaria e bacharelato, encargaránse de expór no hall do Colexio durante a primeira semana de xuño, unha representación dos traballos feitos polos alumnos durante o curso na materia de ciencias naturais.
Na ESO, os Departamentos de Tecnoloxía e de Ciencias Naturais coordínanse na elaboración dunha molécula de ADN, para dita exposición.
Cómo facer unha maqueta da molécula do ADN? O primeiro repasar a importancia desta molécula nas células e na existencia e funcionamento de calquer ser vivo. Lembrade que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter. O descubrimento da "Dobre Hélice do ADN de Watson e Crick" considérase unha das achegas máis relevantes do século XX, no eido da bioloxía molecular.
Proceso:
- Nunha plancha de porespán debuxamos os azúcares (pentágonos que representan as desoxirribosas, parte fixa nas dúas cadeas de ADN)
- Marcamos as bases nitroxenadas púricas (adenina e guanina) e pirimidínicas ( citosina e timina). As bases son a parte variable, oa orde destes compostos determina as diferencias!
- Mercamos bolas de porespán de 10 cm de diámetro que representarán os fosfatos (H3PO4 que son parte fixa no ADN)
- Na aula de tecnoloxía cortánse as figuras de azúcares e bases, baixo a supervisión do profesor.
- Pintamos os compostos no laboratorio. ( Tendo en conta os criterios definidos sobre as cores para cada composto, non pode haber erros!)
- Procedemos a montaxe en tecnoloxía: unha base de madeira con rodas onde se cravan as dúas guías de madeira que serán as dúas cadeas, onde se insertan as figuras de porespán xa pintadas. Coidando sempre A e T (2 enlaces de pontes de hidróxeno) e G e C (3 enlaces de pontes de hidróxeno)
- O profesor de tecnoloxía e a profesora de bioloxía coordinan a montaxe para que a molécula reflexe o mellor posible a realidade dos xenes!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)