miércoles, 21 de septiembre de 2016

Desmontando ao alcohol, co novo calendario escolar!

O Concello de Ourense a través da Concellería de Sanidade, de novo editou un calendario escolar cunha selección dos mellores debuxos e microrrelatos da III Edición do concurso: Apúntate unha idea.
O colexio Padre Feijóo ven participando en tódalas edicións, a través do Departamento de Ciencias Naturais, e afortunadamente os estudiantes obtiveron sempre premios na categoría slogan, lembraremos:
"O alcol non mola, amola", "Co alcol perdes o control", "Apúntate esta o alcol apesta" e o primeiro premio deste ano: "Don Botellón é un matón".
Pero tamén debuxos e relatos de escolares do colexio foron publicados en paneis e calendarios como os que se editaron para este curso 2016- 2017.
Neste calendario do curso escolar 2016- 2017 aparecen tres traballos de alumn@s do noso colexio.
Autor: Miguel Quiroga

Parabéns a Miguel Quiroga polo seu impactante debuxo que protagoniza o mes de xaneiro, Miguel participou coma alumno de 4º de ESO e agora xa está en 1º de bacharelato.
Autor: Tomas Pérez

Noraboa a Thomas Pérez, que co seu colorido debuxo destaca no mes de febreiro, concursou coma alumno de 2º de ESO e agora xa é alumno de 3º.

Remata o curso en xuño onde no calendario podemos ler e reflexionar co fermoso microrrelato de Anaís Siota que fixo o seu relato en 3º e agora comeza 4º da ESO, Parabéns Anaís!



 Este ano de novo participaremos nesta iniciativa da concellería de sanidade do Concello que ten coma obxectivo previr o consumo de alcohol nos adolescentes. Moitas grazas a tod@s por participar e noraboa aos que ven publicados os seus traballos, parabéns!






jueves, 15 de septiembre de 2016

Inicio do curso 2016-2017!

Resultado de imagen de bienvenidosHoxe día 15 de setembro retomamos a actividade escolar, reencontros, sorrisos e o primeiro contacto cas aulas, compañeir@s e profesores.
Dende a materia de bioloxia e xeoloxía lembrade que somos Ciencia Activa, e pronto retomaremos a actividade dos blogs con novos contribuíntes que colleredes a testemuña de ambos blogs tanto en BAC coma na ESO, sei que é unha responsabilidade pero contaredes coa miña axuda, non teño ningunha dúbida de que o faredes moi ben. O curso pasado tivemos un excelente recoñecemento o noso traballo, con primeiro premio co blog alumnos, fomos afortunados!
Continuaremos con proxectos que xa coñecedes coma: ArtCiencia, Coach- Kids, Novos profes, colaboracións Post Crossing, microrrelatos científicos...e algún outra novidade que xa iremos contando e que vos permitirán mellorar as vosas calificacións e aprender por vos mesmos!
Benvidos a tod@s e feliz curso!

Así rematamos o curso en xuño, premiados!

Non hai mellor forma de rematar o curso!
O blog de alumnos de secundaria do colexio Padre Feijoo- Zorelle foi recoñecido este pasado sábado 11 de xuño, coma o mellor blog de ESO dos presentados na X Edición do Concurso Espiral Edublogs!
En Medialb Prado asistimos a entrega de premios unha representación dos alumnos, Xu e Diego de 4º de ESO acompañados por dúas profes (Chus e Bea como coordinadora do blog). Unha experiencia inolvidable, da que se fan eco no seguinte post do blog premiado.
Engadir que foi importante a repercusión na prensa local, na televisión local e tamén en dúas ocasións no telexornal da televisión galega, non vos perdades estes vídeos cas novas, FAI CLICK NAS IMAXES:





                                                                   
Coma profesora coordinadora dos blogs de Ciencia Activa, non me podo sentir máis orgullosa dos meus alumn@s e do voso traballo, noraboa sodes fantásticos!