martes, 1 de mayo de 2012

Inmunidade

Este vídeo axudaravos a ter unha idea xeral da orixe e función dos linfocitos. Despois, seravos mais sinxelo comprender os contidos do tema da inmunidade humana.

lunes, 23 de abril de 2012

Reproducción vexetal

Neste vídeo os alumnos de 1º de BAC atoparedes unha axuda ó que estamos vendo da reproducción vexetal de anxiospermas.

jueves, 19 de abril de 2012

O Misterio das neuronas

neurons


O Misterio das neuronas é o título desta entrada de Xurxo Mariño onde nos descobre os segredos das neuronas, as células máis importantes do noso corpo, xa que conducen os sinais eléctricos que determinan os pensamentos, a memoria, as emocións, a palabra e o movemento muscular.
As neuronas do teu Sistema Nervioso Central mórrense aos poucos, pero tes tantas que a cousa non é preocupante. En caso de necesitar unha reserva extra de neuronas, hai un pequeno problema, xa que esas células non se dividen; son os custos de manter a integridade estrutural e funcional do sistema. Aínda así, hai dous procesos de rexeneración en marcha: os axones das neuronas periféricas poden restaurar as súas conexións tras unha lesión e, por outra banda, nalgunhas rexións do Sistema Nervioso Central constatáronse procesos de neuroxénesis que dan lugar ao nacemento constante dun limitado número de neuronas ao longo de toda a vida.

viernes, 30 de marzo de 2012

Plan trimestral

Organiza o teu estudio !

Lembra que as recuperacións de bioloxía e xeoloxía son o día 11 de abril (mércores), a partires das 17:30, para 3º e 4º da E.S.O. e 1º de BAC.

Os alumnos de 2º BAC de Bioloxía terán un repaso da 1ª Avaliación o día 12 de abril (xoves) para todos, e unha nova recuperación da 2ª Avaliación o xoves 19 de abril as 16 horas para os suspensos.

Nas vacacións hai que aproveitar a facer o traballo que hai pendente, e tamén da tempo a descansar

Ata a volta! 

lunes, 19 de marzo de 2012

Dia da árbore

O Día da árbore é unha lembranza da importancia de protexer as superficies arboladas.
Celébrase o 21 de marzo, isto é, o primeiro día da primaveira no hemisferio norte, nalgúns países celébrase noutras fechas.O Día da árbore utilízase para plantar árbores, e dado que esta data non sempre é propicia para que as árbores arraiguen, en ocasións, elixen outros días.

miércoles, 14 de marzo de 2012

Plan trimestral

Organiza o teu estudio !
 Lembra :

3ºA e 3ºB proba escrita-------venres 23 de marzo
4ºA proba escrita--------------mércores 21 de marzo
4ºB proba escrita--------------martes 20 de marzo
1ºBAC bioloxía----------------martes 20 de marzo
1ºBAC C.M.C.-----------------19 e 20 revisión de actividades
 Lembrade que a calificación é un 70% as probas escritas, un 20% a actitude, e un 10% os traballos (libreta, participación en actividades, consultas no blog...)
Nestas probas tendes opción a repetir os primeiros controis.
 Ánimo !

domingo, 4 de marzo de 2012

Reciclaxe

Este vídeo é un exemplo de como se poden facer cousas novas, coa imaxinación, reciclando o tempo que aforramos, coidamos a natureza, e divertíndonos.