jueves, 2 de febrero de 2012

Plan trimestral

Organiza o teu estudio! 

 Lembra, primeiros controis (2ª Avaliación):
  • 3º E.S.O. A e 3º E.S.O. B  venres17 febreiro: Aparellos Circulatorio e Excretor, Sistemas Nervioso e Hormonal
  • 4º E.S.O. A  mércores 15 febreiro: Evolución, Ecosistemas.
  • 4º E.S.O. B  martes 14 febreiro: Evolución,  Ecosistemas.
  • 1º BAC martes 14 febreiro: Ácidos Nucleicos, Aparellos Dixestivo, Circulatorio, Respiratorio,e Excretor.
  • 1º BAC (C.M.C.) luns 13 febreiro: Xenética (Problemas e teoría)
  •  2º BAC Proba escrita luns 5 de marzo: Citoplasma (Orgánulos e Citoesqueleto); Ciclo Celular: Mitose e Meiose; Replicación; Transcripción; Traducción (EXPLICADO).
Metabolismo (Explicación programada do 3 de febreiro ó 5 de marzo).
Prográmate un tempo de traballo diario, fai esquemas, pregunta dúbidas...xa sabes que podes consultarme o que precises! 
 

miércoles, 1 de febrero de 2012

O aparello excretor

O aparello excretor encárgase de eliminalas sustancias residuais do organismo, coma a urina e o suor. Neste vídeo explícase a formación da urina nos riles e o papel das glándulas sudoríparas na excreción.

lunes, 30 de enero de 2012

A traducción ou Síntese das Proteínas

A elongación é unha fase da síntese de proteínas que resulta complexa de entender. Ós alumnos de 2º de BAC este vídeo animado axudaravos a comprender mellor este proceso.

lunes, 23 de enero de 2012

Actualidade científica: 2012 Ano Internacional da Enerxía Sostible para todos


Tódolos anos celébranse unha serie de conmemoracións no ámbito da divulgación científica e medioambiental. Este ano estableceuse,no ámbito das ciencias, o año internacional da enerxía sostible. 
Información dispoñible en: http://www.un.org/es/events/sustainableenergyforall/. O sitio oficial está en inglés: http://www.sustainableenergyforall.org/

miércoles, 18 de enero de 2012

Concurso: "Segundos de Cine e Saúde 2011-2012"


Segundos de Cine e Saúde é unha iniciativa proposta pola Concellería de Saúde do Concello de Ourense, para que a mocidade dos centros escolares de Ourense (12 a 16 anos) realice un cortometraxe de non mais 60 segundos, arredor dun tema relacionado con actitudes, sentimentos ou ideas acerca da saúde, tanto dende a súa promoción como dende a prevención do dano a esta.
Os traballos entregaranse antes do 18 de maio.
Os interesados falade comigo.
Espero que vos animedes a participar!

domingo, 15 de enero de 2012

Funcións do ADN e o ARN

O ADN pola Replicación copiase, cando sofre a Transcripción obtense ARN, que na Traducción da lugar á l proteina responsable  dun carácter. Istos contidos traballámolos en 4ºda ESO e BAC.

Sistema Circulatorio

Os circuitos maior e menor representan o recorrido do sangue no noso corpo e como o corazón bombea o sangue ca sístole e a diástole, como se estudia en 3º da  E.S.O e  se repasa en 1º de BAC.