Así como coñecer: QUE É O EFECTO MATILDA? grazas a Valeria Zapata.
QUE É O EFECTO MATILDA?
Mostrando entradas con la etiqueta MULLER E CIENCIA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MULLER E CIENCIA. Mostrar todas las entradas
jueves, 11 de febrero de 2021
11 de febreiro- Día da Muller e a Nena na Ciencia
Un bo xeito de celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia e coñecendo algunhas das científicas relevantes da historia da man dos traballos da tarefa Un minuto de ciencia! encuadrada no Prxecto Ciencia Activa do colexio.
Así podemos ver nun minuto que foi L. margulis por Cristina perea, Margarita Salas por Uxía Nogueiras, Marie Curie ou Valentina Tereshkova a primeira muller en viaxar ao espacio, por outras alumnas do colexio elaborados o pasado curso.
viernes, 31 de enero de 2020
Escritora, muller de ciencia e feminista: Concepción Arenal, unha galega universal!
Escritora, muller de ciencia e feminista: Concepción Arenal, unha galega universal!Fai 200 anos nacía Concepción Arenal, unha muller que loitou para poder estudiar na Universidade, un exemplo de tesón e esforzo nunha época na que a muller non tiña acceso a cultura.
Foi pioneira en moitos aspectos da vida social e intelectual da muller. Grazas a mulleres valentes e intelixentes coma Concepción Arenal, facilitouse o camiño a todas as mulleres e dous séculos despois seguimos lembrado a importancia da súa vida e a súa obra.
Concepción Arenal conseguiu o recoñecemento público, como unha das máis grandes personalidades da investigación e lexislación penitenciaria. E tamén como unha pioneira da loita polos dereitos da muller. Naceu en Ferrol hai agora 200 anos.
lunes, 12 de febrero de 2018
Celebrando o Día da muller e a nena na ciencia!
Ao longo da historia as mulleres tiveron moitas dificultades para poder estudar e formarse de xeito similar aos homes, aínda podemos ver coma estas dificultades foron ainda maiores no eido científico.
Para conmemorar o Día Internacional da muller neste vídeo lembramos algunhas das mulleres de ciencia que queremos destacar:
CURIOSIDADES DE GRANDES MULLERES de ciencia e galegas:
Dna Ángeles Alvariño foi pioneira da oceanografía, un buque de investigación leva o seu nome! Con este vídeo se resume a súa vida e aportacións científicas, no ano 2015 adicaron o Día da Ciencia en Galicia a esta pioneira oceanógrafa!
Sabías que a Enciclopedia mecánica foi patentada pola mestra ferrolá (nacida en León), Dna Ángela Ruiz Robles, en 1949, e que foi o antecedente dos libros electrónicos. Non deixes de ver este breve vídeo sobre Dona Angelita a mestra inventora!
![]() |
| Olimpia Valencia Nuñez |
Sabías que ...non hai nin un século dende que a primeira galega se licenciou en medicina e comenzou a exercer a profesión? Poi foi unha ourensana, Dona Olimpia Valencia, que abriu en Vigo a súa consulta de xinecoloxía vencendo todas as dificultades.
Sabías que...Manuela Barreiro é a primeira galega en licenciarse en Farmacia, e abríu a súa botica en Ribadeo, a pesar que á petición de ingresar na universidade lle contestaban: "Perden o tempo as familias que teñen o mal gusto de enviar ás súas fillas ao laboratorio". insistiu e logrouno!
jueves, 9 de febrero de 2017
11 de Febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas decideproclamar o 11 de febreiro coma o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. Educar en la igual de oportunidades, animar e despertar o interese pola ciencia, a tecnoloxía, e a matemática nas nenas do mesmo xeito que nos nenos. Non te perdas este breve vídeo: as mulleres aportan creatividade na Nasa!
Os alumnos de 4º da ESO, para celebrar este día, investigaron as aportacións dalgunhas das grandes científicas que lle chamaron a atención e elaboraron post a modo de ficha de datos de cada unha: biografía, aportacións científicas e recoñecementos.
Tamén elexiron un modelo actual de científica, unha exalumna do colexio. Non deixes de consultalas entradas no seu blog ou neste enlace: MULLERES E CIENCIA en Ciencia Activa, ESO é!
Ti tamén podes ser científica!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
