A finalidade desta conmemoración é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.
Os agricultores familiares xestionan as súas terras con altos niveis de productividade a pesar de ter poucas axudas económicas. É complicado a explotación agrícola familiar porque depende das condicións climatolóxicas, da fertilidade do solo e das subvencións que precisan moitos dos pequenos agricultores.Por iso é unha moi boa iniciativa resaltar neste día a relevancia destas actividades familiares en todo o mundo, resaltar a súa importancia e fomentar as axudas que precisen!