Mostrando entradas con la etiqueta TITORÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TITORÍA. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de septiembre de 2019

Benvida ao curso 2019- 2020!


O Colexio Padre Feijoo- Zorelle, abre as portas a todo o alumnado de secundaria e bacharelato para o inicio do curso académico 2019- 2020. Benvid@s!
Neste primeiro día de colexio que comezamos con moita ilusión, reencontros entre novos e vellos amigos, sorrisos e moitas emocións ante esta aventura que iniciamos todos xuntos.  

As aulas están preparadas... pero valeiras, hoxe 16 de setembro encherémolas!


Dende este blog como profe de Bioloxía e Xeoloxía en 3º,4º ESO, 1º e 2º BAC e coordinadora do Proxecto Ciencia activa comunicarei as actividades, proxectos e planificacións do curso nas materias que imparto.

O Proxecto Ciencia Activa, continúa neste novo curso cheo de actividades para plantexar dúbidas e axudar ao desenvolvemento do pensamento crítico, indagando sobre novas científicas e intentando aprender empregando os nosos blogs de alumnos de ESO e BAC.

O alumnado de 4º de ESO A, serán os contribuíntes do blog: "Ciencia Activa, ESO é!, e pouco a pouco aprenderán a facer entradas no blog, audios, vídeos, podcast...e moitas máis actividades! O alumnado de 1º e 2º de BAC xestionarán o blog: "Proxecto Ciencia Activa".
                    
Deséxovos un feliz, científico e activo curso!




Obxectivo: acadar o ÉXITO!!!



viernes, 1 de febrero de 2019

¡Ríe, sé feliz! por un recreo inclusivo

Os estudiantes de 4º da ESO A coordinados dende a titoría prepararon o seguinte videoclip cunha canción interpretada por eles: "¡Ríe, sé feliz! dun minuto de duración, para participar no 35 Concurso da Once.

Nesta edición a temática era sobre o recreo e a inclusión baixo o lema "Por mí y por todos
mis compañeros".
Destacar que o proceso de elaboración foi un verdadeiro traballo en equipo:

  •  A letra da canción foi escrita entre todos nas sesións de titoría, 
  • Así como a selección da base musical número 4 da Once. 
  • Cadrar a letra na música axudados pola titora, 
  • Os arreglos das voces e a gravación co profe de música. 
  • A edición do vídeo entre Agustín de 4º e o profe de física.
  • O acróstico que aparece no vídeo elaborado ca titora e editado con powerpoint.
  • As gravacións das secuencias feitas polo alumnado ca titora.
  • Voces da canción: Adriana (solista), Manuel, Shakira, Sandra, Miguel y Nuria.

 Unha experiencia divertida na que reflexionaron sobre o que creen debe ser o recreo, a idea que queren reflexar é que no colexio e no recreo especialmente, os alumos deben ser felices e a risa é o fío condutor do seu vídeo. A continuación pódese ver:


Todos entendemos que a risa nos une non hai diferencias se somos felices, xa sexa xogando, coma lendo, facendo teatro, cantando... non hai discapacidade que limita se a risa nadie cha quita!
A continuación podedes leer o guión ca explicación do vídeo e a letra da canción que tamén houbo que enviar para o concurso.
 

VOCES: SHAKIRA, SANDRA, MIGUEL, MANUEL,NURIA Y ADRIANA (solista)

lunes, 14 de enero de 2019

Participando no 35 Concurso da Once!

A titoría de 4º ESO A coordinados pola súa titora e axudados polos profesores de física e música, están a preparar a súa participación nunha nova edición do Concurso da Once. Este ano adicado ao recreo, sí ao recreo! Ese espazo de horario lectivo adicado a o tempo de lecer!
 O lema da trinta e cinco edición é "Por mi y por todos mis compañeros", por un recreo inclusivo!


CONCURSO ONCE

Na categoría de secundaria consiste na elaboración dun videoclip dun minuto de duración, no que se inclúa un tema musical gravado polo grupo participante.
Pasos a realizar:

  • Choiva de ideas e frases para elaboración da letra da canción en dúas sesións de titorías
  • Gravación de secuencias que se queren representar coordinados pola titora.
  • Selección e descarga da base musical da web da Once nunha sesión de titoría.
  • Encaixar a letra na base musical coordinados pola profe.
  • Consultar co profe de música para mellorar a nosa canción.
  • Gravación da canción con audacity cas voces dun grupo de alumn@s da clase e inserción da base musical.
  • Encadear as secuencias nun vídeo dun minuto axudados polo profe de física, para comezar a edición.
  • Edición final do videoclip por un alumno do grupo, que engadirá efectos e sonido, supervisado pola titora.
  • Elaboración do guión explicativo do videoclip pola titoría de 4º ESO A.

Ensayando canción


                           Titoría 4ESO A

viernes, 14 de diciembre de 2018

Preparando o Nadal na aula!

O alumnado da titoría de 4º ESO A, comeza o mes de decembro preparando a clase para o Nadal. Traballando xuntos na sesión de titoría para que o ambiente do Nadal chegue as aulas, entre todos colaborando na elaboración dunha árbore cas fotos dos alumnos e alumnas, e cunha mensaxe navideña en galego, castelán, francés e inglés.
Primeiro repartimos os gorros, segundo posando para as fotos, terceiro gravando unha mensaxe entre todos para os membros da comunidade educativa do colexio plurilingüe Padre Feijoo- Zorelle.
Eiquí vemos o resultado:







martes, 23 de octubre de 2018

Novo proxecto na aula de 4º da ESO A: Ecoaula!

            Que é Ecoaula?
O alumnado de 4º da ESO A e a súa titora comprométense no coidado do medioambiente, cun xesto tan sinxelo coma a recollida selectiva de papeis e cartóns.

Na sesión de titoría do día 22 de outubro forraron unha caixa con papel de charol e fixeron unhas letras de goma eva, para nela tirar os papeis.
Moi importante:
                     Papeis sen engurrar!



O coidado do medioambiente é necesario, os bosques, as árbores e plantas... son os pulmóns do noso planeta.
Como podemos aportar un pequeno gran de area dende a aula? Pois é doado, os papeis que xa empregamos e non necesitamos os recollemos porque pódense reciclar!

KHADY pega o papel na caixa!

SANDRA recorta as letras

CLARA E ADRI cortan e encolan letras

SHAKIRA recorta!

VALERIA e KHADY rematan a nova papeleira!


NON TE PERDAS ALGÚNS CONSELLOS PARA COIDAR O MEDIOAMBIENTE, A A IMPORTANCIA DE APROVEITAR OS PAPEIS E CARTÓNS: