Novos traballos dentro do proxecto #ArtCienciaActiva, creación de maquetas de bioloxía e xeoloxía que reforcen os contidos da materia e potencien a creatividade do alumnado, realizan os traballos con diferentes materiais coma plastlilina, goma eva, lambonadas, xornais...
Nestas fotos podemos ver algúns dos traballos neste primeiro trimestre:
A primeira lei de Kepler (ano 1609) determinou que os astros do sistema solar móvense trazando órbitas elípticas. No caso da Lúa, se a súa órbita ao redor da Terra fose circular a distancia sería sempre a mesma, pero ao seguir unha órbita elíptica, onde a Terra é un dos focos, a distancia varía desde os 356.400 quilómetros ( perigeo lunar) aos 406.700 quilómetros (apoxeo lunar). Estas distancias varían dunha lunación a outra.
A Lúa é o satélite do noso planeta e describe unha órbita elíptica ao redor da Terra, cando a distancia co planeta é a menor coñécese coma perigeo lunar. O próximo perigeo está a chegar o 4 de decembro deste 2017, poderemos ver a Lúa máis grande e brillante.
Os alumnos de 4º de ESO, Ángel, Ádrián e Íker o explican moi ben neste podcast:
Os alumnos de Ciencia Activa de 4º ESO crearon a súa primeira actividade interactiva, empregando Educaplay, Thomas Pérez, elaborou un estupendo rosco de PASAPALABRA para repasar os contidos sobre o estudio da estructura da Terra, os pregamentos, os seísmos a Tectónica de Placas ou a Deriva Continental. Foi moi instructivo resolvelo entre todos na aula só temos cinco minutos!
Proba a resolvelo neste enlace: PASAPALABRA Ciencia Activa ESO é!
Este domingo, 28 de outubro cambiou a hora por segunda vez este 2017. Os reloxos demoráronse unha hora, polo que ás tres da mañá volvéron a ser as dúas. Unha hora extra de soño que nos permitiu descansar máis este fin de semana pero que, como todos os anos, vai acompañada de polémica. España está na zona horaria correcta?
Todo aconteceu durante a Segunda Guerra Mundial, cando España e outros países europeos (excepto Portugal e Suíza) adiantaron a hora nese intre. E, aínda que en principio ía ser unha decisión temporal, o certo é que o noso país nunca máis volveu á zona horaria que lle correspondería pola súa latitude (o do meridiano de Greenwich GMT no inverno). Tampouco o fixeron Francia, Bélxica ou Países Baixos. Por esta razón, en España temos a hora de Europa Central (de Berlín) en vez do Oeste (Londres), polo que temos unha hora antes de sol no inverno e dúas no verán. España ten a distinción de ter dúas horas oficiais, unha para a Península e as Illas Baleares e outra para as Illas Canarias, que son dunha hora dende 1922. Este cambio de hora forma parte dunha directiva europea que afecta a todos os Estados membros da UE e ten como obxectivo aproveitar mellor as horas de sol, co fin de aforrar electricidade. En xeral, este cambio ten lugar o último fin de semana de outubro, no horario de inverno e no último de marzo, durante o verán.
É moi importante organizarnos antes das probas escritas! Despois do descanso estival costa un pouco volver a recuperar o ritmo de estudio do curso, non hai dúbida cunha boa planificación é esencial! Lembrade exercitar o cerebro, leer, facer esquemas, estar atentos nas clases, plantexar dúbidas, investigar sobre temas interesantes coma novas científicas, facer actividades interactivas recomendadas pola profe para aprender xogando, ou deseñar as túas propias actividades, se tes gañas de aprender o cerebro actívase! Dende a materia de bioloxía e xeoloxía axudareivos nesa planificación, lembrade: 1ª Avaliación Primeiros controis mes de outubro (23 ao 27 de outubro) Segundos controis mes de decembro (11 ao 15 de decembro) As probas escritas (70% da cualificación) de bioloxía e xeoloxía estarán distribuídas todo o curso deste xeito: 3º ESO B/ 4º ESO A martes 3º ESO A/ 2º BAC CTerra mércores 1º BAC/ 2º BAC Bio venres Traballos prácticos (30% da cualificación) elixe as túas participacións para cada avaliación: #ArtCienciaActiva: Elaboración de maquetas biolóxicas. Podcast: Selección de novas científicas e gravación para o canle de podcast do proxecto Ciencia Activa Vídeos: Gravar novas cientificas para o canle de youtube e tv en streaming Presentacións Ciencia Activa: Elabora a túa propia presentación en Power Point ou Google Drive. Microrrelatos científicos para o V Festival do Libro Aventuras Científicas: Teatro no V Festival do libro Couch- Kids: Ser cibermanager de alumnos de primaria Novos profes- pequenos científicos: Elexir prácticas sinxelas e explicarllas a alumnos de infantil e primaria. Consulta o Blog de alumnos de ESO e verás mellor e que consiste cada actividade: Ciencia Activa ESO é!
Lembra o dito do célebre Einstein: A creatividade é a intelixencia divertíndose!
Empezamos o curso recibindo o calendario escolar "Apúntate unha idea". Editado cos traballos premiados e seleccionados nas categorías de debuxo, slogan e relatos, pola Concellería de sanidade do Concello de Ourense, dentro da campaña de prevención de consumo de alcohol: Desmonta o alcohol.
Encantados de ver o bonito debuxo de Lauro Kavan, que resultara gañador do primeiro premio, presidindo o mes de setembro, o microrrelato de Gema Da Rocha, no mes de decembro, o relato de Edilia Domínguez atopámolo na folla de febreiro, e xa en abril o debuxo de Paula Gómez e o microrrelato de David López en maio.
Noraboa a todos e moitas a grazas ao concello polos calendarios, que difunden os bonitos e didácticos traballos dos estudiantes por todos os colexios da nosa provincia.
LAURO 3ºESO
GEMA 3ºESO
EDILIA 3º ESO
PAULA 2º ESO
Na categoría de clipmetraxes foron moitos os premiados do cole que tamén lembramos nesta entrada, non deixedes de adicar un minuto para ver estes estupendos vídeos:
PRIMER PREMIO xurado: Gema Da Rocha e Carlos Cuesta por"As nosas ideas" .
ACCÉSIT: Soraya Antelo Gómes por "Pataquín e Patacón no Botellón"
ACCÉSIT: Yanelfi Lavandier por "Bebe as horas...sen alcohol"
MENCIÓN HONORÍFICA: "Nós mesmos sen alcohol" (Participa titoría de 4º ESO A)
O colexio Padre Feijoo- Zorelle abre as portas de novo a todo o alumnado neste curso académico 2017- 2018, o profesorado xa está listo! Hoxe neste primeiro día de colexio na secundaria e bacharelato, todo se volven reencontros entre amigos, sorrisos e moitas emocións ante esta aventura que iniciamos xuntos. Con moita ilusión comezamos este ano escolar con novos proxectos e continuando cos que xa temos en marcha, sempre na búsqueda do éxito académico e persoal que todos xuntos podemos acadar.
Xuntos na procura do éxito!
Dende o Departamento de bioloxía e xeoloxía lembrámonos de que somos Ciencia Activa, e pronto retomaremos a actividade dos blogs cos novos contribuíntes que colleredes a testemuña de ambos blogs tanto en BAC coma na ESO, sei que é unha responsabilidade pero contaredes coa axuda dos profes, non teño ningunha dúbida de que o faredes moi ben.
Continuaremos con proxectos que xa coñecedes coma: ArtCiencia, Coach- Kids, Novos profes, colaboracións Post Crossing, microrrelatos científicos...e algún outra novidade que xa iremos contando e que vos permitirán mellorar as vosas calificacións e aprender por vos mesmos!