martes, 9 de abril de 2013

Os Bacteriófagos


Os virus que infectan bacterias para poder reproducirse,  son os bacteriófagos. Realizan a súa reproducción mediante o ciclo lítico e lisoxénico que se describen neste vídeo de xeito sinxelo, e pode axudar os alumnos de 2ºBAC a súa comprensión.

viernes, 22 de marzo de 2013

Día Mundial da Auga - 22 de marzo

 Temos que concienciarnos da importancia da auga para os seres vivos, e da desigual distribución deste recurso no espacio e no tempo. Esto precisa dunha xestión axeitada dos recursos hídricos, que tamén nos afecta a cada un de nós, xa que o uso responsable a nivel industrial, agrícola, e doméstico garantiza a disponibilidade da auga no planeta.


miércoles, 13 de marzo de 2013

O Microscopio Óptico

Como xa vimos no primeiro trimestre as partes e o funcionamento do microscopio, e bó facer un repaso antes das prácticas no laboratorio:

jueves, 7 de marzo de 2013

Plan Trimestral - 2ª Avaliación

Lembrade as datas das probas escritas de marzo:
3ºESO A e 3ºESO B-------luns 11 (sistemas de coordinación)
4ºESO A e 4ºESO B-------mércores 13 (ecosistemas)
1ºBAC----------------------venres 15 (bioloxía-xeoloxía)
1ºBAC----------------------venres 8 (1º control )
2ºBAC---------------------luns 11 (metabolismo, núcleo, mitose, meiose, encimas)
Ademáis os alumnos da ESO co primeiro control pendente, farán un repaso para recuperalo ca nova materia do segundo control.

lunes, 25 de febrero de 2013

Problemas de Xenética


Os alumnos de 1ºBAC e os de 2ºBAC, tendes que repasar os problemas de xenética Mendeliana, neste enlace tendes 28 problemas resoltos con diferentes grados de complexidade, traballade neles e na clase comentaremos as dúbidas.
Tamén podedes practicar con estes problemas e consellos xenéticos paso a paso, que só teñen o enunciado, así podedes probar se os sabedes facer.


jueves, 7 de febrero de 2013

Catabolismo celular: Glucolise

Este debuxo representa un esquema global do metabolismo, co fin de ter unha idea xeral das rutas que se estudiaran neste trimestre en 2º.
Lembra que todo catabolismo aerobio (mitocondrial), comparte
tres rutas: C. de Krebs, Cadea de transporte electrónico e Fosforilación Oxidactiva.





No citoplasma:

martes, 5 de febrero de 2013

Divisións celulares: mitose e meiose

A Mitose é unha división celular na que a partir dunha célula nai obtense dúas células fillas iguais:

   

 A Meiose é a división celular que da orixe ós gametos: