domingo, 19 de febrero de 2017

4º Concurso "Apúntate unha idea" DESMONTA O ALCOL!

A Consellería de Sanidade presenta a cuarta edición do Concurso “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea”, destinado a alumnos da ESO do Concello de Ourense. Nesta edición o tema é Podes ser ti mesmo (sen o alcol), para que axude a inspiración e gravación dun clipmetraxe, unha nova modalidade do concurso.
Bases
  • Os participantes serán estudantes da ESO do Concello de Ourense
  • Pódese concursar individualemnte ou en grupo cun máximo de dúas persoas
  • Podese participar nunha ou en varias categorías, cun único desenvolvemento creativo
  • O tema das propostas deberá estar relacionado con: “O poder de ser ti mesmo (sen alcohol)”
  • O xurado será nomeado pola Concellería de Sanidade e a súa decisión será inapelable.
  • O Concello resérvase o dereito sobre os traballos presentados, que non se devolverán

Categorías

Haberá catro categorías:
  1. Un eslogan en galego ou castelán con cinco palabras como máximo para resumir a idea
  2. Unha acción en galego ou castelán para difundir a idea.
  3. Un debuxo que exprese a idea.
  4. Un microrrelato en galego ou castelán cunha extensión máxima de 150 palabras.
  5. Unha curtametraxe de non máis de UN minuto para gravar a idea.                                                                                           ÁNIMO E A PARTICIPAR!



viernes, 10 de febrero de 2017

Teatro e Ciencia para o próximo Festival do Libro!

Ante a proximidade do IV Festival do Libro, os estudiantes de Cultura Científica xa están empezando a buscar información sobre os científicos e científicas para contarlles a través de breves representacións teatrais, que eles mesmos elaboran,  cas que contan con humor as principais achegas científicas. Nesta ocasión serán "Sueños de Ciencia" de Darwin, Mendel, Pasteur, Copérnico, Wegener ou Ada Byron...

1º Informarse, leer, analizar, sintetizar para poder discurrir e redactar os fragmentos da vida dos célebres científicos a destacar:



                                                                                 

 2º Comezar a por en común as ideas de como contar a Selección natural, as leis de Mendel e moito máis...de xeito divertido!
Primeiros ensaios!
                                              





 Ainda queda moito traballo pero xa empezan a perder o medo e a interpretar e entender o que explican aos demáis.
Moi ben rapaces!

jueves, 9 de febrero de 2017

11 de Febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas decideproclamar o 11 de febreiro coma o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. Educar en la igual de oportunidades, animar e despertar o interese pola ciencia, a tecnoloxía, e a matemática nas nenas do mesmo xeito que nos nenos. Non te perdas este breve vídeo: as mulleres aportan  creatividade na Nasa!


Os alumnos de 4º da ESO, para celebrar este día, investigaron as aportacións dalgunhas das grandes científicas que lle chamaron a atención e elaboraron post a modo de ficha de datos de cada unha: biografía, aportacións científicas e recoñecementos. 
Tamén elexiron un modelo actual de científica, unha exalumna do colexio. Non deixes de consultalas entradas no seu blog ou neste enlace: MULLERES E CIENCIA en Ciencia Activa, ESO é!
Ti tamén podes ser científica!

jueves, 26 de enero de 2017

26 de xaneiro Día Mundial da Educación Ambiental!

A Educación Ambiental é un proceso dinámico e participativo, que busca espertar na poboación unha conciencia que lle permita identificarse coa problemática ambiental tanto a nivel xeral (mundial), como a nivel específico (medio onde vive).
Tamén busca identificar as relacións de interacción e independencia que se dan entre o ambiente (medio ambiental) e o home, así como tamén se preocupa por promover unha relación harmónica entre o medio natural e as actividades humanas a través do desenvolvemento sustentable, todo isto co fin de garantir o sostemento e calidade das xeracións actuais e f
uturas.
A Educación Ambiental, ademais de xerar unha conciencia e solucións pertinentes aos problemas ambientais actuais causados polas actividades humanas e os efectos da relación entre o home e o medio ambiente, é un mecanismo pedagóxico que ademais infunde a interacción que existe dentro dos ecosistemas.

domingo, 4 de diciembre de 2016

Nihonio, Moscovio, Téneso e Organesón, son os nomes dos novos elementos!

Estes son os nomes dos novos elementos da táboa periódica Nihonio, Moscovio, Téneso e Oganesón completan a sétima liña da táboa.
Tres nomes refírense a cidades e o cuarto homenaxea un físico nuclear ruso.


Os novos elementos da táboa periódica 113, 115, 117 e 118, descuberto o ano pasado, xa ten un nome. As designacións foron propostas en xuño e xa foron aprobados pola Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC), un órgano composto por representantes das sociedades nacionais en todo o mundo.

  •  O elemento 113 é o que foi alcumado nihonio, que se refire á palabra Nihon, en Xapón, onde foi descuberto. Isto significa "a terra do sol nacente" e terá o símbolo (NH).
  • O 115 é moscovio (Mc) e 117, téneso (TS), tamén nas cidades onde foron descubertos, Moscova e Tennessee, Estados Unidos, respectivamente.
  • O 118 é chamado oganesón (Og) en homenaxe ao físico nuclear ruso Yuri Oganesian, que descubriu elementos superpesados ​​e atopou evidencia experimental da illa de estabilidade. 


Por tradición, o descubridor dun novo elemento ten o honor de nome e asignar un símbolo, pero IUPAC ten a última palabra e é o único que pode aprobar formalmente o nome.
Normalmente, os nomes se refiren a un personaxe mitolóxico, un mineral, un lugar, unha propiedade ou un científico.
 A táboa periódica, tamén chamado de táboa de Mendeleev (polo científico ruso que creou a primeira versión en 1869) trae os elementos químicos segundo a súa composición química e propiedades. Estes novos elementos químicos sintetizados completan a sétima liña da táboa. Ningún deles producido en grandes cantidades e apenas podíanse ver en simulacións de computador de colisións de partículas, pero todos conteñen información valiosa para a comprensión da física de núcleos atómicos e quizáis poidan producir elementos aínda máis pesados e elementos interesantes.


viernes, 11 de noviembre de 2016

Videoconferencia: O monte é a nosa vida!

O próximo martes 15 de novembro dende o colexio Padre Feijoo ás 12 horas conectaremos online co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). 
Nesta videoconferencia desenvolverase unha charla divulgativa dirixida a estudiantes de secundaria na que se resaltará a importancia dos bosques e os seus valores dende o punto de vista económico, social e medioambiental, organizada por Confemaderas de Galicia.
Os estudiantes de 3º e 4º da ESO terán a oportunidade de participar nun chat para plantexar dúbidas que podan xurdir o remate da charla.

martes, 1 de noviembre de 2016

III Edición de Microrrelatos de auga intelixente


Viaqua convoca a III Edición do Certame Literario "Relatos de agua inteligente" para estudiantes de secundaria e bacharelato de toda a Comunidade galega. Os Departamentos de lingua galega, lingua castelá e bioloxía e xeoloxía en colaboración, coordinan a participación dos escolares do colexio Padre Feijoo.

Déixovos información e enlaces que vos axuden a elaboración do voso microrrelato de auga intelixente, moita sorte!

As cidades modernas básanse en infraestructuras eficientes e durables de auga, electricidade, telecomunicaciones, gas, transporte, servicios públicos, edificios intelixentes...
A importancia de xestionar os recursos naturais dun xeito máis eficiente nas cidades é unha cuestión defendida por a maioría dos expertos.
A auga é un ben limitado e escaso en moitas cidades, esto obriga a solucións alternativas de reutilización e conservación. É moi importante xestionar os recursos hídricos de xeito intelixente, cun consumo racionalizado en regadío, fontes, doméstico, industrial...