Que é un microrrelato científico?
É un texto curto onde cóntase algo empregando terminoloxía de ciencias (con termos de bioloxía, matemáticas, física, química, ou xeoloxía).
O importante é que sexan inéditos, e os autores deixen voar a imaxinación xa que a temática é libre, e todos os alumnos e alumnas poden ser moi creativos!
Os seleccionados neste IV Festival do Libro foron expostos nun mural presidido por Gregor Mendel, o pai da xenética, e descubridor das leis que levan o seu nome. Mendel investigou ca planta do chícharo, Pisum sativum, e por iso empregamos cartulinas semellando chícharos amarelos e verdes, sobre as que se pegaron os mellores microrrelatos.
Na selección e corrección dos microrrelatos participaron as profesoras de lingua galega e lingua castelá Carmen García e Sara Perea. Moitas grazas!
noraboa a todos polos relatos científicos e por o traballo colaborativo tan estupendo para a ela boración do mural!
Os tres premiados neste IV Festival: "Sueña leyendo", foron: Carlos, Raúl, e Gema de 3º de ESO e dous accesits para David e Alex de 1º Bac, podedes leelos a continuación:
domingo, 30 de abril de 2017
martes, 18 de abril de 2017
Teatro didáctico e interactivo: #1000likes!
Os alumnos de 3º de ESO asistiron no mes de abril no Auditorio a esta representación teatral onde de xeito interactivo cos seus móviles poideron interactuar e cas súas conversas solucionar a problemática que plasmaba a obra de teatro.
Os alumnos e alumnas do colexio xunto a estudiantes doutros centros disfrutaron dunha obra de teatro divertida pero ademáis moi didáctica, que os fixo reflexionar sobre as conductas nas redes e lles fixo traballar na empatía cos compañeiros. Así eles mesmos identificaron as conductas inapropiadas de cada persoaxe e poideron modificar diálogos e cambiar o desenlace da obra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)