viernes, 11 de noviembre de 2016

Videoconferencia: O monte é a nosa vida!

O próximo martes 15 de novembro dende o colexio Padre Feijoo ás 12 horas conectaremos online co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). 
Nesta videoconferencia desenvolverase unha charla divulgativa dirixida a estudiantes de secundaria na que se resaltará a importancia dos bosques e os seus valores dende o punto de vista económico, social e medioambiental, organizada por Confemaderas de Galicia.
Os estudiantes de 3º e 4º da ESO terán a oportunidade de participar nun chat para plantexar dúbidas que podan xurdir o remate da charla.

martes, 1 de noviembre de 2016

III Edición de Microrrelatos de auga intelixente


Viaqua convoca a III Edición do Certame Literario "Relatos de agua inteligente" para estudiantes de secundaria e bacharelato de toda a Comunidade galega. Os Departamentos de lingua galega, lingua castelá e bioloxía e xeoloxía en colaboración, coordinan a participación dos escolares do colexio Padre Feijoo.

Déixovos información e enlaces que vos axuden a elaboración do voso microrrelato de auga intelixente, moita sorte!

As cidades modernas básanse en infraestructuras eficientes e durables de auga, electricidade, telecomunicaciones, gas, transporte, servicios públicos, edificios intelixentes...
A importancia de xestionar os recursos naturais dun xeito máis eficiente nas cidades é unha cuestión defendida por a maioría dos expertos.
A auga é un ben limitado e escaso en moitas cidades, esto obriga a solucións alternativas de reutilización e conservación. É moi importante xestionar os recursos hídricos de xeito intelixente, cun consumo racionalizado en regadío, fontes, doméstico, industrial...