Mostrando entradas con la etiqueta 11 DE MAIO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 11 DE MAIO. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de mayo de 2020

Actividades prácticas 2º BAC CCMA Semana VIII

SEMANA VIII
A partir desta semana do 11 de maio coma a materia de Ciencias Medioambientais non é avaliable nas ABAU, pero sí pondera coma nota de bacharelato, propoño o deseño de actividades prácticas para favorecer a cualificación da media obtida ata agora que serán publicadas no blog do alumnado da materia: PROXECTO CIENCIA ACTIVA. xa que todos sodes contribuíntes do blog do alumnado.
As actividades poden ser:

  • Entradas no blog que quedan como borradores onde tamén podedes insertar outras actividades.
  • Animacións "Un minuto de Ciencia"
  • Vídeos
  • Presentacións Google drive ou power point
  • Actividades interactivas en Educaplay
  • Infografías
  • Murales interactivos
  • Art Ciencia Activa
  • Podcast
  • Comentarios nas entradas do blog feitas por outros compañeiros que sexan evidencia da lectura e compresión do post.

VIII Semana de confinamento Titoría

VIII SEMANA
Querid@s alumn@s,
este un curso tomaredes decicións de futuro a maioría para cursar bacharelato e seguir cos estudios superiores, para todos déixovos este vídeo no que podedes reflexionar sobre todas as posibilidades de éxito que podedes chegar a desenvolver se o intentades:


Hai moitas posibilidades! Aprovéita todas!

Repaso de problema de dous xenes 4ºESO SESIÓN 19

VIII SEMANA
Sesión 19
Nesta sesión repasaredes un problema de dous xenes, intentaredes facelo SIN MIRAR O VÍDEO ATA REMATAR e despois comprobades a solución e explicación do vídeo, xa me enviades as dúbidas ou me confirmades se o entendedes.

PROBLEMA:
  • Dúas condicións herdables no home, as cataratas e a fraxilidade dos ósos, son debidas a alelos dominantes. Un home con cataratas e ósos fráxiles, cuxo pai tiña ollos e ósos normais, casou cunha muller sen cataratas e ósos fráxiles, cuxo pai tiña ósos normais. Indique: a) os xenotipos dos proxenitores; b) as proporcións xenotípicas e fenotípicas da súa descendencia.


SOLUCIÓN E EXPLICACIÓN:


O sistema inmunitario 3ºESO SESIÓN 14

VIII SEMANA
Sesión 15
Nesta sesión para entender como funciona o sistema inmunitario humano déixovos este vídeo de debuxos animados para entender como funcionan os glóbulos blancos e como actúan para  defenfernos dos antíxenos ou sustancias extranas (virus, bacterias, fungos...)


A continuación define

  • GLOBULOS BLANCOS E NOMEA OS TIPOS
  • QUE É UN ANTICORPO?
  • QUE É UN FAGOCITO?
  • QUE É UNHA VACINA?
CORRESPÓNDESE CA TEORÍA DAS PÁXINAS 150 E 151 DO LIBRO.

A fecundación de anxiospermas 1ºBAC SESIÓN 23

SEMANA VIII
Sesión 23
Na sesión de hoxe explicaremos a dobre fecundación de anxiospermas para rematar os conceptos esenciais da reprodución vexetal.
Clase online luns 11 de maio as 12h.
VIDEO DA CLASE:


Bioloxía MODELO 2020- 2º BAC-SESIÓN 27

OCTAVA SEMANA
Sesión 27
Clase online 11 de maio ás 12h resolución e explicacións da proba modelo do 2020: MODELO 2020

VÍDEO DA CLASE:



PROBLEMA DO MODELO CATARATAS E ÓSOS FRÁXILES: