A continuación neste vídeo, podedes ver algunhas formas representativas do relevo da costa, que estaremos estudiando no tercer trimestre nos cursos de 3º, 4º ESO, e 1ºBAC
martes, 8 de mayo de 2012
jueves, 3 de mayo de 2012
Actividade sobre inmunidade II
Agora tendes un test onde podedes comprobar xogando, os coñecementos sobre as defensas do noso organismo.
miércoles, 2 de mayo de 2012
Actividade sobre a inmunidade I
Agora, propóñovos un xogo! facede esta sopa de letras e escribide nun comentario desta entrada as nove palabras da solución. Lembrade a importancia das actividades na cualificación. Esta actividade podédela facer todos, para os de 2º BAC. debería ser mais doada.
martes, 1 de mayo de 2012
Inmunidade
Este vídeo axudaravos a ter unha idea xeral da orixe e función dos linfocitos. Despois, seravos mais sinxelo comprender os contidos do tema da inmunidade humana.
lunes, 23 de abril de 2012
Reproducción vexetal
Neste vídeo os alumnos de 1º de BAC atoparedes unha axuda ó que estamos vendo da reproducción vexetal de anxiospermas.
jueves, 19 de abril de 2012
O Misterio das neuronas
O Misterio das neuronas é o título desta entrada de Xurxo Mariño onde nos descobre os segredos das neuronas, as células máis importantes do noso corpo, xa que conducen os sinais eléctricos que determinan os pensamentos, a memoria, as emocións, a palabra e o movemento muscular.
As neuronas do teu Sistema Nervioso Central mórrense aos poucos, pero tes tantas que a cousa non é preocupante. En caso de necesitar unha reserva extra de neuronas, hai un pequeno problema, xa que esas células non se dividen; son os custos de manter a integridade estrutural e funcional do sistema. Aínda así, hai dous procesos de rexeneración en marcha: os axones das neuronas periféricas poden restaurar as súas conexións tras unha lesión e, por outra banda, nalgunhas rexións do Sistema Nervioso Central constatáronse procesos de neuroxénesis que dan lugar ao nacemento constante dun limitado número de neuronas ao longo de toda a vida.
viernes, 30 de marzo de 2012
Plan trimestral
Lembra que as recuperacións de bioloxía e xeoloxía son o día 11 de abril (mércores), a partires das 17:30, para 3º e 4º da E.S.O. e 1º de BAC.
Os alumnos de 2º BAC de Bioloxía terán un repaso da 1ª Avaliación o día 12 de abril (xoves) para todos, e unha nova recuperación da 2ª Avaliación o xoves 19 de abril as 16 horas para os suspensos.
Nas vacacións hai que aproveitar a facer o traballo que hai pendente, e tamén da tempo a descansar
Ata a volta!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
