SEMANA IX
Sesión 28
A nutrición celular que levamos a cabo nas células precisa de diferentes aparellos que fan posible que os nutrientes e o osíxeno cheguen ás células e os residuos coma o dióxido de carbono sexan explusados.
Hoxe repasaremos o aparello dixestivo (cun xogo) e o respiratorio (debuxando as partes na libreta e cun relaciona interactivo) cunhas actividades:
DEBUXA NA LIBRETA E FAI O RELACIONA ONLINE
XOGO PARA REPASAR A FUNCIÓN DO A. DIXESTIVO
Mostrando entradas con la etiqueta ANATOMÍA-FISIOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANATOMÍA-FISIOLOXÍA. Mostrar todas las entradas
viernes, 22 de mayo de 2020
miércoles, 29 de abril de 2020
Repaso do esqueleto 3ºESO SESIÓN 11
SEXTA SEMANA
Sesión 11
Nesta sesión imos repasar os principais ósos do corpo, que poidemos explicar en clases presenciais antes do confinamento.
Solucións
Sesión 11
- Entra no enlace da actividade e verás 29 ósos , escribe na libreta os números e o nome ao lado do óso correspondente .Repaso do esqueleto ca seguinte actividade: ACTIVIDADE
Solucións
martes, 3 de diciembre de 2013
A Dixestión e a Respiración.
miércoles, 20 de noviembre de 2013
A circulación sanguínea
Para repasar as ideas esenciais do aparello circulatorio déixovos esta animación que o explica con claridade dun xeito sinxelo. Antes de ver o tema 4 de 3º ESO é bó un lembrar conceptos básicos de cursos anteriores.
( Fai clic na imaxe )
viernes, 11 de octubre de 2013
A Función de Relación nos seres vivos
Todos os seres vivos sabedes que se nutren, se reproducen, e se relacionan. Cando falamos de relación, lembramos que é a capacidade de captar cambios ambientais e responder a eles. As bacterias, as plantas, os fungos, os protozoos e os animais por suposto que o fan de xeito distinto. Nesta presentación tendes un resumo desta función nos diferentes Reinos.
domingo, 30 de septiembre de 2012
Enfermidades Infecciosas
Con esta actividade os alumnos de 3ºESO podedes comprobar o que sabedes, e repasar as enfermidades infecciosas, dadas no primeiro tema.
jueves, 3 de mayo de 2012
Actividade sobre inmunidade II
Agora tendes un test onde podedes comprobar xogando, os coñecementos sobre as defensas do noso organismo.
miércoles, 2 de mayo de 2012
Actividade sobre a inmunidade I
Agora, propóñovos un xogo! facede esta sopa de letras e escribide nun comentario desta entrada as nove palabras da solución. Lembrade a importancia das actividades na cualificación. Esta actividade podédela facer todos, para os de 2º BAC. debería ser mais doada.
martes, 1 de mayo de 2012
Inmunidade
Este vídeo axudaravos a ter unha idea xeral da orixe e función dos linfocitos. Despois, seravos mais sinxelo comprender os contidos do tema da inmunidade humana.
jueves, 19 de abril de 2012
O Misterio das neuronas
O Misterio das neuronas é o título desta entrada de Xurxo Mariño onde nos descobre os segredos das neuronas, as células máis importantes do noso corpo, xa que conducen os sinais eléctricos que determinan os pensamentos, a memoria, as emocións, a palabra e o movemento muscular.
As neuronas do teu Sistema Nervioso Central mórrense aos poucos, pero tes tantas que a cousa non é preocupante. En caso de necesitar unha reserva extra de neuronas, hai un pequeno problema, xa que esas células non se dividen; son os custos de manter a integridade estrutural e funcional do sistema. Aínda así, hai dous procesos de rexeneración en marcha: os axones das neuronas periféricas poden restaurar as súas conexións tras unha lesión e, por outra banda, nalgunhas rexións do Sistema Nervioso Central constatáronse procesos de neuroxénesis que dan lugar ao nacemento constante dun limitado número de neuronas ao longo de toda a vida.
domingo, 26 de febrero de 2012
O Sistema Nervioso
A neurona é a principal célula do Sistema Nervioso, neste vídeo explica de xeito sinxelo o seu comportamento.
Tamén podedes revisar esta presentación, que xa é mais completa e tamén aparece a transmisión do impulso nervioso que estudiades os alumnos de 1ºBAC.
Tamén podedes revisar esta presentación, que xa é mais completa e tamén aparece a transmisión do impulso nervioso que estudiades os alumnos de 1ºBAC.
miércoles, 1 de febrero de 2012
O aparello excretor
O aparello excretor encárgase de eliminalas sustancias residuais do organismo, coma a urina e o suor. Neste vídeo explícase a formación da urina nos riles e o papel das glándulas sudoríparas na excreción.
domingo, 15 de enero de 2012
Sistema Circulatorio
Os circuitos maior e menor representan o recorrido do sangue no noso corpo e como o corazón bombea o sangue ca sístole e a diástole, como se estudia en 3º da E.S.O e se repasa en 1º de BAC.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)