sábado, 6 de octubre de 2018

Novo proxecto no curso 2018- 2019 en Ciencia Activa!

Autor do logo: Carlos 1º BAC
Un minuto de Ciencia!
Unha nova tarefa neste curso que comeza! Tes un minuto? Espera un minuto! Un minuto... son algunhas expresións que empregamos a diario todos nós, poi agora "nun minuto" saberedes en que consiste a nova tarefa do proxecto Ciencia Activa.
O alumnado de BAC e ESO poderán participar nesta actividade na que en parellas elaborarán unha animación adicada a unha científica ou a un científico a as súas achegas de ciencia, para eso empregaranse aplicacións coma Powtoon u outras.
 Unhas animacións creadas por eles mesmos, cas ideas que queren destacar, incluíndo as súas voces na explicación e dun xeito breve, dinámico e intelixente conseguir un canal de animación científica escolar. Terán que sintetizar a esencia do científic@ nun minuto, si, un minuto de ciencia!

Cómo organizar esta tarefa, pautas a seguir:

  1. Constituir o equipo de traballo (parellas de alumnos).
  2. A continuación elexir persoaxe científico.
  3. Documentarse sobre a vida e achegas do científico elexido.
  4. E o máis importante e complicado: Elexir en equipo a información que queremos contar nun só minuto!Moi importante desenvolver o pensamento crítico e a capacidade de síntese para seleccionar a información relevante que queremos mostrar nun minuto de ciencia! 
  5. Seleccionar a App que vamos a empregar e... a xogar creando! Pondo texto, debuxos e audios elexidos polos autores.
  6. Lembrar que as animacións servirán para que outros escolares aprendan nun minuto do voso traballo!

Os primeiros equipos xa están feitos e co científico/a elexido:

  • Ángel e A. Gallego adicarán a animación a Alexander Fleming.
  • Andrea e Nerea diseñarán unha animación sobre Marie Curie.
  • Raúl e Carlos o farán de Einstein.
  • Valentina e Gema estudiarán a Valentina Tereshkova.
  • Axel e Andrés farán a animación sobre Stephen Hawking.

Desexando ver os vosos traballos a partir do 15 de outubro comezaremos a publicalos.
Parabéns a tod@s de antemano porque seguro o faredes moi ben!

miércoles, 3 de octubre de 2018

Os blogs do alumnado de Ciencia Activa xa en marcha!

No novo curso 2018- 2019 retomamos a actividade nos blogs do Proxecto Ciencia Activa e Ciencia Activa, ESO é! do colexio Plurilingüe Padre Feijoo- Zorelle. O alumnado de 1º BAC comeza xestionando o blog de bacharelato, e o fan coa experiencia adquirida por moitos deles no curso anterior. No caso dos alumnos e alumnas de 4º da ESO A é unha experiencia nova que inician con moita ilusión. Podedes ver os seus primeiros post:
Novos contribuíntes de Khady de 4º A e "A inmunoterapia contra o cancro" de Adriana de 4º A.

4º ESO A xestores do Blog da ESO
No blog de alumnos de BAC xa podedes ver os post deste inicio de curso adicados a comentar os Premios Nobel de Física e Química:
"Domadores da evolución" de Gigi de 1º BAC
"Os magos do láser" Nobel de física de Adriana Artos 2º BAC

1º BAC do Proxecto Ciencia Activa
Parabéns e moita sorte a tod@s neste novo curso!

miércoles, 26 de septiembre de 2018

26 de setembro Día das Linguas Europeas!

Conmemorar o Día das Linguas Europeas fainos reflexionar sobre a importancia das nosas linguas, galega e castellana e tamén a relevancia que ten a aprendizaxe doutros idiomas para coñecer diferentes culturas, viaxar, ter máis oportunidades de traballo, coñecer persoas doutros países, desenvolver máis e mellor as nosas capacidades intelectuais...
Así o contan os alumnos de 1º Bac neste audio en castelán e en inglés:

O alumnado de 2º Bac de Ciencia Activa tamén quixeron reflexionar sobre a celebración do Día das Linguas europeas e como saber outro idioma pode facilitarte o éxito profesional e académico.
Neste vídeo a modo de debate expresan a sua opinión sobre este tema:


Lembremos:       A CIENCIA E OS IDIOMAS NOS UNEN!

lunes, 17 de septiembre de 2018

Benvid@s! Comezamos o curso 2018- 2019


Dende o proxecto Ciencia Activa, un novo curso cheo de actividades para plantexar dúbidas, posibles solucións, indagar sobre novas científicas e intentar aprender empregando os nosos blogs de alumnos de ESO e BAC.
O alumnado de 4º de ESO A, serán os contribuíntes do blog: "Ciencia Activa, ESO é!, pouco a pouco saberán facer entradas no blog, audios, vídeos, podcast...e moitas máis actividades!
O alumnado de 1º e 2º de BAC xestionarán o blog: "Proxecto Ciencia Activa".     Benvid@s!          
Feliz, científico e activo curso!

domingo, 3 de junio de 2018

O azúcar escondido!

Resultado de imagen de glucosaCon motivo da IV Semana das Ciencias o alumnado de 4º de secundaria de Ciencia Activa, realizou unha actividade sobre o azúcar presente en diferentes produtos alimentarios. No laboratorio de Ciencias Naturais preparouse unha exposición dos diferentes alimentos cunha dose calculada do azúcar que conteñen, ademáis elaboraron un mural con fotos e as equivalencias de contido en azúcar para expór no hall. 
O luns día 4 de xuño darase a coñecer esta actividade. Adicarán varias sesións a explicar a outros compañeiros esta tarefa educativa:
 Canto azúcar tomas?
A exposición representa: chocolate, refrescos, galletas, tostadas, yogures, zumos, patatas... No seguinte audio a profesora de bioloxía da unhas pautas básicas antes de visitar a exposición ca clasificación e contido de azúcar. 
 Non deixes de escoitalo:

  A finalidade da actividade é mellorar hábitos alimentarios e calcular a dose de azúcar que inxerimos en exceso.



viernes, 11 de mayo de 2018

5ª Apúntate unha idea: Desmonta o alcohol

Unha nova edición do concurso "Apúntate unha idea", promovido pola área de sanidade do concello de Ourense, ca fin de concienciar aos adolescentes da perigosidade do consumo do alcol.
Nesta V Edición o alumnado de secundaria participa nas categorías de slogan, debuxo, microrrelatos e clipmetraxes.
Os clipmetraxes presentados dende o colexio e coordinados pola profesora de bioloxía son:
FAI CASO DA LEI (ALUMNADO DE 3º ESO B)
E TI QUE OPINAS? (ALUMNADO DE 3º ESO B)
MELLOR SEN ALCOHOL PORQUE...(TITORÍA 4º ESO A)



PARABÉNS A TOD@S!!! EXCELENTES TRABALLOS!!!!

FAI CASO DA LEI (ALUMNADO DE 3º ESO B):



E TI QUE OPINAS? (ALUMNADO DE 3º ESO B):




MELLOR SEN ALCOHOL PORQUE...(TITORÍA 4º ESO A)


martes, 8 de mayo de 2018

Día de Europa- 9 de maio


Co motivo do Día de Europa o alumnado de Proxecto Ciencia Activa- Bac e Ciencia Activa, ESO é! realizaron varios post destacando científicos de diferentes países da Unión Europea,
elaboraron un mural co obxectivo de expor os códigos QR e que toda a comunidade educativa poda acceder ao seus blogs e conmemorar o Día de Europa lembrando a célebres científicos europeos.
Código de acceso o blog de alumnos de ESO:

Codigo de acceso o blog de alumnos de Bac: