
Hoxe día 15 de setembro retomamos a actividade académica. Comezamos un novo curso coa ilusión de rematalo co éxito.
Benvid@s tod@s!
Xa imos comezar planificando unha actividade nestes primeiros dez días. Como sabedes o día 26 de setembro fai 250 anos da morte de
Benito Jerónimo Feijoo ( Padre Feijoo ), co fin de rendirlle homenaxe a este ilustre ourensán, que ademáis da nome o colexio, dende a materia de bioloxía destacaremos
o seu achego as ciencias fuxindo da superstición!
Actividades propostas para 3º ESO------- Elaboración de
manuscritos no laboratorio e aula,e exposición no hall do centro.
Actividades propostas para 4º ESO e 1º BAC------Eaboración de
infografías sobre a obra ou vida do autor galego, para publicar na web do colexio.
Ademáis lembrade que
O Día do Científico Galego 2013 foi adicado ao Padre Feijoo, e no colexio tivemos unha conferencia - taller con divertidos experimentos para conmemoralo, este pequeno vídeo mostra algúns deles.