Unha semana máis tarde, o 7 de xaneiro, as autoridades chinesas confirmaron que identificaran un novo coronavirus, unha familia de virus que causan o arrefriado común e enfermidades como o MERS e o SARS.
Este novo virus denominouse, provisionalmente, 2019- nCoV. Desde o momento en que foi informada do brote, a OMS estivo traballando coas autoridades chinesas e con expertos de todo o mundo para obter máis información sobre o virus, os seus efectos sobre as persoas infectadas, o seu tratamento e as medidas que poden adoptar os países para facerlle fronte.
Tendo en conta de que os coronavirus adoitan causar síntomas respiratorios, a OMS emitiu recomendacións de protección persoal contra a infección, así como para evitar o contaxio doutras persoas.
As recomendacións habituais para non propagar a infección son:
- A boa hixiene de mans
- Cubrirse a boca e o nariz ao toser e esbirrar
- A cocción completa da carne e os ovos
- Débese evitar o contacto estreito con calquera persoa que presente signos de afección respiratoria, como tose ou esbirros