
Os alumnos de 1º BAC e 3º ESO e 4º ESO B neste primeiro trimestre de traballo práctico poden elexir entre unha
Presentación ou
Candy-Anatomy (unha manualidade con chuches, plastilina ou outro material que se preste). En calquera dos traballos o tema ten que ser de bioloxía ou xeoloxía, elexido por cada alumno.
Os alumnos de 4º ESO A neste primeiro trimestre comezarán a elaboración dun Xornal Dixital, distribuiremos as novas na aula e as mandaredes ao correo da profesora.
Pautas para os traballos:
- Primeiro a elección do tema e notificación á profesora para evitar coincidencias.
- As presentacións debe conter índice, conclusións e relación de recursos ou enlaces empregados.
- Prazo máximo de entrega para os alumnos de 1ºBAC o día do exame de decembro.(Cada alumno de 1º fará unha exposición da presentación na aula empregando a PDI)
- Prazo máximo de entrega para os alumnos de 3º ESO e 4ºESO B o día 7 de xaneiro.
- Os alumnos de 4º ESO A teñen que enviar os artigos do xornal dixital antes do 14 de decembro.
- Os traballos envíanse antes desas datas ao correo: beatriz@feijoozorelle.com
- Consultádeme todas as dúbidas que vos xurdan!
Se elixes facer un traballo Candy- Anatomy lembra elexir primeiro o tema (Ciclo da auga, sistema solar, volcáns, pregamentos...ou aparello dixestivo, ollo, ósos, células, orgánulos...)
A continuación selecciona o material que empregarás e nunha cartulina A3 construirás e rotularás as partes do esquema elexido.
Déixovos algún consello para ter en conta no momento de facer as presentacións, que repetiremos na aula:
- Respetade os dereitos de autor
- Non por moito texto, pero ben elexido!
- Pensa primeiro a estructura da presentación!
- Elixe as imaxes acordes ao que queres explicar
- As animacións son importantes pero non abuses porque cansan e distraen a esencia da presentación.
- É moi importante que elabores un esquema mental de como queres facer a presentación
- Non copies, unha boa presentación pode ser breve, ti podes explicala e ampliala cando a expoñas!
- Elixe ben o formato da letra e diapositivas para que se lean ben