lunes, 19 de junio de 2023

Teatro e Ciencia!

 Non podemos rematar o curso sen destacar neste terceiro trimestre os sketckes teatrais elaborados polos estudiantes de bioloxía e xeoloxía da ESO na X conmemoración do Festival do Libro. Estupendos traballos de investigación previa sobre os científicos seleccionados para inventar unha trama e representala ao resto dos compañeiros.

Excelente traballo, parabéns! 

ALUMNADO DE 4º ESO HISTORIA SOBRE MENDEL E AS TRES LEIS:

TÍTERES SOBRE JANE GOODALL_ ALUMNADO DE 3º ESO REPRESENTACIÓN EN INFANTIL:


ESCOLARES DE 3º ESO CONTAN HISTORIA DE MARGARITA SALAS:


ESCOLARES DE 3º ESO CONTAN HISTORIA DE EINSTEIN:


domingo, 4 de junio de 2023

Repasa para as probas escritas de xuño en Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO

 Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO A e 3º ESO B

Tema 6

Órganos dos sentidos (Estudiando os debuxos cas partes)

O esqueleto (Estudiando nos debuxos a localización)

Articulacións: concepto , tipos e exemplos

Situar no corpo dez músculos

Tema 7

A neurona cas partes

Esquema do Sistema Nervioso (na libreta)

Localizar as glándulas endocrinas no corpo humano

Exemplos de hormonas ca función e a glándula onde se fabrican

Clasificación das drogas (Esquema na libreta)

Tema 8

Os aparellos reproductores (estudiar partes nos debuxos)

Fases do parto

Os métodos anticonceptivos 

(Tarefa páxina 174: 31 e 32)

OLLO!

3º ESO A:

 6  XUÑO (Proba escrita 70%)  19 XUÑO (Revisión actividades e libreta 30%)


3º ESO B:

 8 XUÑO (Proba escrita 70%)   19 XUÑO (Revisión actividades e libreta 30%)


lunes, 12 de septiembre de 2022

Actividades prácticas Bioloxía e Xeoloxía curso 2022- 2023

A que estás esperando? Elixe e actívate!

Criterios de cualificación para as ACTIVIDADES PRÁCTICAS dende a materia de bioloxía e xeoloxía: 
Para puntuar ata un máximo de tres puntos e poder sumalos á proba escrita (máximo 7 puntos). 
Podes elexir as actividades que farás, para poder sumalas ás puntuacións de cada control escrito:
  • Animacións "Un minuto de Ciencia"-----------------máx.2 puntos
  • Vídeos------------------------------------------------ máx. 2 puntos
  • Vídeos para Tik-Tok----------------------------------máx. 2 puntos
  • Presentacións Google drive ou power point---------máx.2 puntos
  • Actividades interactivas en Educaplay---------------máx. 2 puntos
  • Infografías------------------------------------------- máx. 2 puntos
  • Murales interactivos--------------------------------- máx. 2 puntos
  • MANUALIDADES con Art Ciencia Activa------------ máx. 2 puntos
  • Entrada no blog (alumnado de 4º)----------------- máx. 1 punto
  • Podcast----------------------------------------------- máx. 1 punto
  • Actitude participativa e caderno-------------------- máx. 1 punto
  • Comentarios (max. catro)---------------------------máx. 0,25 puntos
  • Exposicións orais e explicacións dos traballos -----suman 1 punto 
 Lembra que os vosos traballos se compartirán nas redes do Proxecto Ciencia Activa, síntete orgulloso do teu traballo!
 Empreguemos as redes sociais con fíns educativos!

VISITA O BLOG DO ALUMNADO: Ciencia Activa ESO é!

PROBAS ESCRITAS DA 1ª AVALIACIÓN:

Primeiros controis escritos+ traballos prácticos--------17 ao 21 OUTUBRO
Segundos controis escritos+ traballos prácticos-------12 ao 16 DECEMBRO

Lembrade preguntar calquer dúbida que poda xurdir á profesora!
 

domingo, 21 de noviembre de 2021

O vulcanismo activo en España!

 A Dinámica do noso planeta é interna e externa, a diario vemos as consecuencias da dinámica externa provocada polos axentes xeomorfolóxicos ca meteorización, erosión, transporte e sedimentación. O dinamismo interno da Terra manifestase a través de seísmos, actividade volcánica, tectónica de placas...e poder observar as súas consecuencias non é moi frecuente.

Este mes de setembro iniciouse un insólito espectáculo xeolóxico, a erupción do volcán Cumbre Vieja na illa de La Palma en Canarias, esta erupción tan activa está supondo un grave impacto medioambiental, económico e por suposto social.

Na materia de bioloxía e xeoloxía no colexio Padre Feijoo- Zorelle tratamos este tema de xeito paralelo a realidade xeolóxica e informativa que estamos a vivir en España nestes dous últimos meses.

Nos blogs de alumnos da materia supervisados pola profesora, Beatriz Temes, o alumnado de 4º ESO xestiona o blog: Ciencia Activa ESO é! e o alumnado de Ciencias da Terra e o medioambiente de 2ºBAC son os encargados do blog : Proxecto Ciencia Activa, publicaron un total de catorce entradas neste dous meses de actividade volcánica, que conteñen: Podcasts, infografías, roscos de palabras, vídeos e novas facendose eco da recente e intensa actividade volcánica e as súas consecuencias sísmicas, atmosféricas, oceánicas e sendo conscientes e solidarios ca grave situación que está a vivir a poboación da illa canaria. 

Neste padlet recóllese a recopilación destas actividades:

Made with Padlet

O alumnado de 1º ESO guiados pola profesora Rosa Mª Pérez estudiaron as partes dos volcáns e os impactos da súa erupción, empregando maquetas para comprender mellor a estrutura dun cono volcánico. Ademáis con motivo do segundo mes consecutivo da actividade do volcán de "Cumbre Vieja", elaboraron mensaxes de ánimo e solidariedade ca poboación de La Palma, que están a vivir está sorprendente e complicada situación.








viernes, 4 de junio de 2021

Reimaxina, recrea, restaura

 Este ano 2021 o Día do Medioambiente adícase á conservación dos ecosistemas.

A perda dos ecosistemas está a privar ao mundo de sumidoiros de carbono, como os bosques e as turberas, nun momento en que a humanidade xa non pode permitirllo. 

As emisións globais de gases de efecto invernadoiro aumentaron durante tres anos consecutivos e o planeta está a un paso dun cambio climático potencialmente catastrófico. 

Fai click na imaxe e consulta a importancia de restaurar os ecosistemas e o que podes facer ti:


 A aparición da COVID-19 tamén demostrou o desastrosas que poden ser as consecuencias da perda de ecosistemas. Ao reducir a área de hábitat natural para os animais, creamos as condicións ideais para que os patógenos, incluídos os coronavirus, propáguense. 

Ante este gran problema, o Día Mundial do Medio Ambiente céntrase na restauración de ecosistemas co lema " Reimagina, recrea, restaura"

 Restaurar os ecosistemas significa previr, deter e reverter este dano, pasar de explotar a natureza para curala. Para iso, e precisamente neste día, arrincará o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas (2021-2030), unha misión global para revivir miles de millóns de hectáreas, desde bosques ata terras de cultivo, desde a cima das montañas ata as profundidades do mar. Só con ecosistemas saudables podemos mellorar os medios de vida das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade.

No colexio Padre Feijoo- Zorelle conmemórase esta data en tódolos niveis educativos. En como resumo da actitude de respecto que debemos ter todos compartimos unhas mensaxes no seguinte vídeo:



jueves, 11 de febrero de 2021

11 de febreiro- Día da Muller e a Nena na Ciencia

Un bo xeito de celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia e coñecendo algunhas das científicas relevantes da historia da man dos traballos da tarefa Un minuto de ciencia! encuadrada no Prxecto Ciencia Activa do colexio. Así podemos ver nun minuto que foi L. margulis por Cristina perea, Margarita Salas por Uxía Nogueiras, Marie Curie ou Valentina Tereshkova a primeira muller en viaxar ao espacio, por outras alumnas do colexio elaborados o pasado curso. 
Así como coñecer: QUE É O EFECTO MATILDA? grazas a Valeria Zapata.





QUE É O EFECTO MATILDA?






miércoles, 17 de junio de 2020

ÚLTIMA SESIÓN 3ºESO, 4ºESO e 1º BAC

SEMANA XII
ÚLTIMA SESIÓN
Dende o 16 de marzo que non voltamos ao colexio, estes meses tivemos clases telemáticas que supuxeron un esforzo de todos nós, familias, profesorado e alumnado co fin de adaptarnos a este ensino non presencial.
As calificacións na materia de Bioloxía e Xeoloxía serán a media aritmética das 1ª e 2ª avaliacións e tendo en conta o traballo telemático de xeito positivo de terse levado a cabo neste terceiro trimestre.

  • O alumnado que suspenda a materia na convocatoria ordinaria, terá que facer un exame presencial a primeiros de setembro só dos contidos da 1ª e 2ª avaliación, que foron tratados e avaliados de xeito presencial neste curso 2019- 2020 tan extraordinario.

Meus mellores desexos dun feliz verano para alumnado e familias! 
Bó verán!


martes, 16 de junio de 2020

Test online 1ºBAC SESIÓN 38

SEMANA XIII
Sesión 38
Nesta sesión podedes facer un breve test para valorar a situación escolar que levamos a cabo dende o 16 de marzo ata o 19 de xuño. Unha situación que tivemos que afrontar alumnado, profesorado e familias, con esforzo e adaptándonos ao estado de alarma pola  COVID19.
                          TEST ONLINE

Valoración con test online 4ºESO SESIÓN 35

SEMANA XIII
Sesión 35
Nesta sesión podedes facer un breve test para valorar a situación escolar que levamos a cabo dende o 16 de marzo ata o 19 de xuño. Unha situación que tivemos que afrontar alumnado, profesorado e familias, con esforzo e adaptándonos ao estado de alarma pola  COVID19.
                          TEST ONLINE

lunes, 15 de junio de 2020

Repasando o magmatismo 1ºBAC SESIÓN 38

SEMANA XIII
Sesión 38
Repasamos o magmatismo con este test feito por alumnado de Ciencia Activa- BAC:

 Bac Magmatismo

Repasanso a organización dos seres vivos 4ºESO SESIÓN 33

SEMANA XIII
Sesión 33
Hoxe comezamos a última semana do curso, repasaremos xogando con actividades feitas polo alumnado empregando Educaplay,con este relaciona repasamos conceptos básicos:

As rochas sedimentarias 3ºESO SESIÓN 24

SEMANA XII
Sesión 24
 Rochas sedimentarias.   
A súa formación ocorre por medio da consolidación e diagénesis (enterramento, consolidación e modificación química) de materiais que se separaron doutras rochas por procesos como a erosión ou a meteorización, por precipitación química ou a partir de restos de organismos (animais ou plantas) preto da superficie terrestre. A transformación de sedimento a rocha sedimentaria chámase "litificación".

Actividades:
TEST ONLINE SOBRE ROCHAS

viernes, 12 de junio de 2020

Repasando O Reino Animal 1ºBAC SESIÓN 37

SEMANA XII
Sesión 37
Rematamos a semana cun test interactivo de 50 preguntas, aprende e xoga, pregúntate: Canto sei e lembro do Reino animal?

miércoles, 10 de junio de 2020

Repasando genética 4ºESO SESIÓN

SEMANA XII
Sesión 32 
Hoxe repasaredes conceptos xerais de xenética con dous test interactivos:
XENÉTICA 1          XENÉTICA 2 

As rochas metamórficas 3º ESO SESIÓN 23

SEMANA XII
Sesión 23
 Rochas metamórficas.       
As rochas metamórficas xéranse a partir de rochas prexistentes que, como consecuencia de sufrir un aumento importante de temperatura e de presión por procesos xeolóxicos (enterramento, intrusión de magmas, etc.), sofren reaxustes. Este reaxuste ocasiona cambios nos seus minerais e composición química de forma que a rocha orixinal (sedimentaria, ígnea ou metamórfica) transfórmase nun novo tipo que chamamos rocha metamórfica. O proceso metamórfico realízase en estado sólido, é dicir, as transformacións prodúcense sen que a rocha chegue a fundirse. Cambios de sólido cristalino a sólido cristalino, sen pasar por materia amorfa.
A maioría das rochas metamórficas caracterízanse por un aplastamiento xeral dos seus minerais que fai que aparezan orientados de forma plana dando lugar a unha laminación da rocha. Este fenómeno denomínase foliación.

Actividades:
TEST INTERACTIVO
QUE ROCHAS METAMÓRFICAS E CALES IGNEAS PÓDENSE ATOAR EN GALICIA?

martes, 9 de junio de 2020

Dinámica de ecosistemas 4º ESO SESIÓN 31

SEMANA XII
Sesión 31
Actividade de autoavaliación interactiva sobre a dinámica dos ecosistemas, canto sabes?
Xoga e aprende! 


Os alimentos transxénicos 1ºBAC SESIÓN 36

SEMANA XII
Sesión 36
Os alimentos transxénicos
Introdución
Nos países pobres a xente morre de fame. Nos países ricos a alimentación é excesiva e produce problemas de saúde. As pragas ou a falta de adaptación de especies vexetais ou animais a novos ambientes dificulta a produción de alimentos. A conservación, a cor ou o sabor do alimento é clave para a súa posta no mercado.
Podemos resolver estes problemas modificando xeneticamente algunhas especies. Pode isto supoñer a aparición de novos problemas?

Descrición da tarefa
Propoño unha tarefa de investigación, utilizando como ferramenta a información que se pode obter a través de Internet. Debes descubrir:

  1. Que son os alimentos transxénicos?
  2. Que beneficios poden obterse do seu uso?
  3. Que prexuízos poden producir na saúde ou o medio ambiente?
  4. Ten fundamento o rexeitamento destes produtos por algúns sectores sociais?

lunes, 8 de junio de 2020

SEMANA XII TITORÍA

Comenzamos a doceava semana de ensino telemático, unha experiencia insólita que temos que afrontar con ánimo e resiliencia.
A pandemia por COVID 19 que asolou e asola ao planeta, obrigounos a coidarnos e cambiar as nosas costumbres, ainda que a situación mellorou debemos ser responsables e mantér as normas básicas recomendadas para toda a poboación:

  • Medidas de hixiene
  • Distancia social
  • Máscara

Déixovos este vídeo cunha fermosa canción e cuxo visionado ten fins solidarios, que nos anima a seguir loitando polos nosos soños e proxectos con responsabilidade e valentía porque o mundo non se acaba!



"...Que no se acabe el mundo,
que aún quedamos gente para darle vida...
Bendita sea la tierra ,
yo no tengo ganas de una despedida...
queda mucho amor,
queda mucha fe,
el mundo no se acaba..."

Mecanismo de control da glicosa no sangue! 1ºBAC SESIÓN 35

SEMANA XII
Sesión 35
Introdución
A cantidade de glicosa en sangue, do mesmo xeito que outros parámetros, debe ser constante, a pesar das necesidades enerxéticas das células. O noso corpo utiliza hormonas para conseguir esta constancia.

Proposta de tarefa de investigación:

Utiliza como ferramenta a información que se pode obter a través de Internet. Debes responder:

  • Cales son as hormonas implicadas no proceso de control de glicosa en sangue?
  • Que  glándula produce estas hormonas?
  • Como se controla  a  secreción destas hormonas?
  • Que enfermidade prodúcese cando os niveis de glicosa en sangue non son constantes?

Procedemento

  •  Unha vez que pescudases o nome da enfermidade, investiga sobre os distintos tipos desta enfermidade. Que tratamento deben seguir estes enfermos?.
  • Confecciona unha lista con tipos de alimentos que nunca deben ser consumidos polos que padezan esa enfermidade.

Probas evolutivas 4º ESO SESIÓN 31

SEMANA XII
Sesión 31
Realiza as seguintes ctividades interactivas para afianzar o aprendido sobre as probas evolutivas e a evolución.
ÓRGANOS HOMÓLOGOS E ANÁLOGOS
FIJISMO E EVOLUCIONISMO